Mércores, 21 Maio de 2025

Nigrán

Inaugurada na biblioteca de Nigrán a exposición sobre del Riego

Francisco Fernández del Riego, veraneante ilustre de Nigrán por elección propia durante 30 anos e que xace en San Pedro da Ramallosa, será o...

A Deputación avanza na mellora EP-2106 A Ramallosa-Parada

A Deputación de Pontevedra segue a avanzar na actuación de mellora da seguridade peonil na EP2106 A Ramallosa-Parada, no concello de Nigrán, que permitirá habilitar neste viario unha senda ao longo de case un quilómetro, así como a creación dunha plataforma única nun treito de douscentos metros.

Nigrán forma a 35 comerciantes da Ramallosa no emprego das redes sociais

O Concello de Nigrán está a formar a 35 comerciantes de A Ramallosa no manexo das redes sociais para beneficio de cadanseu negocio.

Homenaxe a Francisco Fernández del Riego na biblioteca de Nigrán

O Concello de Nigrán inaugura este xoves 11 de maio ás 11:00 horas na Biblioteca Municipal a exposición ‘Francisco Fernández del Riego: unha idea de Galicia e da liberdade’.

Comeza o despregue de fibra óptica en Nigrán

O Concello de Nigrán iniciou este mes os traballos para levar fibra óptica ultrarrápida a todas aquelas zonas onde non está previsto que chegue ningunha operadora.

Os populares de Nigrán propoñen que se recoñezan oficialmente as variantes do Camiño Portugués ao seu paso pola vila

O PP de Nigrán, coa súa candidata ás municipais á cabeza, María José Piñeiro, propón o recoñecemento oficial das variantes do Camiño Portugués da Costa ao seu paso polo municipio aproveitando as panorámicas que ofrecen o litoral de Montelourido, Praia América, Monteferro e Patos.

Nigrán pecha mañá o seu primeiro ciclo ‘Primavera de Jazz’

O Concello de Nigrán pecha este domingo o seu primeiro ciclo ‘Primavera de Jazz’ co concerto do pianista Xan Campos ás 20:00 horas no Auditorio Municipal. Antes desfilaron por este evento o guitarrista nigranés Felipe Villar e o santiagués Xacobe Martínez Antelo. Como sempre, a entrada é de balde ata completarse o aforo.

Nigrán autoriza a demolición da nave de Macomusa para dar cabida a Emenasa

O Concello de Nigrán deu luz verde esta semana ao inicio do derribo da nave do antigo matadoiro comarcal en Porto do Molle, ‘Macomusa’. Este era o máximo expoñente do feísmo na contorna e o derradeiro vestixio industrial en todo o recinto, xa que no momento da construción do parque non se chegou a ningún acordo cos propietarios.

O vindeiro curso os menús escolares elaboraranse na cociña escolar municipal de Nigrán

Os menús escolares de Nigrán darán un salto abismal de calidade no vindeiro curso: finalmente, a cociña construída polo Concello no CEIP Humberto Juanes, cun investimento de 373.878 €, será o lugar desde onde se elaborarán os menús do propio CEIP Humberto Juanes, Mallón, Carlos Casares (Vilariño) e Da Cruz (Camos).

Nigrán dotará a Vilariño dun centro social e auditorio ao aire libre

O Concello de Nigrán investirá 600.000 € para dotar ao barrio de Vilariño (San Pedro) dun centro social para uso polivalente e auditorio ao aire libre con zonas cubertas.

Nigrán amplía as prazas do campamento de verán, que abre as inscricións mañá

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza o ‘Campamento de Verán 2023’ co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

A VII Carreira Nocturna Nigrán S4 bate récords de participación

Con Praia América coma espectacular fondo, tivo lugar a presentación da VII Carreira Nocturna Nigrán S4, prevista para o sábado 7 de maio no concello de Nigrán.