Mércores, 14 Maio de 2025

Nigrán

Mañá chega a Nigrán o espectáculo do Mago Teto

O Concello de Nigrán, a través de Cultura no Camiño, ofrece este martes 11 de xullo ás 22:00 horas na Praza do Concello o espectáculo ‘Rock ‘n’ Magic, o novo show do Mago Teto para todos os públicos.

Nigrán ofrece un roteiro xeolóxico esta semana

O Concello de Nigrán concentra na península de Monteferro a programación cultural e de ocio desta semana. O obxectivo é promover esta paraxe natural de infinita riqueza natural e patrimonial.

Nigrán abre a inscrición o 12 e 13 de xullo para participar na festa do Día dos Avós en Camos o 26 de xullo

O Concello de Nigrán abre o mércores e xoves 12 e 13 de xullo o prazo de inscrición para participar na festa do 'Día dos Avós' o 26 de Xullo en Camos (pavillón de Os Barreiros). Está dirixida a persoas da terceira idade empadroadas en Nigrán e as interesadas deben apuntarse telefoneando ao 986 365 000 de 10:00 h a 13:00 horas nos mencionados días, sendo o límite de aforo 80 persoas.

Nigrán inviste máis de 3.300 euros na creación dunha aula de estimulación sensorial no ‘CEIP Carlos Casares’ de Vilariño

O Concello de Nigrán ven de investir 3.350 € na creación dun aula específica de estimulación sensorial no CEIP Carlos Casares de Vilariño. A iniciativa parte da propia dirección do centro, que pretende así mellorar a atención á diversidade do alumnado. Así, o Concello financiou a instalación dos 72 m2 de tarima flotante que substitúen o chan de terrazo outorgándolle unha maior sensación de calidez e permitindo así que poidan empregar esta superficie como lugar de actividades.

Nigrán convoca as axudas para a adquisición de material escolar

Concello de Nigrán abre o prazo, do 3 ao 21 de xullo, para solicitar axudas municipais para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar no curso 2023/24.

Nigrán bautiza oficialmente o ‘Alto da Pintora’

De popular a oficial. A zona de Mallón coñecida pola veciñanza como 'Alto da Pintora' foi 'bautizada' onte pola mañá polo Concello de Nigrán cunha placa que así o indica.

Panxón acolle o primeiro campamento de España para nenos xordos

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destaca o apoio do Goberno galego ao primeiro Campamento Estatal para a Infancia Xorda, que organizan a Federación de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e a Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE) e que se celebra estes días na Residencia de Tempo libre que o Goberno galego ten en Panxón.

O Concello de Nigrán ofrece tres campus artísticos

O Concello de Nigrán, coa colaboración de diferentes profesionais da comarca, ofrece diferentes campus artísticos totalmente gratuítos e dirixidos a crianzas empadroadas no municipio.

Volve o programa ‘Música nas Parroquias’ con motivo das festas de San Pedro o 29 de xuño

O Concello de Nigrán colabora coa celebración das festas de San Pedro, do 29 de xuño ao 1 de xullo, achegando 4.000 € a través da iniciativa ‘Música nas Parroquias’.

O Nigranjazz pisa forte este ano coa presenza de Steve Cardenas

O Concello de Nigrán ofrecerá o 28 e 29 de xullo a edición máis xuvenil da historia do Nigranjazz descontando ao célebre guitarrista estadounidense Steve Cardenas, profesor da mítica New School de New York e quen ofrecerá tamén unha master-class.

Nigrán valora novas medidas para o vindeiro San Xoan

O Concello de Nigrán recibíu na pasada noite de San Xoan unha aglomeración de xente seguramente sen precedentes na historia do municipio.

Carlos Núñez estará en Monteferro o vindeiro 6 de agosto

O Concello de Nigrán ofrece o 6 de agosto unha segunda oportunidade de ver a Carlos Núñez en Monteferro ante o 'sold-out' para o solpor do día anterior.