Mércores, 14 Maio de 2025

Nigrán

O Concello de Nigrán ofrece o sábado un concerto da Escola de Rock de Paredes de Coura

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 22 de xullo ás 16:00 horas nas pistas do espazo deportivo municipal de Gaifar (Panxón) o concerto fin de xira de 'Coisa Mansa', banda residente da Escola de Rock de Paredes de Coura (Portugal), entidade coa que o Concello colabora cada verán desde 2021.

O Rilla na Rúa enche Nigrán de foodtrucks e actividades

As foodtrucks do Rilla na Rúa volven aparcar un ano máis en Nigrán con propostas grastronómicas variadas e un programa cargado de actividades para toda a familia. Do 21 ao 25 de xullo, no Paseo da Ramallosa, o público poderá gozar de concertos, mercado de artesanía, actividades infantís ou Dj´s.

Ioga e meditación, este venres, na praia de Patos

A beleza da praia de Patos ao solpor volve a unirse este verán á práctica do ioga para, xuntos e en harmonía, acadar a paz física e espiritual. Deste xeito, o gran mestre internacional Madhana, pioneiro nesta disciplina en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, retoma estas sesións organizadas polo Concello de Nigrán este venres 21 de xullo ás 20:30 horas.

A cultura mexicana chega á Escola Municipal de Cerámica de Nigrán

Nigrán bebe esta semana da mellor tradición mexicana. Catro mestres oleiros e das artes plásticas chegados ex-profeso desde diferentes puntos do país azteca protagonizan o ‘IV Encontro Internacional’ organizado polo Concello de Nigrán a través da Escola Municipal de Cerámica. Alumnado de toda Galicia.

Nigrán enche o verán con roteiros gratuítos

O Concello de Nigrán ofrece ao longo do verán catro tipos de roteiro gratuítos destinados a promover o municipio: ‘A Praia dos Afogados’ , ‘Praia América – A Niza galega’, ‘Tesouros de Monteferro’ e, por último, ‘Paseando Nigrán’.

Comezan hoxe as obras de conservación e mellora da autoestrada autonómica do Val Miñor

As obras correspondentes á campaña de conservación e reforzo de firme na autoestrada autonómica do Val Miñor (AG-57) veñen de iniciarse hoxe e prolongaranse durante seis semanas, se as condicións climatolóxicas así o permiten.

Nigrán restaura a batería militar de Monteferro

Os canóns de Monteferro veñen de retroceder no tempo 100 anos para lucir como na súa orixe. Esta milagre foi posible grazas ao investimento de 16.758 € por parte do Concello de Nigrán a través dunha liña de axudas da Deputación de Pontevedra destinada á restauración e sinalización de elementos patrimoniais de titularidade municipal dentro da provincia.

Nigrán fai unha achega de 10.000 euros ao proxecto ‘Nadafa’

O Concello de Nigrán mantén a súa aposta pola cooperación internacional achegando este ano 10.000 € ao proxecto ‘Nadafa’ de recollida de residuos e sensibilización ambiental nos campamentos de refuxiados saharauis en Arxelia, concretamente na wilaya de Bojador con 16.500 habitantes.

O Concello de Nigrán promove o ‘Nigranbús’ como a ‘primeira liña de praia’

Á praia, en bus. Baixo esta premisa o Concello de Nigrán promove o 'Nigranbus' este verán como a 'primeira liña de praia' na historia do municipio. Así, co fin de concienciar á cidadanía das múltiples vantaxes que supón o seu uso.

O proxecto de Innovaugas permite reducir ata o 30 % o consumo enerxético das depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar

O proxecto de Innovaugas permitiu reducir ata o 30 % o consumo enerxético das depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar e evitar a emisión á atmosfera o CO2 equivalente ao de 2.200 vehículos diésel.

O Concello de Nigrán dispón do novo leiraparking céntrico e gratuíto

O Concello de Nigrán dipón dun novo leiraparking público e gratuíto ante o cese do alugueiro do actual na rúa Torriña. Este outro aparcadoiro é nun terreno municipal e dispón de 1.200 m2.

Nigrán ofrece unha exposición cos carteis de Nigranjazz

O Concello de Nigrán ofrece a exposición 'Nigranjazz-XVII anos de música e deseño' ata o 31 de xullo na fábrica de Cervexas Banda en Porto do Molle (rúa do Labrego, 22, nave 5 E) coincidindo coa celebración este mes do Nigranjazz (28 e 29 de xullo na Foz do Miñor).