Luns, 12 Maio de 2025

Nigrán

O Concello de Nigrán organiza un simulacro en materia de prevención de incendios

O Concello de Nigrán mantén durante este verán á disposición do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e de Protección Civil a súa brigada municipal de prevención de incendios, a única propia de toda a comarca.

Nigrán comeza a programación de agosto co ‘Parrulas Fest’

O Concello de Nigrán ofrece no esteiro de A Foz da Ramallosa desde o mércores 2 ao sábado 5 de agosto a cuarta edición do Parrulas Fest, festival gratuíto producido desde a cooperativa Charlatana e dirixido a público infantil e familiar.

Nigrán estrea a programación do agosto “máis familiar” cunha nova edición do «Parrulas Fest»

"O 'Parrulas' é xa unha parte imprescindible na programación de verán do Concello de Nigrán, cada ano reúne a centos de familias moi fieles ao festival e de visitantes que veñen a desfrutar nunha contorna marabillosa de espectáculos de altísima calidade e sempre moi divertidos", destaca o alcalde, Juan González.

A Deputación destina máis de 900.000 euros á mellora da EP-2106 entre a Ramallosa e Parada, no concello de Nigrán

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra presidida por Luis López acaba de adxudicar por máis de 923.000 euros a obra de mellora da EP-2106 entre A Ramallosa e Parada, no concello de Nigrán. A través desta actuación construirase unha senda peonil e dotarase de maior seguridade ao tramo final da estrada, no que se sitúa o cemiterio e a igrexa de Santiago de Parada.

Nigrán celebra o Día dos Avós en Camos

O Concello de Nigrán festexou onte o 'Día dos Avós' en Camos (pavillón de Os Barreiros) co xa tradicional almorzo popular e baile posterior.

O Concello de Nigrán inicia unha nova contratación da recollida de lixo

O goberno de Nigrán levará ao pleno ordinario deste mércores 26 de xullo o inicio do expediente de contratación do futuro servizo de recollida de lixo e limpeza viaria.

Nigrán ofrece o xoves un roteiro nocturno polos petroglifos de Priegue

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 27 de Xullo un novo roteiro nocturno polos petróglifos do municipio, neste caso polos da parroquia de Priegue (anteriormente foi Monteferro) e guiados por arqueólogos da cooperativa Árbore, encargados de mellorar a sinalización e o estado destes gravados.

Nova sesión de ‘Ioga e meditación no Solpor’ na praia de Patos

O gran mestre internacional Madhana, pioneiro na práctica do Ioga en España, introductor en Galicia e fundador e director do Centro Sananda en Vigo, repite este mércores 26 de Xullo as 20:30 horas as sesións de 'Ioga no Solpor' organizadas polo Concello de Nigrán na praia de Patos (na propia area, ao carón do posto de Protección Civil).

Nigrán consulta á veciñanza sobre a regulación de acceso dos cans ás praias en verán

Esta pregunta, con posible resposta afirmativa ou negativa, é a primeira consulta pública do Historia do Concello de Nigrán e ten como obxectivo dirimir se o goberno local modifica ou non a ordenanza municipal de convivencia cidadá.

Nigrán pecha o encontro internacional de cerámica

Unha cocción a ceo aberto, como na época prehispánica se facía, pechou o venres o ‘IV Encontro Internacional de Cerámica’ organizado polo Concello de Nigrán e adicado nesta ocasión a México.

O luns abre o prazo para inscribirse no “Flota Como Poidas”

O Concello de Nigrán abre desde este luns 24 de xullo e ata o 4 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas".

Aberto o prazo de inscición na carreira pola praia “XII Nigrán Area”

Concello de Nigrán e a Sociedade Atlética Val Miñor celebran o domingo 13 de agosto a 12 edición da 'Nigrán Area', carreira popular de atletismo pola praia que é xa un referente da programación estival e deportiva na comarca.