Domingo, 11 Maio de 2025

Nigrán

Nigrán retoma este domingo o cine de verán

O Concello de Nigrán ofrece un verán máis o 'cine na rúa' coa proxección este domingo 13 de Agosto (Praza do Concello, 22:00 horas) de 'Los Tipos Malos', unha película estadounidense de animación.

Nigrán estrea o sábado un megatobogán acuático na Ramallosa

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 12 de agosto unha das súas actividades estrelas deste mes para o público infantil e xuvenil: un megatobogán acuático de 65 metros de longo que discorrerá ao longo da rúa Damas Apostólicas (A Ramallosa) aproveitando a pendente desta estrada.

Nigrán invita á cidadanía a pedalear para “prender” o cine ao aire libre

“A túa enerxía alimenta o cinema, pedalea para que prenda o proxector”. Esta é a premisa do festival de cine, deporte e medio ambiente 'Cinema a Pedal' que, por segundo verán consecutivo regresa a Nigrán novamente como única cita en España, nesta ocasión o sábado 12 de agosto desde as 22:00 horas no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz.

Nigrán traslada á nova delegada da Xunta en Vigo as principais demandas do municipio

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu onte en visita institucional ao Concello a Ana Ortiz, nova delegada da Xunta en Vigo. O rexedor aproveitou a ocasión para trasladarlle persoalmente todas aquelas cuestións do municipio que son de competencia autonómica.

O Concello de Nigrán colabora con ‘Bolos da Carrasca’ na súa semana cultural

O Concello de Nigrán colabora co Centro Cultural e Deportivo 'Bolos da Carrasca' para organizar a súa 'XXVIII Semana Cultural' que arranca hoxe e que ten o seu día grande o venres 11 de agosto coa undécima festa dos ovos con chourizo, evento gastronómico que o goberno local promoverá para que obteña o distintivo de 'Interese gastronómico galego'".

Hoxe comeza o festival Chandefolk cunha observación de perseidas

O Concello de Nigrán quece motores para o gran concerto do Chandefolk (luns 14 con Susana Seivane) ofrecendo este martes 8 de agosto unha observación nocturna das perseidas guiada por un experto do Centro Astronómico de Trevinca desde as 22:00 horas no 'Bosque da Memoria'.

Éxito absoluto do ‘Flota como poidas’ na Ramallosa

O Concello de Nigrán festexou este domingo 6 de agosto o seu evento máis surrealista e hilarante do verán: a concentración de artefactos flotantes 'Flota como poidas'.

A gaiteira galega Susana Seivane estará o 14 de agosto no Chandefolk

O Concello de Nigrán consagra este ano o festival Chandefolk a Susana Seivane, ilustre gaiteira galega e auténtica lenda viva deste instrumento.

Concerto de Roberto Comesaña e Leni Pérez no esteiro da Foz

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación de verán, ofrece este luns 7 de Agosto ás 21:00 horas no escenario ao aire libre do esteiro de A Foz o concerto de Roberto Comesaña e Leni Pérez ‘De Ramo en Ramo’, título do seu primeiro disco conxunto.

Unha decena de ‘barcos tolos’ inundarán o domingo a Foz no Miñor no “Flota como Poidas”

O Concello de Nigrán prepárase para festexar este domingo, 6 de agosto, o seu evento máis surrealista e hilarante do verán: a concentración de artefactos flotantes 'Flota como Poidas'.

Aumenta o servizo de buses Vigo-Baiona, Vigo-Gondomar e o servizo diario do Porriño, Tui e Ponteareas cara a Praia América

A Xunta incrementa en agosto máis de 200 frecuencias de autobús á semana na liña Vigo-Baiona e Vigo-Gondomar, e nos servizos diarios do Porriño, Ponteareas e Tui cara a Praia América, en Nigrán.

O venres pecha o prazo de inscrición para o “Flota Como Poidas” de Nigrán

O Concello de Nigrán pecha este venres 4 de agosto ás 12:00 horas o prazo de inscrición para participar na xa tradicional concentración de "artefactos flotantes" chamada "Flota Como Poidas", que terá lugar o domingo 6 de agosto ás 17:30 horas desde a ponte de Ramallosa, no Río Miñor.