Domingo, 11 Maio de 2025

Nigrán

Nigrán tínguese de azul para concienciar á cidadanía sobre o autismo

Un ano máis o Concello de Nigrán uniuse á Fundación Menela para tinguirse de azul, esta pasada noite, coincidindo co Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Nesta ocasión celébrase baixo o lema 'Podo aprender. Podo traballar', dous eixos claves para a inclusión e mellora da calidade de vida das persoas con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA) e as súas familias: a educación e o emprego.

Nigrán facilita mamparas protectoras de metacrilato para o posto principal da Garda Civil no Val Miñor

O Concello de Nigrán facilitou hoxe ao Posto Principal da Guarcia Civil en Baiona tres mamparas de metacrilato deseñadas e confeccionadas a medida polo propio edil de Seguridade, Rubén Rial, quen se desprazou persoalmente esta mañá a instalalas na oficina especializada en violencia de xénero e na de demáis denuncias. Estas pantallas son unha efectiva medida de hixiene e protección ante o Covid-19 que beneficia tanto aos axentes como aos veciños de todo o Val Miñor que se teñen que desprazar ao cuartel a efectuar denuncias.

‘Paciencia, cariño e calma’, as nenas e nenos de Nigrán poñen cara á solidariedade é a responsabilidade

O Concello de Nigrán lanza unha campaña propia baixo o lema ‘Paciencia, Cariño e Calma’ para volver a facer visibles aos nenos e nenas nas rúas do municipio. O goberno local insta ás crianzas a debuxar un corazón baixo este lema e a pegalo nas súas xanelas ou balcóns e nas redes sociais co hashtag #NigranQuedaNaCasa. O modelo de ilustración está dispoñible na web municipal e no facebook oficial Concello De Nigrán (para todo aquel que prefira simplemente imprimilo).

Nigrán suspende os prazos de pagamento que constan no calendario fiscal mentres dure o estado de alarma

Desde Aqualia iniciarán o periodo voluntario de pago unha vez remate o estado de alarma e inciden en que non se cortará ningún subministro, teñan ou non a condición de vulnerables

Nigrán realiza unha entrega adicional de alimentos frescos e produtos de limpeza ás familias máis vulnerables

O Concello de Nigrán emprendeu esta mañá un reparto especial a domicilio de alimentos frescos e produtos de hixiene corporal e limpeza entre medio cento de familias en situación de vulnerabilidade, acción que se complementa coa entrega a semana pasada de produtos non perecedoiros e que continuará a inicios da próxima co primeiro envío de carne fresca e iogures. Todo foi mercado en pequeno comercio local ou procede de doazóns.

Nigrán adianta o concurso de carteis ‘NigranJazz-Quin Albores’ para ofrecer unha alternativa ao ocio no confinamento

O Concello de Nigrán adianta a convocatoria do xa tradicional concurso de carteis 'Quin Alborés'-Nigranjazz co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio e creatividade neste período de confinamento. O certame, dotado con 500 euros á proposta gañadora, ten como propósito elixir a imaxe que represente a 14 edición do Nigranjazz, un festival onde música e deseño van da man.

Aqualia cede ao Concello de Nigrán dúas furgonetas para o reparto de alimentos

O Concello de Nigrán recibiu a semana pasada da man da xefa de Servizo de Aqualia en Nigrán, Marián Lago, a cesión de dúas furgonetas Citroën Berlingo para optimizar o reparto do servizo de axuda a persoas especialmente vulnerables ante o Covid-19 (reparto de alimentos a domicilio, menciñas, libros…). Estes vehículos, unha vez se supere esta crise sanitaria do Covid-19, se engadirán á actual frota do Servizo Municipal de Augas no Concello de Nigrán que sumará así cinco.

Nigrán ordena a “limpeza profunda e desinfección” de todos os centros educativos

O Concello de Nigrán, ante a situación de crise sanitaria e tendo en conta o parón da actividade educativa, deu orde esta semana á concesionaria da limpeza dos centros para que emprenda unha desinfección e limpeza profunda de todas as instalacións. O persoal iniciou os traballos seguindo o protocolo sanitario e realizando a limpeza sen manter contacto con outras persoas.

Nigrán instala parqué flotante en madeira no pavillon do CEIP Carlos Casares aproveitando o parón escolar

O Concello de Nigrán, tendo en conta a inactividade educativa ante a crise sanitaria do Covid-19, emprendeu esta semana a instalación de parqué flotante en madeira de fresno natura no pavillón do CEIP Carlos Casares. O investimento municipal, de 6.000 €, permitirá cubrir a totalidade de superficie (146 metros cadrados de formigón pulido) sobre a que previamente se porá unha manta de polietileno.

Nigrán propón a Residencia de Tempo Libre de Patos como espazo potencial de atención sanitaria ante o coronavirus

Residencia de Tempo Libre de Patos, vén de ser proposta polo Concello de Nigrán como un espazo potencial para a atención sanitaria ante a crise do Covid-19. Así, o Concello que preside Juan González da resposta a demanda do Ministerio de Sanidade na que solicita aos concellos lugares de posible uso no caso de que foran precisos. Cómpre lembrar que a residencia é un lugar xa dotado de medios, sen actividade ata xuño e que dispón de camas e habitacións inviduais, cociña industrial e comedor.

Nigrán inicia a entrega de alimentos entre as familias especialmente vulnerables

O Concello de Nigrán iniciou esta mañá o servizo especial de asistencia a persoas en especial risco ante o Covid-19 atendendo ás 33 familias en situación de vulnerabilidade económica ou ailladas (acorde aos datos dos Servizos Sociais) despois de contactar telefónicamente con cada unha delas para atender as necesidades especiais destes intres.

Nigrán crea un servizo de asistencia a veciñanza de risco e persoas sen medios para facilitar a compra de mediciñas e alimentos

O Concello de Nigrán pon desde hoxe en funcionamento un servizo de asistencia a persoas en especial risco ante o Covid-19, ou en soidade ou sen medios, co obxectivo de facilitarlles a compra de alimentos, menciñas e mesmo o préstamo de libros, revistas ou dvds da Biblioteca Municipal (instalación pechada, como todas as dependencias municipais).