Martes, 13 Maio de 2025

Gondomar

Gondomar estrea o remodelado parque de maquinaria coa axuda da Deputación

O parque de maquinaria que a Deputación de Pontevedra ten en Gondomar foi obxecto de varias actuacións de mellora coas que a institución deu un novo aspecto a este centro desde o que se coordinan os proxectos que se realizan no sur da provincia.

Gondomar acolle a obra de teatro ‘O Péndulo’

Gondomar vai acoller este venres a obra de teatro ‘O Péndulo’ da compañía Inversa Teatro sobre a historia do fusilado Tirso Gómez e a única alcaldesa galega na II República.

Gondomar insta a “poñerse as gafas lilas” á hora de tomar decisións

Gondomar sumouse un ano máis á conmemoración do día Internacional da muller cunha concentración na praza das Escolas Vellas na que se procedeu á lectura dun manifesto e tamén se gardou un minuto de silencio en especial por todalas mulleres que se viron obrigadas a abandonar a súa vida, os seus traballos e familias pola guerra de Ucraína.

O Auditorio Municipal Lois Tobío levanta o pano ao programa de “Gondocultura primavera”

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Cultura, inaugurará esta semana a programación Gondocultura primavera, que dedica de forma íntegra á arte escénica do teatro.

Gondomar súmase aos concellos que ofrecen axuda solidaria a Ucraína

O alcalde do municipio, Paco Ferreira, cualificou de “terrible e inconcibible a situación que estamos a vivir ante a invasión de Ucraína por parte de Rusia, algo que non nos podiamos nin imaxinar en pleno século XXI” e sinala que “é agora onde as administracións deben demostrar que están aí, e Gondomar estará aí axudando na medida do posible”.

Gondomar pon en marcha a II edición do programa “Abrindo Portas”

“Abrindo Portas” xurdiu no departamento co fin de motivar á mocidade a ler, amosándolles a través das redes sociais, obras de distintas temáticas que poidan suscitar ou seu interese e lles brinde unha nova experiencia lectora.

Gondomar lembra a Rosalía do Castro xunto as novas xeracións

Gondomar súmase este ano á conmemoración do día de Rosalía de Castro, este mércores 23 de febreiro, organizando unha actividade dirixida ás novas xeracións, aos máis pequenos “para sementar neles o legado que esta gran escritora deixounos aos galegos e a toda a literatura universal” afirma o alcalde, Paco Ferreira.

Gondomar vibrará este Entroido ao compás e música dos preto de 500 participantes nas 8 comparsas

Concretamente o Entroido escolar, toda unha tradición xa no municipio, quentará os motores. O pavillón municipal Bernabé Costas de Miranda, será o punto de encontro de preto de 800 alumnos e alumnas do CEIP Chano Piñeiro, IES Auga da Laxe e Terra Turonio que desfilarán polo centro da localidade.

A Deputación acondicionará as estradas EP-2403 e EP-2404 do Porriño e Gondomar

A Xunta de Goberno da Deputación vén de dar luz verde a tres proxectos de mellora das infraestruturas provinciais ao abeiro do modelo de mobilidade segura e amable da institución provincial, que supoñen un investimento de preto de 1,5 millóns de euros (1.484.931€).

O ciclo de teatro ‘Barracas’ levará a memoria histórica a Gondomar e Tomiño

A Deputación de Pontevedra vai poñer en escena o ciclo de teatro ‘Barracas’, unha iniciativa que pretende espallar a memoria histórica, a cultura e a lingua nos concellos provincia con representacións de pezas de estrea de compañías escénicas galegas.

O goberno local de Gondomar lamenta o afán do PP por danar a imaxe do municipio para ocultar a súa incapacidade política

A alcaldesa en funcións, Iria Lamas, denuncia “que unha vez máis no canto de defender os intereses veciñais ou centrarse nos problemas serios que hai no seo do seu partido, a líder popular, Paula Bouzós, recorra ao ataque do goberno local terxiversando datos e non axustándose á verdade”.

O desfile de comparsas de Gondomar perde a súa condición de concurso e as agrupacións recibirán unha axuda pola súa participación

Todo está listo para celebrar o Entroido que este ano, tras case dous anos de non poder manter as súas datas tradicionais debido á pandemia, egresará ás rúa do municipio o vindeiro domingo 27 de febreiro, con forma de desfile e abandonando a súa tradicional categoría de concurso.