Venres, 4 Xullo de 2025

Gondomar

O Concello de Gondomar e a Xunta asinan o convenio de xestión da depuradora

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, en calidade de presidenta de Augas de Galicia, asinou vía telemática un novo convenio de colaboración co Concello de Gondomar, polo que a Xunta de Galicia continuará a facerse cargo da explotación da depuradora de augas residuais de titularidade municipal.

Baiona, Gondomar e Nigrán celebrarán o 5 de xuño a ‘Festa da Bicicleta’

Os tres concellos do Val Miñor volverán a pedalear xuntos finalmente este domingo 5 de xuño para festexar a tradicional 'Festa da Bicicleta' que sempre reúne a centos de persoas e que non se puido celebrar no seu día, o 17 de maio, ante a previsión de choiva.

“Degusta Europa” triunfa en Gondomar

Preparacións gastronómicas típicas de diferentes países europeos readaptadas con produtos de quilómetro cero, da provincia de Pontevedra, convertéronse en protagonistas no Mercado de Gondomar a través do programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa”.

Gondomar pon en marcha distintas actividades para conmemorar o Dia das Letras Galegas

O Concello de Gondomar pon en marcha un programa de actividades denominado “Gondomar en Galego” que abarca a literatura, a música, o teatro e incluso o deporte.

O conservatorio de Gondomar abre o prazo de inscrición para as probas de acceso

Xa está aberto o prazo de inscrición, durante todo o mes de maio, para as probas de acceso ao primeiro curso no Conservatorio Elemental de Música de Gondomar para o vindeiro curso 2022/2023.

A activista Amelia Tiganus visita Gondomar

Grazas á invitación do Concello de Gondomar, a activista feminista e abolicionista Amelia Tiganus, nada en Rumanía e afincada no País Vasco, visitou durante dous días a vila de Gondomar.

Gondomar pon en marcha unha nova edición do seu programa “Gondoverán”

O Concello de Gondomar abre o prazo de solicitudes para unha nova edición do seu programa de lecer activo “GONDOVERÁN”. Destinado a nenos de 3 a 12 anos de idade, este programa combina o xogo con actividades creativas, culturais e de coñecemento do entorno próximo.

O alcalde de Gondomar participa na clausura do 10° campus multideporte

O rexedor municipal participou esta mañá na clausura do campus multideporte solidario. Este campus que chegou este ano a sua décima edición contou coa participación de máis de 60 nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, que dende o lúns participaron no pavillón municipal en diferentes disciplinas deportivas.

O alcalde de Gondomar e a deputada autonómica solicitan a mellora de viais de titularidade autonómica

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, visitou, xunto á deputada socialista do parlamento de Galicia, Leticia Gallego, varios viais de titularidade autónomica nos que a Xunta leva anos sen facer ningún investimento nen mantemento.

En marcha o 10° campus deportivo solidario en Gondomar

O Concello de Gondomar puxo en marcha esta mañá una nova edición do seu campus deportivo de semana santa que chega o seu décimo aniversario.

Novas axudas do Plan Concellos a Gondomar, Baiona e Oia

A Deputación de Pontevedra continúa a transformar a provincia coa aprobación de novos recursos para seis municipios da man das liñas 1 e 2 do Plan Concellos.

Preséntase en Gondomar o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”

A Aula de Cultura Ponte das Rosas, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, acollerá este venres, día 1, a presentación do libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, do avogado e politólogo de Ponteareas Roberto Mera Covas, publicado por Belagua Ediciones.