Domingo, 11 Maio de 2025

Gondomar

O asasinato de Soledad Rey Valverde, a gota (de sangue) que colma o vaso

O asasinato en Gondomar de Soledad Rey Valverde, veciña de Mañufe, vítima dun presunto acto de violencia machista, debería ser a gota que colmara o vaso xa desbordadeo da barbarie que supón as agresións contra as mulleres. Algo falla na sociedade cando a pesar das medidas, iniciativas ou estratexias que se adoptan dende as diferentes administracións, a violencia machista segue a ser unha dolorosa realidade que deixa ao aire as vergoñas dunha sociedade que parece non saber como saír dunha espiral de violencia.

Concentración e minuto silencio en memoria de Soledad Rey Valverde, veciña do municipio de Gondomar

Este mércores unha veciña da parroquia de Mañufe, en Gondomar, foi asasinada polo seu marido que, posteriormente, intentou quitarse a vida. Con ela, xa son tres as mulleres vítimas mortais a causa da violencia de xénero na comunidade galega no que levamos de 2020, tralos crimes machistas rexistrados a principios de ano na Pastoriza e en Lugo.

O conservatorio de Gondomar acolle o I Curso de Perfeccionamento Instrumental ‘Conchita Quintas’

Ao redor de 40 alumnas e alumnos da comarca do Val Miñor participarán durante unha semana no I Curso de Perfeccionamento Instrumental 'Conchita Quintas', organizado polo Conservatorio Municipal de Gondomar e bautizado con este nome en honra da muller que durante tres décadas estivo á fronte do centro desde a súa creación en 1983.

Gondomar abre o prazo para a inscrición das Escolas Deportivas 2020-2021

As Escolas Deportivas de Gondomar arrincarán a súa actividade o próximo mes de xaneiro, se as condicións sanitarias permíteno. A partir deste martes 01 de decembro ábrese o prazo de inscrición que se poderá formalizar nas oficinas do pavillón Municipal Bernabé Costas entre as 10.00 e as 12.00 do mediodía, e as 17.00 e 19.00.

Os pequenos e pequenas de Gondomar recibirán unha videochamada persoal dos Reis Magos este Nadal

Ante a mensaxe que se transmite constantemente e que se converteu xa en lema sobre que “este ano o Nadal será diferente”, o goberno de Gondomar deseñou un programa de actividades e accións “co que pretendemos salvala para todas e todos, e axudar a que sexa igual de máxica e chea de ilusión que en anteriores edicións”, asegurou o rexedor Paco Ferreira.

Gondomar lembra ás vítimas da violencia de xénero e apela á unión para erradicala da sociedade

A corporación municipal de Gondomar sumouse este 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, á convocatoria secundada polos municipios de toda España en memoria das mulleres asasinadas a mans das súas parellas e exparellas.

Comercio, clubes deportivos e colexios tínguense de negro en Gondomar

Un ano máis o comercio local de Gondomar súmase á campaña 'En negro contra as violencias' coincidindo coa celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Carteis con diferentes mensaxes contra a violencia que permanecerán nos seus escaparates durante toda a semana, e mandís que identificarán aos comerciantes nesta loita de toda a sociedade.

Gondomar clausura ou obradoiro ‘Crea e Coida Miñor’ cun 50 % dos seus participantes con contrato laboral

Gondomar clausurón oficialmente onte as actividades do Obradoiro de Emprego 'Crea e Coida Miñor' que se desenvolvía dende novembro de 2019, e cuxo remate retrasouse como consecuencia da alerta sanitaria decretada no país en marzo. Na mañá de onte os 20 alumnos e alumnas recollían os seus diplomas e poñían punto e final a un curso que, o seu director José Abraira Arias, cualificou “como exemplar tanto pola entrega como polo interese demostrado en aprender”.

O comercio local de Gondomar acolle a exposición fotográfica ‘Defensoras Semillas de Cambio’

A exposición, que foi inaugurada polo alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a deputada provincial Victoria Alonso, e a representante da Coordinadora Galega de ONGD, María Paz, quere facer chegar aos cidadáns o traballo que desde o ano 2010 veñen realizando as integrantes da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras dos Dereitos Humanos, protexendo a miles de mulleres que sofren a diario a discriminación e a violencia polo simple feito de ser mulleres.

Gondomar vístese de morado na semana na que se conmemora o 25 N

Gondomar desenvolverá esta semana diversas accións, enmarcadas dentro da programación elaborada desde a Concellería de Iguadade con motivo da celebración do Día internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo día 25 de novembro.

Gondomar solicita á Xunta a adecuación dos seus caminos á lei de incendios

O Concello de Gondomar presentou ante a Xunta de Galicia unha solicitude para adecuar caminos e pistas municipais á lei de prevención e defensa contra os incendios forestais e garantir a súa limpeza atendendo as medidas de seguridade establecidas para previr a propagación dos lumes.

Comercio abre o prazo para renovar as licenzas do mercado ambulante de Gondomar

O Concello de Godomar, a través da súa Concellería de Comercio, abriu o prazo de renovación das licenzas para os postos no mercado ambulante que se celebra no concello todos os martes. Os interesados terán ata o próximo 7 de decembro para presentar a solicitude de renovación e abonar as taxas correspondentes.