18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorGondomarGondomar lembra ás vítimas da violencia de xénero e apela á unión...

    Gondomar lembra ás vítimas da violencia de xénero e apela á unión para erradicala da sociedade

    A corporación municipal sumouse a un minuto de silencio en memoria das 41 mulleres e 3 menores asasinados polas súas parellas ou exparellas.

    A corporación municipal de Gondomar sumouse este 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, á convocatoria secundada polos municipios de toda España en memoria das mulleres asasinadas a mans das súas parellas e exparellas. No que levamos de ano, un total de 41 ás que se suma a morte de tres menores, e por elas gardouse un minuto de silencio que se pechou cunha pequena performance da agrupación de danza local, Ldanzia co tema “Sola”.

    Un acto ao que Gondomar “seguirase sumando mentres siga existindo violencia contra as mulleres polo simple feito de selo”, manifestou o rexedor, Paco Ferreira, que subliñou que a xornada debe “servirnos como denuncia contra os estereotipos que permanecen instaurados no noso día a día e que manteñen viva a violencia contra as mulleres”.

    Lembraron no manifesto que o 25N “non é unha xornada para conmemorar, e si para lembrar ás mulleres asasinadas, e sinalar o camiño que queda por percorrer ata alcanzar unha igualdade real entre homes e mulleres, acabando coas distincións de xénero que son o xerme da toda violencia machista”.

    Destacaron o papel que toda a sociedade debe desempeñar nesta loita pero fíxose especial fincapé nas administracións locais, ao estar en primeira fila á hora de denunciar e visibilizar a violencia de xénero. “Os gobernos locais xogamos un papel decisivo apostando pola educación e concienciación da cidadanía, e na aplicación da perspectiva de xénero en todas nosas políticas e accións”, manifestou a concelleira de Igualdade, Nuria Lameiro, quen reiterou o compromiso “do goberno de Gondomar de seguir combatendo con todos os recursos dispoñibles ao nosos alcance a violencia contra as mulleres”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.