Gondomar poderá volver a gozar de Gladiator Kids, unha proba dirixida aos nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anosna que a competitividade queda a un lado para dar paso a momentos divertidos e unha experiencia distinta para as e os participantes.
O Consorcio da Zona Franca poñerá en marcha o desenvolvemento dun plan estratéxico de Nigrán, Gondomar e Baiona e a comarca do Val Miñor. O delegado do Estado, David Regades, asinou onte no Parador de Baiona un acordo cos tres alcaldes.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou onte co alcalde e Gondomar, Paco Ferreira, asuntos de interese para o concello, así como o estado da colaboración coa Xunta en distintos proxectos.
O rexedor, Paco Ferreira, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, agradeceu hoxe o relevante papel das plantillas dos departamentos de Limpeza e Parques e Xardíns.
O rexedor Paco Ferreira lembra que, “a pesar de solicitar en varias ocasións á Consellería de Política Social a asunción deste Servizo, deberemos esperar un ano máis segundo o seu compromiso adquirido con Gondomar”.
O consistorio gondomareño tinguirase un ano máis de verde, sumándose así aos máis de 210 municipios españois que secundan esta reivindicación, cada 21 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).
Nas próximas semanas completarase a entrega de medio centenar de novos composteiros cunha capacidade de 400 litros cada un. Sumaranse así aos preto de 400 que xa se repartiron entre aqueles veciños e veciñas que os solicitaron.
O goberno de Gondomar, a través da Concellería de Turismo, dirixida por Rocío Goberna, reanuda o programa de rutas turísticas “Descobre Gondomar” que na súa volta convidará aos interesados e interesadas a coñecer o Pazo do Conde de Gondomar.
O alumnado do Souto Donas de Gondomar, acompañado por tres das súas profesoras, repartiron polas papeleiras do Parque da Coelleira, carteis que deseñaran previamente no colexio e adaptado para poder fixalos nelas. Con axuda dun funcionario municipal, aparafusaron os letreiros coa mensaxe clara que se quere trasladar: “Se tiras lixo ao chán, @s nen@ s tristes estarán”.
Xunto ao alcalde tamén participaron a edil responsable da área, Rocío Goberna, así como a representante dos comerciantes de Gondomar, Esther Lorenzo, e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Val Miñor (OVALMI), Jose Anxo González Goce, quen anunciou a recuperación este ano -tras o parón motivado pola pandemia- da Feira Portobello 2021 en Gondomar.
Persoas emprendedoras, empresas, comunidades de montes, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais do territorio do GDR 14 presentaron 25 proxectos á convocatoria de axudas da submedida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014 - 2020 para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento.
A directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, e o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mantiveron esta unha reunión de carácter técnico para tentar desbloquear o novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) no que traballa o Concello desde o ano 2009.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.