Martes, 16 Setembro de 2025

Baiona

O Circuito de Teatro Amador chega a Baiona esta fin de semana

Baiona poderá gozar durante esta fin de semana de varias funcións teatrais da man do Circuito Gallego de Teatro Amador. Esta actividade está enmarcada dentro do BaiOutono, programación realizada pola Concellería de Cultura.

O Concello de Baiona inicia a poda de árbores

O Concello de Baiona comezou as labores de poda das árbores que se atopan repartidas nos cinco núcleos de poboación do municipio. A Concellería de Medio Ambiente iniciou a tempada de poda co obxectivo de previr que coa caída da folla atásquense os sumidoiros da rede de augas pluviais.

Baiona conmemora o Día Mundial do Cancro de Mama tinguindo de rosa a Casa do Concello

Baiona iluminou de cor rosa a Casa do Concello na noite deste luns ao amparo da conmemoración do Día Mundial do Cancro de Mama, que se celebra cada 19 de outubro. Deste xeito a institución únese á demanda de ADICAM, a Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama e xinecolóxico, para visibilizar ás persoas afectadas pola enfermidade.

A Concellería de Igualdade de Baiona pon en marcha o concurso de debuxo e slogan contra a violencia de xénero

O concurso ten como obxectivo promover, dentro do ámbito educativo a reflexión ao redor da promoción da igualdade entre mulleres e homes así como a loita contra a violencia de xénero, e sensibilizar sobre a importancia de valores como a igualdade entre mulleres e homes e o respecto.

Baiona pon en marcha unha liña de axudas municipais para apoiar ás familias en situación de vulnerabilidade cos gastos escolares

O Concello de Baiona puxo en marcha un programa de atención urxente e prioritaria dirixido a paliar as situacións de emerxencia social de persoas e familias en situación de vulnerabilidade ante a Covid-19. A liña de axudas centrarase en cubrir as necesidades escolares das familias do municipio.

Baiona continua a desenvolver a programación de «OutubroDiverso» coa conversa ‘Diversidade nas Artes Escénicas’

O domingo, 18 de outubro, ás 12:00 horas o vestíbulo da Casa do Concello de Baiona acollerá a conversa 'Diversidades nas Artes Escénicas', actividade que correrá a cargo de Mónica Sueiro, directora da aula de teatro de Baiona e do colectivo 85C de Vigo, e que está enmarcada dentro da programación 'OutubroDiverso', un completo programa de actividades ao redor da visualización das realidades LGBTIQA+ que se sucederán ao longo do mes de outubro e que se celebra por primeira vez na Vila.

Baiona suspende a quinta edición de ‘Sons do Casco’ trala entrada en vigor das novas restricións sanitarias impostas pola Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia vén de publicar a Orde do 14 de Outubro de 2020 pola que se establece unha medida de prevención específica como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Esta orde ten efectos desde as 00:00 horas de hoxe.

Relevo no Posto Principal da Garda Civil de Baiona, Marcos Lago pasará a ser o novo tenente-comandante

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, acompañado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Óscar Álvarez, recibiu na Casa do Concello a Felix Díaz ata agora tenente-comandante do Posto Principal da Garda Civil de Baiona e a Marcos Lago, que o substituirá no cargo. Ante a partida de Féliz Díaz, Carlos expresoulle o seu "máis profundo agradecemento así como o da concellería de Seguridade Cuidadana, o da xefatura da Policía Local, o do Concello de Baiona e a cidadanía por estes 5 anos de servizo na cidade, nos que sempre existiu un traballo coordinado co policial local e co responsable de seguridade".

A Concellería de Igualdade de Baiona pon en marcha o proxecto “Non Cales” nos centros educativos

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller, está a poñer en marcha un proxecto nos centros educativos municipais que ten por como obxectivo romper o silencio contra a violencia de xénero.

Cinco mulleres que superaron o cancro dan a volta a España a vela no ‘Reto Pelayo Vida’

Esta tarde recalaba no Monte Real Club de Iates de Baiona o 'Reto Pelayo Vida-Volta a España 2020', unha iniciativa protagonizada por cinco mulleres que superaron o cancro –Marián, de Elxe; Lorena, de Cartaxena; Fáxima, de Xerez; María, de Barakaldo e Nuria, de Teruel– e que tenta visibilizar esta enfermidade na muller e a importancia que ten a práctica deportiva como parte da terapia para a súa recuperación.

O Concello de Baiona rubrica por primeira vez un convenio de colaboración coa Asociación Avelaíña

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a presidenta da Asociación “Avelaíña”, Fernanda Orduna, rubricaron esta mañá o convenio de colaboración polo que a asociación recibirá unha subvención do Concello de Baiona para dar información e asesoramento aos veciños e veciñas do municipio que o precisen. A contía concedida ascende a 1.000 euros, e axudarán a dar resposta á necesidade de información en saúde mental na Vila.

A unión entre pobos marca a celebración do día da Hispanidade en Baiona

Baiona celebrou o seu tradicional acto do Día da Hispanidade na Praza do Concello coa presenza, ademais do alcalde, Carlos Gómez Prado; do Deputado Autonómico e anterior rexedor, Jesús Vázquez Almuiña; o cónsul xeral honorario de Ecuador en Vigo e Fillo Adoptivo de Baiona, Adriano Márquez de Magallanes, Juan Vieitez, en representación do corpo consular de Vigo; a delegada da Xunta, Marta López-Tápias; e o deputado Carlos López Font, que representou á Deputación de Pontevedra. Entre os asistentes tamén estaba a corporación do Concello de Baiona, ex alcaldes e demais autoridades locais da Vila.