Xoves, 3 Xullo de 2025

Baiona

Entrega premio da XXXI edición da Festa da Bicicleta

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, fixo entrega da bicicleta a Francisco Javier Fernández Ferendez, gañador do sorteo por parte do Concello de Baiona realizado con motivo da celebración da XXXI edición da Festa da Bicicleta, sen dúbida, a súa edición máis especial xa que a tradicional cita deportiva do Val Miñor este ano adaptouse á época COVID.

O Concello de Baiona realiza unha campaña de concienciación sobre reciclaxe nos colexios

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e a Concelleira de Medio Ambiente, Rosa María Domínguez Roda, acudiron xunto ao alumnado do C.P.I. Cova Terreña, a unha charla divulgativa sobre a importancia da reciclaxe de residuos para o coidado do medio ambiente.

As Escolas deportivas municipais do Concello de Baiona organizan a súa tradicional viaxe ás Illas Cíes

O vindeiro sábado día 26 de xuño e para complementar o peche do curso escolar deportivo 2016-2017 das Escolas Deportivas Municipais, a Concellería de Deportes de Baiona, que xestiona Miriam Costas, programa unha viaxe ás Cíes. A inscrición abrirase a partir do día 1 de xuño para todos os socios e socias das Escolas Deportivas Municipais, mentres que os non socios que queiran participar deberán esperar ao día 14 de xuño para poder anotarse.

Baiona presenta ‘Estelas da Palabra’

A Alameda da rúa Carabela Pinta de Baiona acolleu o acto de presentación da instalación artística 'Estelas da Palabra', o proxecto final da programación Primavera Lila organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona en colaboración co Centro á Información a Muller (CIM). Con ela quérese incorporar no espazo público áreas de encontro; dotarlle á palabra unha voz Visual que suscite respostas e reflexión sobre a linguaxe inclusiva.

O mercado de Sabarís volve a abrir o luns coa totalidade dos postos de venda

O vindeiro luns, día 31 de maio, reiniciarase a actividade do tradicional mercado de Sabarís con todos os postos que viñan sendo habituais e garantindo as medidas de seguridade fronte á covid-19 establecidas pola normativa vixente.

A Xunta sela con Gondomar e Baiona acordos para reducir o risco de inundacións

A Xunta selou cos Concellos de Gondomar e de Baiona os acordos para investir 3,25 millóns de euros na redución do risco de inundacións nestes dous municipios e pídelle ao Concello de Vigo que recapacite e coopere co Goberno galego asinando o convenio correspondente para minimizar o risco e as consecuencias das inundacións no río Lagares.

Baiona e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra acadan un acordo de colaboración

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o presidente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Luís Guitian, veñen de amoar o interese de ámbolos dous organismos de colaborar para para potenciar estas dúas contornas salientables dentro do ámbito turístico mundial. Por iso, aproveitarán a presentación do primeiro Encontro de Mercados Gastronómicos que promove a Praza de Abastos de Baiona os días 29 e 30 de maio, dedicado este ano aos produtos da Ribeira Sacra.

As persoas participantes do Proxecto Víncúlate do Concello de Baiona gozaron dunha tarde de Pádel Surf

Houbo un tempo no que se percibía o pádel surf como un deporte extremo, pero o poder da táboa, lonxe de supoñer un perigo, serve agora como terapia, hobby e práctica deportiva para traballar a intelixencia emocional, e conseguir beneficios non só físicos, senón tamén sociais.

Arranca o Curso “Actividades Auxiliares de Comercio” para mulleres desempregadas de Baiona

A acción formativa “Actividades Auxiliares de Comercio” organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona comenzou onte no centro multiusos Ángel Bedriñana.

O pavillón deportivo cuberto do CEIP Fontes-Baíña de Baiona estrea iluminación

O pavillón deportivo cuberto do CEIP Fontes-Baíña estrea iluminación e faio grazas ao proxecto presentado polo equipo de goberno municipal e ás intensas xestións realizas para que a Xunta de Galicia puxéseo en marcha.

Baiona informa sobre campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona informa que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia oferta 185 prazas en campamentos específicos para persoas con discapacidade entre 11 e 45 anos.