Martes, 16 Setembro de 2025

Baiona

A Casa da Navegación de Baiona acolle unha máis que interesante exposición ‘A Campaña do Argus’ sobre a pesca do bacallau

A Casa da Navegación de Baiona acolle, dende o venres 2 de xullo, unha máis que interesante e recomendable exposición na que, baixo o título A Campaña do Argus amosa o traballo realizado polo reporteiro do National Geographic Magazine e oficial da Armada australiana, Alan Villiers, que en 1950 acompañou aos pescadores portugueses na pesca de bacallau nos caladoiros de Terranova, en Canadá. Villiers viviu máis de cinco meses como camarada dos pescadores lusos e amosa a súa historia e experiencia a bordo do Argus a través de impactantes fotografías.

A Garda Civil e a Policía Local de Baiona reforzarán a vixilancia para evitar botellóns

Baiona afronta a súa primeira fin de semana da tempada estival cun dispositivo especial coordinado entre a Policía Local e a Garda Civil para evitar os botellóns.

Baiona recupera a ‘movida’ co festival ‘La Recta’ que nace con clara vocación de continuidade

A 'movida viguesa' dos anos 80 non so se cinguiu á cidade olívica, senón que tivo un efecto de dinamización musical e cultural que se deixou sentir nos municipios circundantes especialmente en Baiona na que, da man de empresarios e empresarias de 'la recta' que co seu traballo e esforzo conseguiron posicionar a localidade en parada obrigatoria do roteiro da famosa movida 'ochentera'.

Zona Franca realizará un plan estratéxico para Nigrán, Baiona e Gondomar

O Consorcio da Zona Franca poñerá en marcha o desenvolvemento dun plan estratéxico de Nigrán, Gondomar e Baiona e a comarca do Val Miñor. O delegado do Estado, David Regades, asinou onte no Parador de Baiona un acordo cos tres alcaldes.

O aparcamento do Aral de Baiona abrirá 24 horas

O aparcamento municipal do Aral de Baiona amplía o seu horario de servizo a 24 h a partir de hoxe día 1 de xullo durante toda a tempada estival.

O Concello de Baiona informa sobre o programa de viaxes do Imserso

O Concello de Baiona, a través da súa Concellería de Servizos Sociais, que xestiona a edil, Concepción Vara Rodríguez, informa que mañá 1 de xullo, ábrese a inscrición para presentar as solicitudes para participar no Programa de Turismo do Imserso para a tempada.

Dúas alumnas do CPI Cova Terreña, gañadoras do IV e V Concurso literario infantil e xuvenil de Baiona

O salón de plenos do Concello de Baiona acolleu o acto de entrega ás alumnas gañadoras do CPI de Cova Terreña do Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia (CPEIG) e a Consellería de Cultura e Educación.

Os rapaces do grupo de maiores do proxecto ‘Vincúlate’ de Baiona, visitan a protectora ‘Os Palleiros’

O día 23 de Xuño, o grupo dos maiores do proxecto Vincúlate, acompañados pola responsable do proxecto no concello e pola responsable de ADA intervencións, tivo a oportunidade de visitar a protectora Os Palleiros, de onde veñen os cans cos que traballan tódalas semanas dende hai tres meses.

Multiúsos-Mercado de Sabarís “un exemplo da recuperación do espazo público para as persoas”

“Un espazo cheo de vida, de vangarda, de cultura e de luz que abre as súas portas mostrando como si é posible facer actuacións sobresaíntes, pensadas co obxectivo de recuperar o espazo público para as persoas”. Así se pronunciou esta tarde a presidenta da Deputación, Carmela Silva, nos actos de inauguración do novo Multiusos-Mercado de Sabarís, en Baiona.

A subdelegada preside a Xunta Local de Seguridade de Baiona xunto ao seu alcalde

A subdelegada de Goberno, Maica Larriba, presidiu hoxe xunto ao alcalde de Baiona, Carlos Gómez, a Xunta Local de Seguridade desta localidade. Na reunión tamén estiveron presentes o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil en Pontevedra, Simón Venzal, e o xefe da Policía Local.

Baiona propon catro días de cervexa artesá, música e comida na ‘I Festa da Cervexa Artesá de Baiona «A Pinta»’

Case 40 clases de cervexa ao alcance de calquera que se achegue ao Parque da Palma entre o vindeiro xoves, 24 de xuño, e o domingo, 27. Esa é a interesante proposta da 'I Feira da Cervexa Artesá de Baiona «A Pinta»', organizada polo Concello de Baiona –a través da Concellería de Cultura–, e a Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.

Baiona reafirma a súa aposta pola mellora de infraestruturas municipais cun investimento de máis de medio millón de euros

As actuacións para financiar este ano en Baiona a través da liña uno do Plan Concellos da Deputación xa están decididas. O Goberno que preside o socialista Carlos Gómez, investirá un total de 587.342,89 € en distintos proxectos entre os que se atopan os grandes investimentos que levarán a cabo ao longo do ano no municipio.