Martes, 4 Novembro de 2025

Baiona

O xoves 22 a Casa da Navegación de Baiona acolle a conferencia ‘O turismo en Baiona de Galicia: o nacemento do sector turístico local’

O vindeiro xoves, 22 de xullo ás 20:00 h, o Auditorio da Casa da Navegación acollerá a conferencia 'O Turismo en Baiona de Galicia: o nacemento do sector turístico local' a cargo de Víctor Miguel Fernández, Máster en Dirección Internacional do Turismo.

Os participantes de ‘Vincúlate’ reciben a visita dos integrantes do proxecto socioeducativo ‘EncaixaT’

Os participantes do proxecto 'Vincúlate' recibiron unha visita moi especial: un grupo de 16 mozos e mozas de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, que forman parte do proxecto socioeducativo EncaixaT, levado a cabo polo Servizo de Educación e Apoio Familiar do Concello de Tomiño. Os tomiñeses e tomiñesas quixeron coñecer de primeira man o funcionamento deste pioneiro programa 'Vincúlate' posto en marcha polo Concello de Baiona.

Feira de antigüidades e concerto do cuarteto de saxofóns ‘Lítore. Proxecto Alén’, dúas propostas do Baiverán para esta fin de semana

Este sábado 17 de xullo o Paseo Pinzón de Baiona acollerá durante todo o día unha Feira de antigüidades e coleccionismo onde, nos diferentes postos, veciñanza e visitantes poden atopar dende libros antigos ata mobles, obxectos de decoración, pintura, reloxos antigos, moedas e obxectos varios. Desde as 09:00 ata as 21:00 h.

Baiona denuncia o “deixamento” da Xunta a hora de limpar a maleza que invade a PO-552, vía de entrada ao municipio

O mantemento da estrada PO-552 chamada A Foz do Miñor, ou entrada norte ao Concello de Baiona, é competencia da Xunta pero, o departamento autonómico de estradas “non fai os deberes”. Así o expresa, o alcalde Carlos Gómez, quen decidiu facer público o malestar do Goberno local polo que considera "desidia e abandono por parte da Xunta".

As mulleres participantes no programna ‘Emprégate dende a Igualdade’ de Baiona, comezan hoxe as súas prácticas

A acción formativa Actividades Auxiliares de Comercio, organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona dentro do marco do programa Emprégate dende a Igualdade, entra na súa recta final. Esta formación, composta por 170 horas teóricas e 40 horas de prácticas non laborais en empresas, pretende dotar ás participantes das habilidades e coñecementos necesarios que lles permita desempeñar un emprego no sector do comercio.

Os nenos da Escola de Verán do Concello de Baiona visitan a praza de abastos

Os nenos da Escola de Verán do Concello de Baiona, cuxo programa se desenvolve no CPI Cova Terreña, acudiron á praza de abastos da vila acompañados polas súas monitoras, polo alcalde, Carlos Gómez, e a concelleira de igualdade, Yasmina Moreira.

Baiona instala iluminación LED para aforrar e mellorar a eficiencia enerxética

Baiona continúa coa renovación da iluminación pública do municipio, un proxecto impulsado desde a Concellería de Iluminación Publico do Concello, que como explica o concelleiro Óscar Martínez "está a supoñer a renovación da luminaria eléctrica da iluminación pública do municipio cun cambio a tecnoloxía LED".

O Baiverán ofrece unha xeira sobre as ‘Orixes do Monasterio de Oia. Ermitaños en San Cosme’ a cargo de Anxo Rodríguez Lemos

Dentro das actividades que ofrece este verán o Concello de Baiona dentro da súa axenda cultural Baiverán, atópanse catro roteiros guiados organizados polo IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) que permitirán ás persoas participantes coñecer o patrimonio de Baiona e a súa contorna da man de expertos.

Fin de curso nos obradoiros de AFAGA en Baiona

O Multiusos Anxo Bedriñana acolleu o acto de fin de curso do programa de Estimulación Terapeútica e do taller de “Cultiva a túa Mente”, organizados pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Baiona en colaboración con AFAGA.

Baiona levará a pleno unha modificación orzamentaria para humanizar o espazo urbano

O Concello de Baiona levará ao pleno do próximo xoves 14 de xullo unha modificación orzamentaria de ao redor de 400.000 euros.

Comenza o II Ciclo de Conferencias “O FALAR DAS PEDRAS” en Baiona

Comeza o II Ciclo de Conferencias "O FALAR DÁS PEDRAS" que se impartirán todos os martes de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís, en Baiona, ás 20:30 horas.

Baiona ofrece visitas guiadas gratuítas para reactivar o sector turístico

O Concello de Baiona aposta esta nova tempada estival por diferentes iniciativas coas que dar a coñecer a riqueza patrimonial e cultural do municipio con diferentes programas de visitas gratuítas e coas que reactivar o sector turístico tras a Covid-19.