Martes, 1 Xullo de 2025

Baiona

A Arribada adáptase á época Covid

Sempre que as medidas para adoptar pola Xunta de Galicia ante a Covid durante a primeira fin de semana de marzo (4, 5 e 6 de marzo) permítano, Baiona celebrará o 529 Aniversario da Arribada da Carabela Pinta.

O Plan ReacPon da Deputación impulsarán a remodelación da contorna do Paseo de Pinzón de Baiona

“A inversión da Deputación en Baiona na anterior lexislatura foi de 6,5 millóns de euros e a da Xunta de Galicia 1,8 millóns. Creo que con iso dicímolo todo”. Con esta rotunda afirmación o alcalde Carlos Gómez agradeceu á administración provincial o esforzo do Plan ReacPon.

Baiona mellora a accesibilidade a Belesar

O Concello de Baiona, culminou os traballos de mellora da accesibilidade na zona da Figueira no Urgal, parroquia de Belesar. A obra, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada por un importe de 43.497,10 euros.

O CIM de Baiona amplía o horario de atención de servizo de asesoramento xurídico e psicolóxico gratuíto

A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona incrementa o horario semanal de asesoramento xurídico e asesoramento psicolóxico do Centro de Información á Muller (CIM).

Baiona achegará 36.000 euros ao ano para o transporte metropolitano da área de Vigo

O Concello de Baiona rubricou a renovación do convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de Vigo.

Obradoiros de “teatro para a vida” no Auditorio V Centenario de Baiona

A aula de Teatro de Baiona oferta dous obradoiros de “teatro para a vida”. As persoas interesadas poderán participar nos mesmo en horario de mañá, os martes de 11:00 a 12:30 horas, ou de tarde, os xoves de 20:00 a 21:30 horas.

Baiona inaugura a pista de xeo gratuíta da Praza do Concello, “icona do Nadal na localidade”

Baiona suma desde esta mañá unha nova atracción do Nadal coa inauguración e apertura ao público da pista de xeo da praza do concello "icona do Nadal na localidade".

Baiona suspende a programación do Nadal no Auditorio Municipal e no Multiusos Mercado de Sabarís

O Concello de Baiona decidiu suspender os actos organizados no Auditorio Municipal V Centenario e o Multiusos Mercado de Sabarís. Esta decisión tomouse ao supoñer estas aglomeracións de persoas en sitios pechados unha posible ameaza para a saúde pública.

A Deputación concede subvencións para retirar simboloxía franquista

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Patrimonio e do departamento de Memoria Histórica, axudará a seis concellos da provincia (Baiona, A Guarda, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Salceda de Caselas) a retirar simboloxía franquista de diferentes construción no seu espazo público.

Baiona cancela as Badaladas de Fin de Ano

O Concello de Baiona decidiu suspender as Badaladas de Fin De Ano para evitar riscos de posibles contagios nuns actos de alta aglomeración de persoas e nos que non se pode garantir o uso da máscara.

Arriba a Baiona o barco ‘pirata’ «Wodnik»

A carabela Pinta ten nestas datas compañía no pantalán Cristobal García Sarmiento, lugar habitual de atraque xa que, xunto a ela atópase agora amarrado o barco pirata Wodnik. O baionés Pipo Vilar foi o artífice da parada deste navío en terras baionesas. O Wodnik partiu desde Cádiz, pasou por Palos de la Frontera e arribou no día de onte á vila mariñeira.

O XXII Cros Escolar do Val Miñor mantén a inscrición aberta ata o vindeiro 15 de decembro

O domingo 19 de decembro, a contorna do antigo campo de fútbol de Santa Marta será o escenario no que se dispute o XXII Cros Escolar do Val Miñor, proba que abrangue dende a categoría chupete ata a xuvenil e que farán saídas escalonadas.