Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

O Goberno de Redondela pon en marcha medidas específicas de axuda ao sector hostaleiro

O Concello de Redondela poñerá en marcha medidas de axuda específicas dirixidas ao sector da hostalaría que, nesta nova onda da COVID-19 e a situación de confinamento perimetral, será o grande prexudicado ao ter que pechar as súas portas, alomenos, durante un mes. A alcaldesa Digna Rivas, acompañada da concelleira de Comercio, María Castro e do concelleiro de Turismo, Daniel Boullosa, mantivo unha reunión na Casa do Concello con representantes do sector coa finalidade tanto de escoitar as súas propostas como dar conta dalgunhas das medidas que o Goberno local porá en marcha, de xeito inmediato.

A Xunta intervén no problema de Aucosa grazas á presión veciñal e ao traballo do Goberno de Redondela

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, comunicou esta mañá ao Concello de Redondela, a decisión de suspender temporalmente a entrada de materia prima na planta de Aucosa ata que non estean instalados os novos equipos que eliminen o problema dos malos cheiros denunciados, reiteradamente dende hai máis dun ano, tanto por parte dos veciños e veciñas coma do Concello de Redondela.

O Concello de Redondela reafirma a súa aposta pola posta en valor do patrimonio coa recuperación da Fonte da Raíña, en Cedeira

O Concello de Redondela deu por concluídos os traballos de recuperación da Fonte da Raíña, elemento patrimonial situado na parroquia de Cedeira –preto do Camiño Portugués pola Costa– e situado dentro da contorna de protección de outros elementos de patrimonio cultural da zona.

O Goberno local da resposta a unha demanda histórica de Cesantes coa instalación dun semáforo na N-550 preto do CEIP Outeiro das Penas

O Concello de Redondela instalará un semáforo na estrada N-550 nas inmediacións do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes, dando resposta dese xeito a unha demanda histórica da veciñanza e mellorando a seguridade viaria nunha zona que rexistra un alto tránsito de peóns xa que é paso obrigado do Camiño de Santiago e do alumnado e familias do CEIP Outeiro das Penas.

O BNG cualifica a adquisición dos terreos do antigo Colexio Igrexa como “moi positiva para Chapela”

O BNG de Redondela cualificou de "moi positiva para Chapela" a adquisición dos 1.500 metros cadrados do antigo Colexio Igrexa que, segundo o portavoz nacionalistas, Xoán Carlos González, "convértese nun recurso máis nas compensacións de Fomento da ampliación da autoestrada".

O Grupo do PSdeG-PSOE leva ao Parlamento galego a calamitosa situación da Avenida Mendiño de Redondela

A deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Leticia Gallego, visitou esta tarde Redondela para coñecer, in situ, a desastrosa situación en que se atopa a Avenida Mendiño e dar a coñecer que, por parte do grupo socialista e sobre este tema, se presentarán dúas preguntas na Mesa do Parlamento.

Redondela pon en marcha RedondelaMercaNaCasa, plataforma para posicionar ao comercio local e fomentar o servizo a domicilio

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Comercio que xestiona María Castro, ultima nestes días o redeseño da plataforma web RedondelaMercaNaCasa co fin de que sexa “unha ferramenta útil que permita dinamizar e visibilizar o comercio local”. Para iso, sinala a concelleira, crearase un directorio na rede de todos os establecementos dos diversos sectores produtivos de Redondela “para englobar nun mesmo espazo ao noso comercio e posicionalo na web” como ferramenta para afrontar os tempos complexos que marca a pandemia da COVID-19.

O convenio entre Concello de Redondela e Audasa permite adiantar os traballos para que Chapela conte con novos espazos públicos para uso da cidadanía

O Pleno de Redondela deu o xoves luz verde –cos votos a favor do PsdeG-PSOE, AER e BNG e o voto en contra do PP– ao convenio de colaboración entre Audasa e o Concello de Redondela polo que a concesionaria da AP9 revirte a favor do Concello a parcela sobrante da expropiación das obras de ampliación da capacidade da autoestrada, na que se atopaba o antigo colexio Igrexa e a cambio do valor ou prezo que lle correspondería ao consistorio redondelán pola expropiación levada a cabo por Audasa da parcela onde se sitúa o edificio do antigo centro de saúde de Chapela, actualmente edificio de Correos.

Redondela pechará a restauración o venres a partir das 15 horas e entrará no novo confinamento perimetral da zona de Vigo

A alcaldesa de Redondela expresou hoxe a súa total colaboración coa Consellería de Sanidade naquelas medidas que se adopten coa finalidade de poñer freo a escalada da Covid-19. Digna Rivas, que mantivo esta mañá unha conversa co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que “é o momento de traballar todos xuntos na procura dunha solución a esta grave crise sanitaria”.

Novembro encherá Redondela de bolboretas no mes da eliminación da violencia contra a muller, en memoria das irmás Mirabal

O Concello de Redondela desenvolverá, ao longo do mes de novembro, unha serie de actividades con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller, que se celebra o 25 de novembro e no que o Goberno local quere involucrar á cidadanía “porque só a acción conxunta de todos e todas, conseguirá a eliminación desta lacra social”, dixo a alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade, Digna Rivas.

Redondela reforzará a vixilancia dos protocolos anticovid nos cemiterios e chama a “minimizar” o tempo de visita

“A responsabilidade individual da cidadanía ante a festividade de Todos os Santos é a ferramenta máis importante que temos para frear a onda de contaxios que estamos a padecer”, afirmou hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, en vésperas dunha das celebracións máis sentidas polas veciñas e veciños que enchen os cemiterios, tanto municipais coma parroquiais, para honrar aos seus defuntos.

O Goberno de Redondela amosa a súa satisfacción pola supresión da peaxe de Rande anunciada polo Goberno do Estado

O Concello de Redondela vén de amosar a súa satisfacción polo anuncio do Goberno do Estado de incluír nos Orzamentos Xerais unha partida de 1,5 millóns de euros para a supresión da peaxe Redondela-Vigo, “unha peaxe a todas luces inxusta e que as e os redondeláns tivemos que sufrir durante moitísimos anos”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas.