Martes, 1 Xullo de 2025

Redondela

Chapela e Redondela homenaxearán a Xela Arias con actos nas alamedas Rosalía de Castro e Castelao

As actividade, organizadas polas concellerías de Normalización Lingüística e Cultura buscan poñer en valor a figura da poetisa e tradutora á quen neste ano se dedica o Día das Letras Galegas

Trasladadas dúas persoas implicadas nun accidente de tráfico en Redondela

Dúas persoas precisaron ser trasladadas logo de sufrir un accidente de tráfico cos seus vehículos, no concello pontevedrés de Redondela.

As Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela superan as previsións máis optimistas da organización

As Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela que se desenvolven ata o vindeiro domingo día 16 de maio, pecharon o seu primeiro fin de semana cun éxito que superou as previsións máis optimistas das e dos organizadores, tal e como confirmaron ao Concello de Redondela algúns dos establecementos hostaleiros que participan nesta iniciativa.

Redondela organiza unha actividade de kaiak educativo-ambiental pola enseada de San Simón

A Concellería de Medio Ambiente de Redondela, dentro da posta en valor dos espazos naturais da rede Natura 2000, pon en marcha saídas en kayak para coñecer e gozar dun espazo natural único no mundo.

Redondela reestrutura os Servizos Sociais municipais “para reforzar e axilizar o servizo á cidadanía”

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Redondela, que xestiona directamente a alcaldesa Digna Rivas, será obxecto nas vindeiras datas dunha fonda reestruturación que permita “axilizar este servizo esencial e reforzar a súa capacidade de resposta ás necesidades da veciñanza”.

A Deputación financiará gastos correntes en Gondomar, Mondariz, As Neves Nigrán e Redondela

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas do Plan Concellos para dotar de recursos aos municipios da provincia, neste caso cun investimento de 508.131 euros ao abeiro da Liña 2, destinada a financiar amortizacións, pagamento de débedas, gastos correntes e actividades socioculturais.

As Bibliotecas Municipais de Redondela premian ás e aos Mellores Lectores do Ano

Con motivo das celebracións en torno ao Día do Libro e do Libro Infantil as Bibliotecas Municipais de Redondela distinguiron, como en edicións anteriores, aos lectores, menores e maiores de 14 anos, que maior uso realizaron do servizo de préstamo no pasado ano, atendendo aos datos que rexistraron as súas estatísticas.

Benigno Campos, este domingo, no showcooking das Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela

O cociñeiro de Larpeiros, Benigno Campos, será o invitado de honra no showcooking que o domingo se desenvolverá na carpa situada diante da Casa do Concello de Redondela e dentro das actividades das Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela.

Comezan os showcooking das Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela

Pucho Barciela e Gilda Pires, foron os encargados de abrir, onte venres 7 de maio, as actividades do showcooking das Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela que terán a súa continuidade hoxe sábado e pasado mañá domingo. Na carpa situada diante da Casa do Concello veciñas e veciños poden aprender de man de profesionais de recoñecido prestixio, diversas formas de preparar un produto que, na baía de San Simón, acada niveis de excelencia.

O paseo do río Maceiras, en Redondela, pechado entre o 10 e 14 de maio por obras menores

Dentro do plan anual de mantemento das zonas fluviais do Concello de Redondela, nos vindeiros días pecharáse ao acceso público o paseo do río Maceiras para realizar obras menores consistentes na recolocación dos muros de contención que sufriron danos polos enchentes do inverno e o acondicionamento do firme.

Cruz Vermella Redondela atendeu a máis de 400 persoas no municipio durante o 2020

O vindeiro sábado 8 de maio, Cruz Vermella Española celebrará o Día Mundial da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella, que conmemora o aniversario do nacemento do seu fundador, Henry Dunant, baixo o lema “De la sociedad para la sociedad”.

A Vía Verde, proxecto estrela da EDUSI Redondela 2020, será presentado mañá xoves en Chapela

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, presentará este xoves, 6 de maio ás 19 horas na alameda de Chapela, as obras de acondicionamento da vía férrea en desuso para Vía Verde de esparexemento peonil e ciclista. A rexedora estará acompañada polos redactores do proxecto, a empresa NAVES Arquitectura.