Mércores, 17 Setembro de 2025

Redondela

Unha trintena de voluntarios participarán na #GranRecogida2021 do Banco de Alimentos en Redondela

Unha trintena de voluntarios participarán na #GranRecogida2021 que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo levará a cabo en supermercados de Redondela, do mesmo xeito que noutras superficies comerciais da provincia.

Manoel Souto Lorenzo con «Libre», gañador do certame de fotografía do Obradoiro Fernando Monroy de Redondela

Manoel Souto Lorenzo, coa intantánea 'Libre', obtivo o galardón á mellor fotografía no certame do Obradoiro Fernando Monroy correspondente ó ano 2021 e recollerá o diploma correspondente o vindeiro sábado (18:00 h) na gala de entrega que se celebrará no Círculo Cultural e Deportivo de Cesantes.

Magosto en Ventosela o sábado 13 de novembro organizdo pola Plataforma Sinha PACA e o Concello de Redondela

A Plataforma de Activistas Culturais e Artistas de Redondela, Sinha PACA, e o Concello de Redondela, a través da Concellaría de Cultura que xestiona Iria Vilaboa, veñen de organizar un Magosto, o terceiro que celebra a Plataforma, o vindeiro sábado 13 de novembro, na parroquia de Ventosela.

O Centro Cultural de Saramagoso, no Viso, programa un concerto de música tradicional para o sábado 13 de novembro

O Centro Cultural de Saramagoso, conxuntamente coa Sociedade Cultural do Viso e o Concello de Redondela organizan para o vindeiro sábado 13 de novembro ás 18 h un concerto no que a musica tradicional é a protagonista.

O Programa Integrado de Emprego da Asociación de Empresarios de Redondela péchase cunha inserción laboral do 64 %

A Asociació de Empresarios de Redondela destacou o alto grado de calidade do emprego acadado polas persoas participantes no Programa Integrado de Emprego da entidade: o 80 % dos contratos das persoas participantes no programa integrado de emprego da asociación de empresarios de redondela 2020/21 cumpre os criteríos de calidade do emprego esixidos pola Xunta de Galicia.

O Conservatorio de Redondela acolle, entre o 11 e 13 de novembro, unha ‘masterclass’ de dirección orquestral

Dous nomes de recoñecido prestixio internacional na dirección orquestral, Sander Teepen e Martien Maas, músicos ámbolos dous dos Países Baixos, serán os encargados de desenvolver entre os días 11 e 13 de novembro, unha máis que atractiva masterclass de dirección Orquestral que terá lugar no Conservatorio redondelán organizada pola Orquestra de Saxos de Redondela

A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolle hoxe a presentación da reedición do libro ‘Chapela, de onte a hoxe’ de Gonzalo Mencía

A biblioteca Xela Arias de Chapela acolle este vindeiro mércores, 10 de novembro ás 19 horas, a presentación da reedición do libro Chapela, de onte a hoxe de Gonzalo Mencía, traballo do que esgotáronse os exemplares da primeira edición realizada, hai tempo polo Concello de Redondela.

A Xunta incorpora ao Catálogo de árbores senlleiras unha sobreira de Redondela

A Xunta de Galicia acaba de incorporar ao Catálogo galego de árbores senlleiras dous novos exemplares, concretamente, unha sobreira localizada no concello pontevedrés de Redondela e un castiñeiro situado no de Lugo.

O Goberno redondelán reitera que acata a decisión da Dirección Xeral de Patrimonio con respecto ás obras da Praza de Ponteareas

O Goberno local de Redondela lembrou onte, a raíz do achado dun muro de contención do século XIX nas obras de humanización da Praza de Ponteareas, que o Concello “carece de competencias en materia patrimonial, correspondendo estas á Dirección Xeral de Patrimonio (DXP) que é a que marca a pauta a seguir nestes casos”. Polo tanto o Goberno que preside Digna Rivas reitera o acatamento da decisión adoptada pola DXP con respecto ás anteditas obras.

Arealonga recupera a súa memoria fotográfica a través dun panel situado no paseo marítimo

O Concello de Redondela acaba de instalar un panel no paseo marítimo de Arealonga que recolle parte da memoria fotográfica desta zona de Chapela. A foto central, da autoría de Pacheco, retrata a paisaxe mariñeira e, ao seu arredor, se incluíron outras fotografías coas que se busca recuperar a memoria e a tradición marítima de Chapela.

O rock de ‘Desertores’ e as letras de Xela Arias protagonistas do concerto que o grupo vigués ofrecerá no Multiúsos de Chapela

O grupo vigués de rock Desertores, ofrecerá un concerto mañá venres, 5 de novembro, no Multiúsos O Piñeiral do Crego de Chapela, no que presentarán o libro-disco 'Cancións' que recolle as letras que, para os primeiros temas do grupo, escribiu Xela Arias.

Cabeiro e Chapela ‘bautizan’ os seus parques infantís con nomes de persoeiros “comprometidos coa lingua e cultura galegas”

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, continúa desenvolvendo a iniciativa posta en marcha polo SLN tendente a dar visibilidade –neste caso entre os máis pequenos e pequenas– aos homes e mulleres que amosaron o seu compromiso coa lingua e cultura galegas.