O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que dirixe Vicente Lamas, comezou este pasado venres os traballos de reforzo e mantemento das labores de rozado e limpeza desenvolvida, dende o mes de xullo, polas brigadas contratadas polo concello para esta labor.
“Un programa para todas as idades, equilibrado nos seus contidos, dirixido ao público familiar e cun claro protagonismo das nenas e nenos que son os que con máis intensidade e ilusión viven estas datas”. Así cualificou a concelleira de Cultura, Iria Vilaboa, o programa de Nadal 2021-2022 que hoxe foi presentado pola propia concelleira e a alcaldesa Digna Rivas.
O vindeiro sábado 20 de novembro, ás 11 horas, a antiga feira de gando de Redondela, na Avenida Mendiño, acollerá unha charla e demostración práctica sobre o funcionamento das biotrituradoras portátiles para compostaxe recentemente adquiridas polo Concello, maquinaria que será prestada ás veciñas e veciños que así o soliciten.
O Pleno do Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia de Redondela, reunido na mañá de hoxe no Multiúsos da Xunqueira –lugar de celebración habitual dos Plenos da Corporación Municipal– baixo a presidencia da alcaldesa Digna Rivas, puxo enriba da mesa as principais preocupacións dos mozos e mozas que, ao longo da sesión, foron trasladadas ao Goberno para o seu estudo e posta en marcha.
A Casa da Cultura de Redondela acollerá, hoxe xoves 18 de novembro, ás 19 horas, a presentación do libro A árbore dos vagalumes de Xulia María Barros, autora natural da parroquia redondelá de Cesantes.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e a concelleira de Igualdade, Iria Lamas, presentaron na mañá de hoxe nas instalacións do IES Mendiño, o programa que se desenvolverá con motivo do 25N.
O Concello de Redondela vén de sumarse, como ven sendo habitual ao Mes da Ciencia en Galego que, dende hai anos, celébrase en Galicia coincidindo coa celebración do Día Internacional da Ciencia o 10 de novembro, unha iniciativa coa que a comunidade científica busca concienciar sobre o uso da ciencia para a paz e o desenvolvemento.
Carla Acosta, alumna do IES Illa de San Simón de Redondela foi hoxe a encargada de representar ao grupo da mocidade redondelá 'Axentes do Cambio' no Pleno que onte se celebrou no Parlamento de Galicia e no que mozos trasladáronlle á Xunta diversas propostas e iniciativas sobre aqueles temas de interese para a mocidade.
A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Redondela camiña cara a súa aprobación inicial algo que, segundo os cálculos do Goberno local, podería producirse nos primeiros meses do vindeiro 2022.
O Pleno extraordiario da Corporación Municipal de Redondela aprobou este mediodía –cos votos a favor do PsdeG-PSOE, PP e BNG– e o voto en contra de AER, o convenio de adhesión do municipio ao Transporte Metropolitano da Área de Vigo, o que permitirá abaratar o prezo do transporte público para a veciñanza.
O proxecto ZOSTECO, liderado pola Universidade de Vigo, e no que participa o Instituto de Hidráulica Ambiental de Cantabria, organiza, en colaboración co Concello de Redondela, unha xornada de presentación dos resultados obtidos.
Unha trintena de voluntarios participarán na #GranRecogida2021 que a Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo levará a cabo en supermercados de Redondela, do mesmo xeito que noutras superficies comerciais da provincia.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.