Venres, 4 Xullo de 2025

Redondela

O Arealonga FS entrega os premios do seu torneo

O XVII Torneo de Fútbol sala de Chapela, organizado polo Arealonga FS, viviu o acto de entrega dos trofeos e medallas aos participantes. Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes de Pontevedra–Vigo da Xunta de Galicia e Nacho González, concelleiro de Deportes do Concello de Redondela, foron os encargados de entregar os premios deste torneo no que participaron 40 equipos.

Fin de semana case sin incidencias para a Policía Local de Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela realizaron diversos dispositivos nesta ponte. Nun dispositivo estático de control de vehículos e persoas, realizado xunto cun indicativo da Policía Nacional, procederon a sancionar administrativamente a un condutor, o cal circulaba co permiso de conducir caducado e non o habería renovado ao término da súa vixencia.

Aberta a matrícula para as clases gratuítas de Tai Chi en Redondela e Chapela

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Servizos Sociais que xestiona Iria Vilaboa, vén de poñer en coñecemento das persoas interesadas que, ata o vindeiro 1 de xullo, estará aberto o prazo para inscribirse nas clases gratuítas de taichi.

O Concello lamenta que a Xunta “limpe a medias” os treitos do Camiño de Santiago que atravesan municipio

O Concello de Redondela vén de enviar un requirimento á Xunta de Galicia para que os traballos de roza que está a desenvolver no Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio, “inclúan tamén a retirada dos restos vexetais derivados de ditas labores” a fin de non “facer unha limpeza a medias”.

O Multiusos da Xunqueira de Redondela reivindica a eliminación da violencia machista

A fachada lateral do Multiusos da Xunqueira de Redondela convértese nun lugar de reivindicación a prol da eliminación da violencia machista mediante un excepcional mural realizado pola artista Elisa Capdevila.

Redondela instalará no paseo da Xunqueira paneis informativos sobre as Fogueiras e a Festa de San Xoán

“Son parte da nosa tradición ancestral e como tal, debe ser posta en valor”. Con esas palabras definiu a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, que xestiona Alberto Álvarez, de colocar ao longo do paseo da Xunqueira unha serie de paneis informativos.

A Concellería de Turismo organiza novos roteiros para dar a coñecer o patrimonio cultural e natural de Redondela

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, xestionada por María Castro Abad, vén de dar a coñecer o programa das novas rutas guiadas que se desenvolverán dende este mes de xuño e ata o vindeiro mes de outubro.

Redondela presenta o programa para conmemorar o Día LGTBIQ+

O Concello de Redondela vén de presentar o programa de actos que, con motivo da conmemoración do Día LGTBIQ+, se desenvolverán entre o luns 27 de xuño e o xoves 30 de xuño.

O Concello pon en coñecemento da veciñanza a suspensión da feira do 21 de xuño

Mañá martes, 21 de xuño, non se celebrará o tradicional mercado quincenal de Redondela ao estar ocupado, o seu lugar emprazamento, polas atraccións da Festa da Coca.

Redondela mantén a súa aposta polo Meirande potenciando a súa web cunha completa visita virtual

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela, que xestiona María Castro Abad, vén de dar un novo paso na posta en valor do Meirande –Centro de Interpretación da Batalla e Patrimonio Cultural de Rande.

Accidente sen vítimas na N-555 á altura de Cedeira, Redondela

Axentes da policia local de Redondela interviron, na mañanciña de hoxe, nun accidente de tráfico acontecido na estrada de Cedeira. Os feitos aconteceron pasadas as doce da noite cando os axentes recibiron o aviso de que un vehículo saírase da calzada na N-555 nos límites da antedita parroquia redondelá.

A largometraxe “Welcome to ma maison” proxectarase en Redondela e Ponteareas

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará desde esta fin de semana, os días 18, 19, 25 e 26 de xuño, a súa cuarta sesión coa proxección nos concellos de Poio, Cambados, Ponteareas, Forcarei e Redondela da película “Welcome to ma maison”.