Venres, 4 Xullo de 2025

Redondela

O Concello retira o tráfico pesado en tránsito do casco urbano

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, deu a coñecer a decisión do Goberno que preside de retirar o tráfico pesado, en tránsito, polo casco urbano redondelán, unha medida que permitirá axilizar ao máximo a circulación de vehículos e diminuír a conflictividade que tales transportes poidan ocasionar, unha medida que non afectará ao tránsito de autobuses de liña regular.

«A Memoria da Illa de San Simón» busca que a veciñanza coñeza polo miúdo o papel da illa no contexto da Guerra Civil e...

O Concello de Redondela, a través das Concellerías de Turismo e Normalización Lingüística, que dirixen María Castro e a alcaldesa Digna Rivas, respectivamente, vén de poñer en marcha o programa «A Memoria da Illa de San Simón».

O Concello lamenta os actos vandálicos de que foi obxecto o campo de fútbol de Chapela

O Concello de Redondela lamentou os actos vandálicos de que foi obxecto o Campo de Fútbol de Chapela, propiedade da Comunidade de Montes da antedita parroquia “e prestará a súa colaboración para dar coa persoa ou persoas responsables dos feitos”.

Redondela recupera a normalidade para o seu Entroido de Verán

“Recuperamos a normalidade e o Entroido de Verán volve ás rúas de Redondela logo de dous anos”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas na presentación desta auténtica festa de rúa que, durante dous anos estivo suspendida por mor da pandemia da Covid e que o día 20 de agosto “volverá con máis forza que nunca e cun programa apto para todos os públicos e no que os cativos e cativos contarán con moitísimas actividades especificamente deseñadas para elas e eles”.

Novos cursos de gratuítos de informática nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

A Concellería de Novas Tecnoloxías, que xestiona Olga García Ballesteros, vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados a oferta de cursos de informática, totalmente gratuítos, que se desenvolverán nos meses de setembro e outubro nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela.

Redondela na Copa do Mundo de Patinaxe de Gotinga

Catro veciñas de Redondela participarán na máis importante cita da patinaxe artística do 2022 como é a Copa do Mundo que se disputa na localidade alemá de Gotinga que deron comezo onte, día 8 de agosto e se alongarán ata o vindeiro día 13.

A Xunta promove un campo de voluntariado na Illa de San Simón

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou onte aos 14 mozos de entre 18 e 30 anos que participan no campo de voluntariado Illa de San Simón.

«Xoves na horta do Pousadouro», unha iniciativa do Concello de Redondela

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Turismo que xestiona María Castro, desenvolverá unha actividade encamiñada a poñer en valor tanto a horta ecolóxica existente no Pousadouro coma a súa apertura á cidadanía para que poidan coñecela e, ao mesmo tempo, iniciarsenas actividades produtivas sostibles e ecolóxicas.

Excursión guiada para coñecer mellor o patrimonio etnográfico de Covelo

O Concello de Covelo convida a coñecer parte do seu patrimonio etnográfico e participar na excursión "En Ruta Coñecer Covelo" o sábado día 13. A inscrición xa está aberta e poderase realizar contactando nos números de teléfono 646 600 059 / 629 14 17 15.

Redondela anuncia a posta en marcha dun novo Obradoiro Dual de Emprego

O Concello de Redondela vén de confirmar a concesión dunha subvención da Consellería de Promoción do emprego e Igualdade da Xunta de Galicia de 503.987,00 €, máis 55.465,00 € que aportará o propio Concello, para a realización dun novo obradoiro de emprego "Redondela Máis que Bela III".

A Xunta recoñece o traballo do Servizo de Normalización Lingüística de Redondela

O Servizo de Normalización Lingüística (SLN) do Concello de Redondela, dependente da concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de ver referendado o seu traballo coa concesión dunha subvención de 6561,57 € da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, publicada no DOG do pasado 26 de xullo.

Clausurados os obradoiros de emprego ‘Redondela Máis que Bela II’ e ‘Redondela TIC II’

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asistiu aos actos de clausura dos dous obradoiros de emprego Redondela Máis que Bela II e Redondela TIC II, que permitiron que preto de 50 persoas en situación de desemprego acadasen unha adecuada cualificación profesional a través dunha iniciativa que combina as clases teóricas con traballos prácticos que redundan en beneficio da cidadanía.