A Concellería de Novas Tecnoloxías do Concello de Redondela oferta cursos de balde para os meses de maio e xuño, unha serie de accións formativas nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela en horarios de mañá.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, vén de reunirse hoxe con representantes de Audasa, a Asocición de veciños de Chapela, a Asociación de veciños de Trasmañó e a Asociación de Afectados pola AP9 para anunciar o proxecto final que recolle tódalas alegacións feitas polos mesmos colectivos para unha correcta compensación polos viais danados.
A Concellería de Servizos Públicos Básicos, que xestiona Vicente Lamas e na que se inclúen os Servizos Eléctricos, está desenvolvendo un ambicioso plan de renovación e modernización do alumeado público das parroquias de Redondela para substituír as actuais luminarias por outra dotadas de tecnoloxía LED.
O laboratorio creativo de desenvolvemento de proxectos cinematográficos Conecta Lab, promovido pola Deputación de Pontevedra e CREA e que conta con financiamento europeo a través dos fondos Next Generation, abre as súas portas na Illa de San Simón.
O Concello de Redondela acondiciona os tramos da Senda da Auga que pasan polo municipio, unha actuación necesaria ao ser un lugar esquecido dende máis de 20 anos e que se atopa degradado polo paso do tempo e o seu uso.
A Deputación pon en marcha unha nova edición de “Degusta Europa”, un programa co que a institución provincial conmemora o Día de Europa, efeméride que recorda cada 9 de maio a firma da “Declaración de Schuman” (1950), a través de degustacións gastronómicas en mercados e prazas de abastos da provincia.
O Concello de Redondela transforma o parque de San Esteban de Negros, un espazo pensado para a vida social da veciñanza que inclúe instalacións infantís e para adultos.
O Concello de Redondela organizou o primeiro evento musical na recentemente estreada Praza de Ponteareas. O pasado domingo día 2, ás 18:00 horas da tarde, 1500 veciños acudiron ao concerto de María do Ceo para gozar do espectáculo neste renovado e amplo espazo.
O Concello de Redondela quere poñer en valor os seus recursos naturais, culturais e patrimoniais e para iso ofrece unha Semana Santa con actividades e roteiros pensadas para todas as idades. A nova oficina de turismo situada na Rúa Queimaliños, lugar estratéxico por situarse en pleno camiño de Santiago, supón unha excelente mellora en en o servizo e atención aos turista, e sobre todo ao Peregrino.
O Concello de Redondela fai balance das inversións realizadas durante este mandato, reflexando que a Deputación de Pontevedra financiou case o 40 % das obras realizadas durante estes 4 anos. Segundo explica a alcadesa de Redondela, Digna Rivas, os datos reflexan “un novo insulto á cidadanía de Redondela” ao constatar que nos Orzamentos da Xunta de Galicia durante os últimos 3 anos, “contempláronse tan só 340.000 euros, menos de 100.000 euros ao ano”.
O Concello de Redondela colabora co CEIP plurilingüe de Cedeira e a Biblioteca Municipal na organización do proxecto Espallar Tinta que terá lugar na Alameda de Castelao durante o 29 e 30 de marzo. A inciativa recolle durante dous días os proxectos de máis de 1.200 nenos e nenas dos distintos cursos dos colexios de Educación Primaria e infantil do municipio para presentar a modo de feira de escritura as súas producións escritas (noticias, contos, poemas, regueifas...).
O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) adxudicará a finais do mes de maio as obras de reposición dos viarios afectados pola obra de Ampliación de Capacidade da AP-9, no tramo comprendido entre as ligazóns do Morrazo e Teis, no termo municipal de Chapela (Redondela).
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.