Venres, 18 Xullo de 2025

Redondela

Cesantes celebra o domingo unha homenaxe aos mestres Carmen Barreiro Seoane e Óscar Rey Belle

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de Redondela organiza, para este vindeiro domingo, 23 de abril un acto de homenaxe aos mestres Carmen Barreiro Seoane e Óscar Rey Belle, acto que terá lugar no Centro Cultural de Cesantes ás 12 horas e que contará coa participación do grupo de gaitas Airiños de San Simón. A homenaxe quere lembrar o traballo que fixeron, durante anos, para "alimentar as mentes" de tantos nenos e nenas de Cesantes.

A Deputación estrea “Degusta Europa” en Redondela

Lacón prensado con grelos á feira, arroz negro con chocos de alioli, sopas de burro canso, larpeira de sobremesa e ponche de Sansón, ou queimada 4.0. O programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa” arrancou na Praza de Abastos de Redondela

Mavi, a maleta viaxeira, chega a Tui

Mavi, a maleta viaxeira contra a violencia de xénero, está até finais de mes na Biblioteca Municipal de Tui. É unha iniciativa promovida pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da subdelegación do Goberno en Pontevedra que conta neste caso coa colaboración da concellería de Igualdade do Concello de Tui e da Biblioteca Pública Municipal.

Datos récord de turismo en Semana Santa en Redondela

A Concellería de Turismo do Concello de Redondela era optimista na previsión de aumento de visitantes coa apertura das novas instalacións nun lugar estratéxico, como é a rúa Isidoro Queimaliños, paso abrigado de peregrinos no seu camiño a Santiago de Compostela.

Fin da primeira edición de Conecta Lab

Tras dez días de intenso traballo e cunha ampla programación, Conecta Lab, o laboratorio audiovisual de CREA e da Deputación chegou hoxe ao seu fin coa celebración do Encontro Perspectivas - Miradas de xénero no cine.

Redondela acolle unha nova edición de Artelixo

Un cento de obras e proxectos, co denominador común de estar elaboradas con materiais de refugallo, toman Redondela enchéndoa de orixinalidade e reevindicación.

A Illa de San Simón acolleu o debate sobre a situación do cinema no norte de Portugal

André Guiomar, presidente de APNEIA (Associação de Produtores Nortenhos e Empresários Independentes de Audiovisual), Luís Costa, membro de APNEIA e produtor de Olhar de Ulisses, e Mafalda Rebelo, de Cimabilo Filmes, debateron onte pola tarde na Illa de San Simón sobre a situación do cinema no norte de Portugal e as posibilidades de coprodución e colaboración entre Galicia e o país luso.

“As nosas Conquistadoras” homenaxea a mulleres destacadas das parroquias de Redondela

“As nosas Conquitadoras” nace como continuación da xa coñecida exposición “Conquistadoras” do Concello de Redondela.

Digna Rivas presenta o seu equipo para as eleccións municipais

Esta fin de semana, Digna Rivas, presentaba o seu equipo para as eleccións municipais do 28M coa intención de dar a coñecer máis de preto as persoas coas que traballará os vindeiros 4 anos.

Volve «Redondela Xoven» para a mocidade redondelá

O Concello de Redondela anuncia a apertura dun novo espazo no Multiusos da Xunqueira dedicado á mocidade. Estrearase co inicio do programa Redondela Xoven 2023 e estará ubicado nunha das zonas máis utilizadas polos máis novos. O espazo servirá para a xuntanza libre, pero tamén para a organización de obradoiros de balde por parte do Concello.

Redondela presenta un obradoiro sobre trastornos alimentarios

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela presenta o Obradoiro Prevención dos Trastornos da Conducta Alimentaria desde unha perspectiva de xénero, unha iniciativa que a alcaldesa Digna Rivas cualificaba como “fundamental para a prevención de ditos trastornos nas idades de maior risco”.

Ciclo de Cinema Galego hoxe en Redondela

O Servizo do Normalización Linguistica do Concello de Redondela presenta a proxección de ‘Beiras, vivir 2 veces’' hoxe venres 14 de abril, ás 19:30 horas no Multiúsos da Xunqueira.