Venres, 9 Maio de 2025

Redondela

A Xunta remite ao Concello de Redondela o convenio para a humanización da Avenida Mendiño

O Concello de Redondela vén de recibir, para a súa posterior sinatura, o convenio de colaboración para o proxecto de “Mellora da Seguridade viaria e reaordenación da PO-363. Treito Redondela–Praia de Cesantes” cuxa execución corresponde a Axencia Galega de Infraestruturas e que suporá unha transformación total desta céntrica zona.

Protección Civil de Redondela percorre as parroquias informando á veciñanza con especial atención as persoas maiores que viven soas

Voluntarios e voluntarias de Protección Civil percorren as parroquias de Redondela para atender ás necesidades das veciñas e veciños durante a crise do COVID-19, unha labor que vai dende ofrecer información á veciñanza das medidas de protección que teñen que adoptar para evitar o contaxio, ata ocuparse especialmente daquelas persoas maiores que viven soas.

Esta semana entrará en funcionamento o semáforo próximo ao colexio de Angorén en Chapela

O Goberno local de Redondela anunciou hoxe a inminente posta en marcha do semáforo situado nas inmediacións do CEIP Alexándre Bóveda de Angorén, Chapela, unha vella demanda veciñal que foi das primeiras accións realizadas ante o entón Ministerio de Fomento polo novo equipo de Goberno.

O BNG de Redondela propón un proxecto “máis ambicioso” para o novo edificio polivalente de Chapela

A proposta de construción dun novo edificio multiúsos nos terreos anteriormente ocupados polo colexio Igrexa, “debe ser máis ambiciosa para Chapela”, asegura o BNG de Redondela que lamenta que se deixara derrubar o inmoble "sen un estudo rigoroso de rehabilitación". A proposta nacionalista pretende que ese edificio "manteña un claro contido asociativo e cultural, incluíndo novas dependencias para Servizos Sociais".

O servizo contra incendios inicia a desinfección do CAPD de Chapela logo de terse detectado un positivo en COVID-19

O Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios, a instancias da Xunta de Galicia, comezou hoxe a desinfección dos exteriores do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela, no marco do operativo activado a nivel galego nas residencias de maiores, persoas con discapacidade e centros de saúde de 200 concellos galegos. Mañá mesmo unha empresa contratada pola Xunta de Galicia procederá tamén a limpeza do interior.

O Goberno de Redondela atrasa o cobro do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica

O Concello de Redondela anunciou hoxe a posta en marcha de modificacións no pago de diferentes impostos ou tributos locais co fin de dar facilidades á cidadanía trala declaración do estado de alarma polo Goberno Central. O Equipo de Goberno adiantou que, entre as medidas adoptadas, está atrasar o cobro do imposto de vehículos de tracción mecánica, período de pagamento que tería que comezar o vindeiro 6 de abril e que queda prorrogado ata próximo aviso.

Redondela reforza o servizo de a limpeza e desinfección en rúas e espazos públicos

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, anunciou a posta en marcha, dende este luns, de medidas de reforzo aos equipos de hidrolimpeza e desinfección que xa viñan actuando en Redondela dende o inicio do estado de alarma. Ao servizo que funcionaba ata agora, engádese un camión de emerxencias para as rúas e prazas tanto do casco urbano coma das parroquias, e un vehículo máis pequeno que se ocupará de realizar os traballos de desinfección nas rúas secundarias.

Redondela prioriza a tramitación de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello

O Concello de Redondela vén de tomar as medidas oportunas para “priorizar ao máximo posible” o pagamento de facturas ás persoas e empresas provedoras do Concello. A medida adoptada polo Goberno que preside Digna Rivas, busca “que os nosos provedores e provedoras non teñan problemas de liquidez e poidan manter a súa actividade laboral e empresarial nestes tempos complicados”, explica a alcaldesa de Redondela.

O lavadoiro da subida da Buraca, en Chapela, último traballo do alumnado do obradoiro de emprego ‘Redondela Sostible’

Os alumnos e alumnas da especialidade de carpintería do obradoiro de emprego de garantía xuvenil 'Redondela Sostible', traballaron arreo e fixeron un último esforzo para, antes de que fora decretado o estado de alarma polo Goberno da nación, rematar a estrutura do tellado do lavadoiro situado na subida da Buraca, na parroquia de Chapela.

Redondela habilita medidas extraordinarias de protección para Policía Local, Emerxencias e Protección Civil

Dotar á Policía Local das maiores medidas de protección posibles é o obxectivo dun protocolo de actuación posto en marcha polo Equipo de Goberno do Concello de Redondela e que será de aplicación, tanto no traballo que desenvolven os axentes na rúa, como no interior das dependencias policiais. O mesmo protocolo será válido, agás as normas específicas, para o SEIS (Servizo de Emerxencias e Incendios en Redondela).

Redondela activa un servizo de axuda aos colectivos de especial vulnerabilidade

O Equipo de Goberno do Concello de Redondela segue adoptando medidas non só para evitar a propagación do coronavirus, senón tamén para axudar aos colectivos máis vulnerables como persoas maiores que vivan soas ou aqueles de especial vulnerabilidade que miran agravada a súa situación polo confinamento nas súas vivendas.

Policía Local e Nacional de Redondela traballan na vixilancia das medidas adoptadas para evitar a propagación do coronavirus

Policía Local e Policía Nacional de Redondela traballan, de xeito coordinado, na vixilancia do cumprimento das normas marcadas no estado de alarma decretado polo Goberno Central para evitar, na medida do posible, a propagación do coronavirus, controlando o peche dos establecementos e recomendando a veciños e veciñas que permanezan nas súas casas.