Venres, 9 Maio de 2025

Redondela

O Concello de Redondela lembra a prohibición de realizar fogueiras de San Xoán en todo o municipio

O Concello de Redondela vén de lembrar a prohibición de realizar fogueiras de San Xoán en todo o termo municipal. O Goberno local considera que ao longo desta crise sanitaria “quedou demostrado que as concentracións humanas son un dos principais focos de contaxio”.

Unha patrulla da Policía Local de Redondela evita o que podería ter sido unha desgraza na AP-9

A rápida actuación dunha patrulla da Policía Local de Redondela na tarde de onte, deixou nun susto o que podería ter sido unha desgraza na AP-9 ao conseguir deter, con grave risco dos axentes, un vehiculo que circulaba en dirección contraria pola antedita autopista.

Redondela entrega os premios do I Concurso Interescolar de Poesía Visual de Chapela

O Auditorio de Chapela acolleu o acto de entrega dos premios do I Concurso Interescolar de Poesía Visual, unha iniciativa impulsada polo poeta David Fernández Rivera froito dos talleres de poesía visual que impartiu, neste curso escolar, nos centros educativos de Chapela.

Redondela presenta os actos da semana LGTBIQ+, “nunha aposta pola diversidade, a dignidade e o respecto”

A Alameda de Redondela, co banco pintado coas cores do Arco da Vella, distintivo do colectivo LGBTBIQ+, foi o lugar elixido pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas para presentar os actos que se desenvolverán ao longo de toda a semana “nunha aporta por dar visibilidade a este colectivo e nunha aporta pola diversidade, a dignidade e o respecto”, dixo a alcaldesa.

Redondela manterá pechados os parques infantís e áreas biosaudables

O Concello de Redondela manterá pechados os parques infantís e zonas biosaudables do municipio ata que se estuden, por parte dos técnicos municipais, as posibilidades da súa apertura paulatina e controlada, unha apertura que “dende logo non é a que propón a Xunta de Galicia, dun día para outro, adoptando medidas que afectan aos concellos pero, como é habitual, sen contar para nada coa opinión dos propios concellos”, asegurou hoxe a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

As Bibliotecas de Redondela abren as súas salas de estudo

As Bibliotecas de Redondela abriron este luns, 15 de xuño, assalas de estudo, unha apertura que se fai respectando o aforo, cumprindo sempre a distancia interpersoal e a limpeza e hixiene axeitados.

Redondela esixe á Xunta unha “reunión urxente” para tratar o problema de Aucosa

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar, mantiveron unha xuntanza na mañá do venres coa veciñanza de Cabanas e Chapela que reclama o traslado de Aucosa, empresa dedicada á transformación de derivados do peixe, a un polígono industrial xa que, ao entender de afectados e afectadas, o planeamento vixente en Redondela só permite o establecemento de “industrias limpas” nesa zona limítrofe coa Rede Natura 2000.

Redondela ‘tira de imaxinación’ para celebrar, este xoves e domingo, a súa Festa da Coca máis virtual

Ao igual que aconteceu cos Maios, a Festa da Coca, a cita máis tradicional de Redondela, terá que adaptarse as circunstancias extraordinarias que marca a pandemia da COVID-19 e optar pola adopción de iniciativas imaxinativas que permitan que, aínda que de xeito diferente, veciñas e veciños poidan gozar desta celebración tradicional.

Redondela pon en marcha un programa pioneiro en España de concienciación en materia de prevención da COVID-19

O Centro Cultural de Cedeira foi o lugar elixido polo Concello de Redondela para presentar un programa de concienciación cidadá en materia de prevención contra a COVID-19. A iniciativa, pioneira en España e que se desenvolve ao abeiro do programa ‘Maiores Contaxiando Responsabilidade’, busca a formación de grupos de maiores –Equipos de Maiores de Concienciación Cidadá (EMCC)– en todo o relativo á prevención do coronavirus tanto dende o punto de vista sanitario coma de seguridade ou social.

A Policía Local de Redondela instrúe dilixencias ao Xulgado de Garda por un presunto delito contra a Seguridade Viaria

Axentes da Policía Local de Redondela procederon, procederon por segundo día consecutivo, a instruir dilixencias ao xulgado de Garda por un presunto delito contra a seguridadeviaria logo de deter a un vehículo cuxo condutor nunca tivera permiso de conducir.

O Concello de Redondela e Artelixo ‘en pé polo planeta’

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente e o colectivo Artelixo veñen de facer un chamamento á participación da cidadanía nun acto que promovido a nivel mundial pola entidade Hope! quere ser unha chamada á reflexión sobre o cambio climático.

A Feira de Redondela retoma a súa actividade o sábado 6 de xuño con preto de 160 postos

O vindeiro día 6 de xuño, a Feira de Redondela retomará a súa actividade logo dunha suspensión de case que dous meses provocada pola crise sanitaria da COVID-19 e pola declaración do estado de alarma e volverá a celebrarse, como era habitual, os días 6 e 21 de cada mes.