Martes, 5 Agosto de 2025

Comarcas

O concello da Guarda propón á rede Ágora o proxecto de humanización da Praza Nova

O concello da Guarda forma parte da rede Ágora da Deputación de Pontevedra que ten como finalidade gañar espazos peonís, conseguindo converter estes espazos en focos de atracción das persoas e configurar vilas e cidades amables.

O Concello da Guarda reuniu aos seus portavoces para apoiar a permanencia do emprego na fábrica IMERYS

O pasado mércores 10 de febreiro o alcalde, Antonio Lomba reuniuse na Casa do Concello cos portavoces dos grupos municipais do PP, GMS, BNG e Converxencia Galega. Nesta reunión trasladouse aos portavoces a contestación remitida por IMERYS (antigas Cachadas) á moción debatida no último Pleno, en relación as transformacións na produción que se están introducindo na fábrica e que preocupan aos traballadores.

“O Entroido volverá” o vídeo que convida a Gondomar a manter viva a súa celebración

A produción audiovisual anima a veciñanza nestes momentos que vivimos lembrando que é algo pasaxeiro, e que o Entroido, unha festa tradicional no municipio, só toma un pequeno descanso porque “as máscaras, o que se sente, encérranse nun baúl que pronto se volverá a abrir en Gondomar, onde a rúa bailará, a xente cantará e todo pasará…”.

Nigrán ampliará as axudas ao sector hostaleiro, a empadroados co negocio fora do municipio e a non empadroados con negocio en Nigrán

O Concello de Nigrán ampliará o criterio das axudas ao sector hostaleiro para que inclúa tamén como beneficiarios aos autónomos empadroados no municipio pero con negocio fora da localidade e viceversa (autónomos non empadroados en Nigrán pero con negocio no municipio).

O Concello realizará un estudo de avaliación da xestión das augas residuais na zona costeira do Rosal, en San Xian e Portecelo

O Concello vén de manter unha segunda reunión con Augas de Galicia para abordar a situación da xestión das augas residuais na zona costeira do Rosal, nos barrios de San Xian e Portecelo, unha problemática sobre a que a administración municipal amosa preocupación por como afecta aos veciños e veciñas

A Deputación protexe un noiro na estrada de Nigrán a Vincios ao detectar signos de erosión trala vaga de lumes de 2017

A estrada provincial EP-2102, que une Nigrán con Vincios, recuperou a normalidade tralo remate das obras de consolidación dun gran noiro que estaba a sufrir os efectos da erosión. A Deputación actuou preventivamente para evitar desprendementos e instalou unha estrutura metálica de protección cunhas obras de emerxencia valoradas nuns 31.000 euros.

Protección Civil de Tomiño realizou máis de 2.000 horas de servizo no 2020

A Agrupación de Protección Civil de Tomiño recibiu a pasada semana unha tenda de campaña, un novo equipamento para reforzar o labor de atención cidadá e que servirá para a labores de atención e asistencia en distintos operativos como a colocación de postos sanitarios en eventos deportivos ou a realizacións de Plans de Actuación Municipais en situacións de emerxencia.

Baiona retomará o mercadillo de Sabarís o luns 22 de febreiro de confirmase a tendencia á baixa na COVID

A Concellería de Comercio e Mercado do Concello de Baiona informa de que de confirmase a boa tendencia á baixa, en canto á incidencia de Covid-19 no municipio, o vindeiro luns 22 de febreiro retomarase o mercadillo semanal dos luns de Sabarís.

O PSdeG-PSOE de Ponteareas aposta por continuar coas humanizacións no casco urbano e a mellora de entornas peonís nas parroquias do concello

A Xunta de Goberno da deputación de Pontevedra celebrada esta semana aprobou un paquete de axudas para mellorar a mobilidade, así como aumentar o espazo adicado os peóns, este plan conta con unha dotación de máis de 2,4 Millóns de Euros para a redacción de proxectos e execución de obras.

A Xunta investirá 900.000 euros no mosteiro de Santa María de Oia para rehabilitar “un dos maiores bens” do Camiño Portugués pola Costa

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe o Mosteiro de Santa María de Oia, onde anunciou que a Xunta de Galicia ten previsto levar a cabo un proxecto de rehabilitación cun investimento de preto de 900.000 € na igrexa. Esta actuación permitirá mellorar as condicións de humidade e resolver os problemas da falta de mantemento e conservación deste importante BIC do Camiño Portugués da Costa.

Os centros educativos de Tomiño celebran un entroido adaptado ás circunstancias

A difícil situación actual derivada da pandemia do COVID-19 impediu que este ano se puidesen celebrar o tradicional Venres de Foliada de Tomiño e o recoñecido Entroido de Goián, mais o espírito do entroido puido manterse este ano nos centros educativos do municipio adaptándose ás circunstancias e de xeito que se puidese cumplir cos protocolos sanitarios.

Redondela executará ata o final de mandato proxectos por preto de 5 millóns de euros coa axuda dos fondos europeos

O Concello de Redondela investirá ata final deste mandato, preto de cinco millóns de euros en distintas actuacións desenvolvidas ao abeiro da Estratexia DUSI, un programa que comezou no 2016 e que busca implementar accións que convertan Redondela nunha cidade amable, conectada e competitiva, tomando o patrimonio ambiental, histórico e cultural como eixe vertebrador da actividade económica, tanto no propio modelo de desenvolvemento sustentable da cidade como modelo de intervención do espazo público.