Mércores, 6 Agosto de 2025

Comarcas

A Xunta reforza a atención á muller e as accións de prevención de violencia de xénero nas bisbarras de Baixo Miño, o Condado e...

A Xunta de Galicia vai reforzar a atención á muller e o desenvolvemento de accións de prevención da violencia de xénero, fomento da conciliación e sensibilización na igualdade ao longo do presente exercicio nas bisbarras de Pontevedra e Caldas.

O Concello de Mos informa da desestimación do recurso de apelación do procedemento xudicial polos recibos da auga falsos

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, informa de que foi desestimado o recurso de apelación presentado polo Concello o pasado 23 de novembro, sobre os presuntos delitos de suplantación de identidade e falsedade documental por parte da Comunidade de Montes de Tameiga no caso dos recibos falsos da auga, preparados para enviar por correo aos domicilios mosenses xusto antes das eleccións municipais de 2019.

O Concello de Oia xa solucionou o 95% das incidencias recibidas a través da app Línea Verde

O Concello de Oia ten solucionado o 95% das incidencias recibidas a través da aplicación Línea Verde, un servizo que permite á veciñanza comunicar desde o teléfono móbil calquera tipo de incidencia no ámbito municipal.

Ponteareas acolle a campaña ‘Únete ao reto’ que procura o fomento da reciclaxe en 15 concellos

O Concello de Ponteareas será un dos quince concellos galegos que acollan a campaña 'Únete ao reto', promovida por Ecoembes e a Xunta de Galicia. Esta campaña, que se levará a cabo durante os meses de febreiro, marzo e abril, procura o fomento da reciclaxe de envases de plástico, latas e bricks.

A Deputación inicia a petición do Goberno local as obras de mellora da rúa San Xoán de Arcal

Persoal da Deputación de Pontevedra desenvolve, nestes días, traballos de mellora na rúa San Xoán de Arcal, traballos solicitados polo Concello de Redondela á administración provincial, ante o estado as numerosas deficiencias que presentaba esta vía, non só para o tráfico rodado, senón para a circulación de peóns.

A Asociación de Alfombristas de Ponteareas apoia a candidatura do mestre Rogelio Groba ao premio Princesa de Asturias das Artes

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas vén de amosar o seu apoio á candidatura do mestre ponteareán, Rogelio Groba ao Premio Princesa de Asturias das Artes, un galardón que promove e difunde o patrimonio universal dos valores científicos, culturais e humanísticos. O Premio "sería un extraordinario recoñecemento para unha persoa que, como o mestre Rogelio Groba, manifestou ao longo de toda a súa vida un exhaustivo coñecemento e un profundo amor pola cultura musical, tanto polo seu recoñecemento no plano nacional, como para a difusión da súa riqueza patrimonial no exterior".

Vila Nova de Cerveira suspende toda a actividade cultural, deportiva e recreativa organizada ou apoiada polo Concello ata o 30 de xuño

Fronte á incerteza epidemiológica se pode dar nos próximos meses, o Concello de Vila Nova de Cerveira aprobou por unanimidade, na reunión deste luns, a suspensión de todas actividades culturais, deportivas e recreativas organizadas e/ou apoiadas polo Concello ata o vindeiro 30 de xuño de 2021.

AFAGA imparte en Baiona un programa de estimulación terapéutica para persoas maiores

O Concello de Baiona en colaboración con AFAGA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia) está a impartir un Programa de Estimulación Terapéutica para persoas con necesidades específicas do que se están beneficiando veciños e veciñas do municipio. Os talleres diríxense a persoas co obxectivo de desenvolver a estimulación cognitiva e funcional, ao mesmo tempo que se proporciona apoio aos familiares coidadores.

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteare abre de novo hoxe mércores no seu horario habitual

A Biblioteca Pública Municipal informa que, seguindo as medidas establecidas pola Xunta de Galicia no DOGA do luns 15 de febreiro, mañá mércores 17 volverá abrir ao público recuperando o horario habitual de 09:00 a 21:00 h.

O Concello do Porriño achega unha axuda de 60.000 euros ao Porriño Industrial

O concelleiro de Deportes do Concello do Porriño, David Alonso e a presidenta do Porriño Industrial, María Gracia Paniccia, asinaron hoxe o acordo polo...

EU Ponteareas pide ao Goberno local que “aclare” a súa intención respecto á xestión da auga

Esquerda Unida quere que o Goberno de Ponteareas explique á veciñanza cal é a intención do executivo con respecto ao futuro da xestión do ciclo da auga no concello. Esquerda Unida lembra unha vez máis o compromiso adquirido por todos os partidos que están na corporación "de iniciar o proceso de remunicipalización da xestión da auga proposto por Esquerda Unida e aprobado por unanimidade na anterior lexislatura".

A Guarda contará cun Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais (PMPDIF)

O Concello da Guarda acaba de recibir o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, e nas vindeiras semanas someterase a aprobación provisional, coa posterior exposición pública e audiencia dos interesados ( veciños e comunidades de montes) que poderán consultar e incorporar as alegacións que estimen pertinentes.