O Concello de Redondela non celebrará a feira do vindeiro domingo 21 de febreiro, ao non “darse cambios significativos na evolución da COVID-19 no termo municipal”. O responsable de Feiras e Mercados, Vicente Lamas e a alcaldesa, Digna Rivas, lembran que a situación de Redondela “segue a ser a mesma que hai dúas semanas, cando se suspendeu a feira do día 6”.
Nas últimas horas, o río Miñor presentou valores de caudal por riba dos limiares establecidos, polo que, desde o 112 Galicia, foron informados os servizos de emerxencias da zona para que adoptaren as medidas de prevención correspondentes.
A alcaldesa de Redondela Digna Rivas e o concelleiro de Parques e Xardíns, Alberto Álvarez, visitaron estaos xardíns da Xunqueira na zona situada na traseira do edificio dos xulgados, lugar onde o Concello realiza traballos de recuperación para dotar a Redondela dun novo espazo verde urbano para desfrute da cidadanía.
A Concellaría de Promoción Económica do Concello de Ponteareas e a Federación de Comercio, Hostalaría e Servizos, Banastra, están a ultimar os detalles para a posta en marcha da plataforma escaparate do comercio local de Ponteareas, 'Fai Ponte Con Nós'. Esta plataforma forma parte do plan 'Dixitaliza o teu negocio', que incluíu os pasados meses plans de formación e asesoramento individualizado para os comercios de Ponteareas e a planificación de estratexias empresariais adaptadas ao novo contexto.
O Concello de Nigrán, a través do grupo de traballo sobre discapacidad ‘Un Nigrán para todos’, celebrará o 20 de febreiro, Día Mundial da Xustiza Social, cunhas xornadas online dirixidas a abordar esta cuestión desde todos os seus ángulos.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Mocidade e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron de que o Concello atópase inmerso na redacción dun proxecto de mellora da zona de San Rafael (parroquia de Pereiras) na que se ubica a pista multideporte.
O Concello de Salceda de Caselas ven de estrear o seu centro terapéutico, ubicado na antiga escola de Vendanova, e que servirá para acoller as actividades de AFAGA no municipio.
AFAGA atende a persoas diagnosticadas de alzheimer ou outras demencias, nun programa xestionado a través dos servizos sociais.
O Concello de Nigrán pechou este mediodía o seu primeiro entroido telemático cun total de 36 grupos de conviventes participantes nesta iniciativa para poder festexar esta tradicional data na intimidade familiar e, polo tanto, sen risco sanitario.
A parlamentaria socialista Paloma Castro reclamou ao goberno galego "que teña en conta as peticións de investimentos en Salceda de Caselas: infraestruturas educativas e...
A guardesa Emilia Rodríguez (coñecida por todos como Milu), corredora da Sociedade Atlética do Trega de Tomiño, proclamouse o pasado fin de semana campioa de España de 20km marcha na categoría Máster-45, obtendo tamén o récord galego ao ser a primeira galega da súa categoría en enfrontar esta distancia.
As comisións informativas municipais de Urbanismo, Igualdade e Economía prepararán a orde do día do próximo pleno da corporación local que abordará como asunto máis relevante a creación do fondo de axudas económicas directas para hostaleiros, comercio e autónomos afectados pola crise derivada da pandemia.
A Biblioteca Pública do Rosal abriu hoxe, mércores 17 de febreiro, de novo as súas portas aos usuarios e usuarias. Tal e como establecen as autoridades sanitarias, esta instalación municipal reducirá o seu aforo ao 30% e continuarán aplicándose todos os protocolos de precaución establecidos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.