Mércores, 13 Agosto de 2025

Comarcas

Zona Franca realizará un plan estratéxico de Tui que analizará o seu tecido económico e ofrecerá ferramentas para a toma de decisións

O Consorcio da Zona Franca de Vigo poñerá en marcha un plan estratéxico sobre Tui e a súa comarca para analizar as oportunidades e aproveitar as súas fortalezas. O delegado do Estado, David Regades, reuniuse onte co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, para concretar a realización deste traballo de análise, que ofrecerá ferramentas para a toma de decisións.

Carmen Méndez busca nas Neves da man da Deputación, romper “o silencio cotián” fronte á violencia de xénero

O programa provincial de concienciación contra as violencias machistas 'Mulleres en Acción. Violencia Zero' pasou polo Concello de As Neves, cunha performance a cargo da artista Carmen Méndez, quen baixo o título 'Rompendo o silencio' deu voz ás mulleres que sofren todo tipo de violencia psicolóxica. A representación celebrouse na Casa da Auga con restricións de asistencia por mor da pandemia e contou coa presentación da deputada Iria Lamas; o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e a concelleira de Cultura, Rocío Barreiro. O acto foi retransmitido pola web da Deputación e as RRSS para garantir a súa difusión.

AER rexeita “a oposición desnortada” do Partido Popular de Redondela

A Agrupación de Electores de Redondela, AER, cualifocou de "desnortada" a oposición que realiza o PP de Redondela logo de que a súa portavoz "sen ningún tipo de rubor" gravara os postos de traballo do funcionariado das oficinas que o Concello ten en Chapela "onde hai información confidencial".

Martín de la Puente ofrece unha charla ao alumnado do CPI Cova Terreña

O alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI Cova Terreña asistiu por videoconferencia a unha charla-entrevista, ofrecida polo novo tenista vigués Martín de la Puente, no que lles explicou os pormenores da súa vida, da súa carreira deportiva e a forma en que afronta os restos aos que se enfronta tanto na vida como no deporte.

Os populares de Ponteareas solicitan un novo vehículo para bombeiros

O Grupo Municipal do PP solicitou ao responsable de Emerxencias e Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, un vehículo actual e moderno que permita ao servizo de Bombeiros de Ponteareas, que atende semanalmente centos de servizos en toda a comarca, “dispoñer dun vehículo con capacidade para efectuar os desprazamentos en condicións, poder chegar no menor espazo de tempo e atender as emerxencias que xorden”, explicou a portavoz local, Belén Villar.

O Pan do Porriño recibe a aprobación como Marca Española pola Oficina Española de Patentes e Marcas

A Asociación de Panadeiros do Porriño ven de acadar, tras un longo período de tramitación, a consecución por parte da Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, do rexistro como “Marca Española”.

Videoxogos e escape room educativo centran a nova oferta formativa da OMIX de Tomiño

O Concello de Tomiño oferta a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) dúas novas actividades formativas en modalidade online para o próximo mes de marzo a través das que as persoas participantes achegaranse a diferentes proxectos educativos cos videoxogos e un escape room como protagonistas.

O Concello agradece a colaboración dos cidadáns coa campaña de vacinación

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Seguridade, agradece "a colaboración e a paciencia dos cidadáns para que a campaña de vacinación para maiores de 80 anos que comezou hoxe no Centro de Saúde transcorra sen aglomeracións", segundo a concelleira, Lourdes Moure.

O Concello de Nigrán celebra, a través de ‘Un Nigrán para todos’, o Día Mundial da Xustiza Social cunha tertulia online este xoves

O Concello de Nigrán, a través do grupo de traballo sobre discapacidad ‘Un Nigrán para todos’, celebrará finalmente este xoves 25 ás 19:30 horas o Día Mundial da Xustiza Social cuxa efeméride foi o sábado 20.

Aparece o cadáver dunha persoa no interior dun pozo no Porriño

Os bombeiros do Baixo Miño, xunto cos voluntarios de Protección Civil do Porriño, participaron onte á tardiña no rescate dun cadáver, que apareceu no interior dun pozo no Cerquido, no Porriño.

Nova convocatoria de subvencións municipais ás comunidades de augas de consumo do Porriño

O Concello do Porriño anuncia as bases e convocatoria para a concesión de subvencións municipais ás comunidades de augas de consumo para o control sanitario, mantemento de instalacións e reparacións na rede de distribución durante o presente ano 2021.

Nigrán proxecta a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP Carlos Casares aproveitando a tomada municipal ao seu carón

O Concello de Nigrán consignará 7.000 € do orzamento municipal 2021 á redacción dun proxecto paisaxístico para crear un 'Bosque-Escola' no CEIP Carlos Casares aproveitando a parcela municipal ao su carón coñecida como 'Souto Casares'. O deseño correrá a cargo do programa #Mestradeobra que o colectivo galego Sistema Lupo ven realizando en colexios públicos de Galicia e que a comunidade educativa de Vilariño ten como referencia ao defender o xogo como o mellor método de aprendizaxe.