Os establecementos de hostalería do Porriño recibirán unha folla informativa para que coñezan as medidas que deben adoptar e para que teñan a información necesaria para descargar os códigos QR. Axentes da Policía Local e voluntarios de Protección Civil serán os encargados da distribución.
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller o vindeiro 8 de marzo, o Concello de Tomiño programou o espectáculo teatral Feminíssimas, que será interpretado o día 6 de marzo ás 20:00 horas no Auditorio de Goián, cumprindo coas máis estritas medidas e protocolos de prevención sanitaria.
O Concello de Ponteareas ampliou o sistema de cita previa telefónica e por internet ao servizo de renovación do DNI que presta a Policía Nacional na Casa do Concello cada dous meses. Este sistema de atención cidadá súmase ao de Estatística e Padrón onde se implantou no mes de agosto do pasado ano.
Arbo é un lugar de contrastes. A paz, a tranquilidade que lle envolve a Arbo, non son capaces de ocultar que, en realidade, trátase dun municipio dinámico.
Os tres ríos que bañan o municipio, Deva, Cea e Miño, confírenlle un microclima especial que non só permite practícaa de calquera actividade natural no municipio de Arbo permite aos visitantes gozar dunha excelente cultura, patrimonio e magníficas paisaxes en calquera época do ano.
Dende o 18 de xaneiro, unha veciña Cesantes busca sen descanso ao seu can Faruq, unha busqueda que, logo de preto de dous meses, segue sen dar resultado. A súa propietaria asegura que o can foi roubado e asegura que á semana da súa desaparición " recibín unha chamada anónima onde me dicían que o can estaba ben, pero que deixara de buscalo, que dende o primeiro día o tiña unha persoa, o levara para a súa casa e non tiña intención de devolvelo".
Logo de dous meses de suspensión, o sábado 6 de marzo, o mercado de Redondela volverá a retomar a súa actividade logo que, a diminución de casos activos por coronavirus, permitira que o municipio pasase do nivel 3 (máximo en canto a restricións) ao nivel 2 e, de seguir esa tendencia, o vindeiro venres podería baixar ao nivel 1 que eliminaría calquera restrición de mobilidade intermunicipal.
A Concellería de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, que dirixe Benito Márquez, informa que abre o prazo de inscrición dos novos cursos que oferta a Aula CEMIT ubicada no Centro Social na rúa Oriente.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, o Xefe da Policía Local de Mos, Gerardo Álvarez, o Secretario Municipal e a técnico municipal do Servizo de Asesoramento a Emprendedores da Axencia de Colocación do Concello de Mos, reuníronse onte para ultimar os detalles do Plan Local de Seguemento e Axuda á Hostalería.
A Policía Local de Ponteareas realizou este domingo unha inspección de terrazas en 18 locais de hostalaría da localidade para comprobar o cumprimento das normas sanitarias ditadas pola Xunta. Os axentes comprobaron que o 100% dos locais non cumprían coa norma establecida pola administración autonómica.
O Goberno local, a través da alcaldesa en funcións, Cristina Fernández Davila, informa da decisión de acometer determinadas obras no entorno da minidepuradora ubicada na Freixa para solucionar as incidencias na rede de saneamento nesa zona, “son obras que imos acometer de inmediato para solucionar as incidencias e chapuzas derivadas do que fixo no seu día o goberno do PP”, afirmou a alcaldesa.
O Pleno do Concello de Salceda aprobou por unanimidade a moción presentada de xeito conxunto polos tres grupos da corporación (MS, PSOE e PP), para instar á Xunta de Galicia a que proceda canto antes á ampliación do IES Pedras Rubias, así como á instauración de ensino postobrigatorio no municipio.
O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu na Casa Consistorial aos ciclistas do clube de BTT ‘Bicivoadores Val Miñor’ para trasladarlles o apoio do Concello tras inscribirse como asociación deportiva no Rexistro Municipal de entidades deportivas.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.