O Concello de Nigrán ofrece este venres 17 de novembro, ás 20:00 horas no auditorio municipal, a obra 'Balneario A Condesiña' de Atrezo Teatro, función encadrada no circuito galego de teatro amador 2023 e que inicialmente estaba prevista para este domingo 19.
A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira de Cultura, Lorena Soto, visitaron a obra de excavación dos castros ubicados en Soutolobre-Lourido.
Dar pulo ao galego dun xeito gráfico e orixinal. Ese era o obxectivo da convocatoria que o Concello do Rosal realizou entre o alumnado do CPI Manuel Suárez Marquier e que buscaba atopar un deseño creativo co ilustrar bolsas de tea que xa se repartiron entre toda a rapazada.
O grupo de goberno do Concello de Ponteareas presentou esta mañá os orzamentos para o ano 2024 que chegan a algo máis 20,9M de euros, cun saldo positivo a favor, logo de descontar os gastos, que ascenden a pouco máis de 19,4M de euros, de 1,5M de euros, a contía de perdas económicas contraída polo anterior goberno en 2022.
Estes obradoiros de ocio e tempo de lecer para crianzas son de carácter gratuíto e teñen como obxectivo principal facilitar a conciliación da vida persoal e laboral no período non lectivo.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Emprego e Participación Cidadá, Julia Loureiro, visitaron na Axencia de Colocación do Concello ás 25 participantes nas accións formativas enmarcadas no programa “Galegas Dixitais”.
O Concello de Nigrán repite este ano a campaña de Nadal "Agasallos de Corazón", destinada ao Banco Municipal de Xoguetes para repartir durante todo o ano entre familias usuarias dos Servizos Sociais.
Cumprir anos sempre é motivo de celebración, pero aínda o é máis se son máis de cen e ben cumpridos. É o caso de Bienvenida Lorenzo, a veciña máis lonxeva do Porriño, que xunto co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a súa familia soprou as velas do seu 101 aniversario.
Este mércores, 15 de novembro, lugar a presentación do libro “Ese vento que vai sobor da terra. A vida desmedida de Basilio Álvarez”, obra Miguel Cabo Villaverde, profesor de historia na Universidade de Santiago de Compostela editada pola Deputación de Ourense.
A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra que lle impuxo seis anos de cárcere a un condutor ebrio que o 19 de marzo de 2021 invadiu o sentido contrario de circulación e causou un accidente mortal en Salceda de Caselas, no que faleceron unha nai e os seus dous fillos menores de idade, de 13 e 6 anos.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.