Xoves, 21 Agosto de 2025

Comarcas

Arbo distribuirá 50 trampas contra a avespa velutina

O Concello de Arbo emprende novamente unha campaña de loita e erradicación da avespa velutina para intentar frear a expansión da avespa asiática. Para este fin poñerá a disposición dos veciños e veciñas de Arbo, de maneira gratuíta, 50 trampas e 100 botes de cebo financiados con cargos aos fondos propios do Concello.

A Escola de Billar de Ponteareas celebra o seu XIV aniversario organizando o Open de billar

A Escola do Billar Centro Artístico Sportivo de Ponteareas celebrase entre hoxe mércores 31 de marzo, venres 2 e sábado 3 de abril, o Open de billar como conmemoración do seu catorce aniversario, un campionato no que participarán un total de 53 xogadores. Da boa acollida da iniciativa fala o feito de que houbera que crear unha lista de agarda para aquelas persoas interesadas en participar e que quedaron fora ao completarse o aforo da sala.

Os medios de extinción traballaron toda a noite sobre incendio que afectou á nave de peixe en Ponteareas

Despois de toda unha noite de traballo, os medios de extinción, desprazados ata o incendio da nave de peixe en Ponteareas, conseguiron sufocar a totalidade do lume.

Mos ofrece á mocidade cinco días ininterrompidos de cultura urbana online

O Concello de Mos poñerá en marcha, durante esta Semana Santa, un programa online de actividades de cultura urbana que baixo o título 'Semana da Cultura Urbana nas redes' estará cargada de contidos para aprender e practicar Hip Hop, break, graffiti, Turntablism, Skateboard, Roller Skate, BeatBox ou Rap.

O Rosal xa notificou 320 limpezas de fincas nos últimos nove meses

O Concello do Rosal notificou dende mediados do pasado ano un total de 320 limpezas de fincas. Só nos últimos seis meses de 2020 foron notificadas 215 limpezas ás persoas propietarias dos terreos, labores de obrigado cumprimento segundo a Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. De todas as notificacións realizadas, 145 xa están limpas, mentres que 38 están pendentes de recibir algún permiso para poder levar a cabo a limpeza e outras 32 están pendentes de proceder á limpadura.

O Ministerio de Hacienda envía 15.500 notificacións de Catastro á veciñanza de Salceda

O Concello de Salceda de Caselas segue a atender á veciñanza afectada polo procedemento iniciado de oficio polo Ministerio de Hacienda a través do Catastro nos concellos de Mos, O Porriño, Bueu e Salceda. A oficina habilitada con catro persoas leva atendido xa máis de 600 notificacións nestas dúas semanas, que fundamentalmente responden a erros de titularidade e/ou medicións. A próxima semana a oficina funcionará tamén polas tardes, para poder deste xeito atender a un maior número de persoas.

A Guarda reafirma o seu compromiso coa compostaxe iniciando o reparto de máis de 200 composteiros individuais

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, continúa traballando na mellora da compostaxe na vila, neste caso co reparto de máis de 200 composteiros individuais, que xa se están a repartir entre os veciños que realizaron a súa socilitude.

Controlado o incendio que afectou a unha nave de tratamento de bacallau en Ponteareas

Os servizos de emerxencia que traballan na extinción dun incendio que está a afectar a unha nave de tratamento de bacallau en Ponteareas teñen o lume controlado, segundo informaron ao 112 Galicia os bombeiros de Ponteareas desprazados ata a zona do sinistro. O lume afectou a boa parte das instalacións aínda que, por fortuna, non se rexistraron danos persoais.

Tomiño instalará contedores de recollida de roupa de Cáritas

O Concello de Tomiño vén de asinar un convenio coa empresa de inserción laboral de Cáritas, Servicios Comerciales de Inserción Laboral, para a instalación de contedores para a recollida de roupa.

Técnicos do equipo de La Vuelta 21 visitan o alto de Herville

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto co ciclista mosense, Óscar Pereiro, único galego gañador dun Tour de Francia, técnicos do equipo de La Vuelta Ciclista a España, representantes da Comunidade de Montes de Herville e da Policía Local de Mos, o concelleiro da parroquia de Cela, Gonzalo Alonso, e o novo concelleiro de Deportes do Concello de Mos, José Areal, visitaron o alto de Herville para supervisar o enclave no que se instalará a meta da etapa 20 de La Vuelta 21 o vindeiro 4 de setembro.

O PP de Nigrán denuncia as irregularidades respecto á nova biblioteca

O PP de Nigrán mostra a súa indignación pola recente aprobación dun decreto por parte do goberno local onde concede unha prórroga de execución ao proxecto de construción da nova biblioteca, máis aló mesmo dos 5 meses marcados no proxecto.

O voluntariado ambiental xuvenil de Ponteareas retoma as actividades cunha limpeza na contorna

Este mércores 31, o voluntariado ambiental xuvenil de Ponteareas retoma as súas actividades convocando a veciñanza da vila a participar nunha nova limpeza nas beiras do río Tea. Neste caso, o punto de encontro será ás 17 horas na Ponte das Partidas, na parroquia de Moreira, dende onde se procederá á limpeza de residuos que se atopen na zona de praia e nos seus accesos.