Mércores, 13 Agosto de 2025

Comarcas

Mondariz proxecta “La hora bruja” para inaugurar o novo equipamento audiovisual do Auditorio

O Concello de Mondariz inaugura este venres, 30 de abril, o novo equipamento audiovisual que instalou no Auditorio do Centro Social cun filme que, malia non ser unha produción galega, está moi vencellado ao lugar porque se rodou alí: "La hora bruja" (Jaime de Armiñán, 1985).

O Concello do Porriño solicitará á Xunta o deseño e execución dun Plan de Vixilancia Ambiental da Actividade Mineira

O Concello do Porriño solicitará á Xunta de Galicia o deseño e execución dun Plan de Vixilancia Ambiental da Actividade Mineira. O acordo, adoptado por unanimidade pola corporación local no pleno municipal de abril celebrado onte, xurdiu a instancias do grupo EU SON que presentou unha moción con esta proposta referida á actividade mineira na parroquia de Budiño.

Maio chega ao Rosal cargado de actividades

Maio chega ao Rosal cargado de actividades culturais de balde para todos os públicos: monicreques, música, unha exposición e mesmo un espectáculo de tradición oral e palabras cruzadas con tres recoñecidos narradores.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, renuncia por razóns de saúde

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou no día de hoxe a renuncia ao seu cargo por razóns de saúde. Dende o pasado mes de decembro, Cristina F. Davila (BNG) viña ocupando a alcaldía como consecuencia da baixa de Represas por enfermidade.

Se somete a información pública o proxecto de mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400, no concello de Arbo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de acondicionamento e mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400, no concello de Arbo.

A Guarda acolle o Ciclo de concienciación medioambiental “Sostendo o futuro”

O Concello da Guarda pon en marcha un ciclo de actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.

O Goberno provincial rexeita a moción do PP sobre a reforma da piscina da Cañiza

O goberno da Deputación de Pontevedra rexeitará no pleno deste venres a moción do grupo popular, en palabras do portavoz Carlos Font, na que solicita á institución provincial a firmar un convenio para acometer a reforma da piscina da Cañiza.

O Concello de Nigrán ofrece o concerto da pianista Brenda Vida ao abeiro da programación do ‘Mes das Letras Galegas’

O Concello de Nigrán abrirá este sábado co concerto da pianista Brenda Vidal (Auditorio Municipal, 20:00 horas) a súa programación especial de maio, o mes das Letras Galegas. A actividade sociocultural destas catro semanas será intensa e variada adaptándose á realidade sanitaria de cada momento.

Tomiño concederá subvencións por valor de 90.000 euros a asociacións sen fins de lucro

O Concello de Tomiño concederá un ano máis subvencións a asociacións sen fins de lucro, que realizan actividades no ámbito cultural, deportivo e social.

Alexandro Bouzó presenta «Pensamiento contrafáctico» para clausurar o ‘Abril, mes dos libros’ en Ponteareas

Alexandro Bouzó, natural de Reboreda (Redondela) pero veciño de Santiago de Oliveira (Ponteareas) dende a infancia, presenta a súa primeira novela no marco das actividades que está a desenvolver a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas. Será o acto que peche o ciclo de presentacións de libros que leva todo o mes de abril a conmemorar o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor e que ten como denominador común a aposta polas escritoras e escritores do municipio.

O mercadillo dos sábados adiantase esta semana ao venres 30 de abril debido a que o sábado 1 é festivo

O Concello da Guarda informa que debido á celebración do Día do Traballador (1 de Maio), esta semana o Mercadillo dos sábados, que habitualmente...

Baiona renovará o alumeado público de varias zonas do rural para dotalas de tecnoloxía LED

O Concello de Baiona seguirá sumando tecnoloxía LED á súa rede de alumeado público. Para iso vén de publicar o anuncio de licitación para a renovación de dito alumeado en diferentes puntos do rural baionés. O concelleiro responsable da iluminación pública, Óscar Martínez Álvarez, explica que o contrato "inclúe a substitución dun total de 158 luminarias por tecnoloxía LED de alta calidade".