O cruce que conecta o centro de Gondomar coas estradas provinciais que dan servizo ás parroquias de Peiteiros, por unha banda, e Chaín-Morgadáns, pola outra, será humanizado cunha gran transformación que vai acometer a Deputación en convenio co Concello de Gondomar e que vai supoñer un investimento de 271.769 euros.
“Estamos ávidos de espectáculo”. Así o proclamaba o presidente da Cámara Municipal de Valença, Manuel Rodrigues Lopes, na presentación onte mércores 5 do MUMI 2021, o encontro profesional das músicas do Minho que se celebrará do 9 ao 11 de setembro. Xunto a el, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González e representando á organización do MUMI, César Cardoso e Manuel Vicente Roxo.
O Concello de Baiona vén de dar por rematados os traballos de mellora da accesibilidade no Camiño Lameiriño, na Granxa, parroquia de Belesar. A obra, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e con fondos propios do Concello, consistía na reconstrución dun muro de contención derrubado hai anos e que "presentaba un perigo para as familias que residen nesta zona, xa que dificultaba o acceso ás vivendas".
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, presentará este xoves, 6 de maio ás 19 horas na alameda de Chapela, as obras de acondicionamento da vía férrea en desuso para Vía Verde de esparexemento peonil e ciclista. A rexedora estará acompañada polos redactores do proxecto, a empresa NAVES Arquitectura.
O domingo 9 de maio ás 20:00 horas no auditorio Lois Tobío de Gondomar terá lugar a última montaxe ecénica da tempada. Cun prezo de 3,50 € por persoa de venda on-line no link https://taquilla.concellodegondomar.gal/.
A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia que o servizo de Atención Primaria dos concellos do Baixo Miño leva xa anos nunha situación de precariedade provocada principalmente pola falta de medios persoais e deficiencias nas instalacións.
O Concello de Nigrán rematará esta semana o asfaltado e ampliación das rúas Aldeite, A Igrexa e Balinfra, todas no núcleo de Camos, cun investimento de 43.000 € a través dunha subvención de Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) xa que tamén facilita o acceso a fincas agrícolas.
Rematadas as obras de mellora de camiños municipais en Corzáns e Pesqueiras, en Salvaterra de Miño. As obras incluídas neste proxecto consistiron na mellora da pavimentación de dous camiños municipais.
O Concello da Guarda denuncia o roubo da Pía da Fonte da Praza de Avelino Vicente, no casco urbano da vila. Trátase dunha peza de pedra con forma de concha que desapareceu nesta pasada fin de semana.
Ponteareas, por segundo ano consecutivo, participa nas Convergências Portugal–Galiza, que homenaxean a Rosalía de Castro e ao Zeca Afonso. Dentro do amplo programa de actividades este venres 7 de maio terá lugar a presentación do libro Alfredo Guisado. 'Xente d’a Aldea e outros textos das orixes' e, deseguido, a actuación do monologuista Quico Cadaval.
As rúas de Tui xunto a edificios coma os antigos xulgados na Praza da Inmaculada ou o Seminario Menor, están sendo dende onte luns o escenario da gravación da serie 'Un asunto privado' de Bambú Produccións, dirixida por David Pinillos e María Ripoll e creada por Teresa Fernández-Valdés, Ramón Campos e Gema R. Neira.
O Concello de Nigrán abre desde hoxe 5 ao 13 de maio o prazo para inscribirse na ‘Festa da Bicicleta’ que se celebrará como cada ano o 17 de maio cunha marcha circular polo litoral do municipio. Os interesados, empadroados ou non, deben escribir a [email protected] facilitando o nome completo de todos os participantes, teléfono e DNI.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.