O Centro de Interpretación do río Tea (CITEA) acolleu unha mesa redonda que serviu como presentación do proxecto CON_CIENCIA_TEA, posto en marcha pola Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo.
O alcalde da Cañia, Luis Piña e o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa asinaron hoxe un convenio para dotar ao Pavillón Municipal de Deportes dun vídeo marcador cunha pantalla led de 10 m2, e que contará cun orzamento de 20.000 euros.
A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaborarán para dotar o centro urbano dunha nova rúa que mellorará as conexións na vila e a mobilidade dos veciños, grazas a un investimento autonómico de 500.000 €.
Tomiño vai celebrar, un ano máis, o Día das Letras Galegas. Unha conmemoración moi especial que consistirá na montaxe dunha instalación colaborativa artístico-pedagóxica, denominada “ENTRELAZOS DA MEMORIA-Percorrendo emocións con Xela Arias”, coma homenaxe á escritora distinguida.
O Concello de Nigrán pecha este xoves 13 de maio o prazo para inscribirse na ‘Festa da Bicicleta’ que se celebrará como cada ano o 17 de maio cunha marcha circular polo litoral do municipio. Os interesados, empadroados ou non, deben escribir a [email protected] facilitando o nome completo de todos os participantes, teléfono e DNI.
Últimos días para visitar na Sala Municipal de Exposición a mostra “Estampas anagrámicas” que rematará este sábado, 15 de maio. A mostra está integrada por 72 láminas do ilustrador e debuxante tudense Rafael García Sánchez coa orixinalidade que cada debuxo, dedicado a unha persoa ou lugar, está realizado combinando as letras da cada palabra.
Tras ter retomado a actividade ao aire libre para maiores mediante o programa municipal no Paseo do Louro e no parque biosaudable da Pateira titulado ‘Activa – mos – nos’, o Concello de Mos traballa, coincidindo co fin do Estado de Alarma o vindeiro domingo 9 de maio, nunha programación deportiva e cultural para a volta á ‘nova normalidade’ da veciñanza de cara ao vindeiro mes de xuño, que será cando se inicien as actividades.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novas achegas do Plan Concellos para dotar de recursos aos municipios da provincia, neste caso cun investimento de 508.131 euros ao abeiro da Liña 2, destinada a financiar amortizacións, pagamento de débedas, gastos correntes e actividades socioculturais.
Rodrigo Novoa, veciño da parroquia de Barcela, en Arbo, recibía o pasado 26 de abril, na I Gala de Calidade Turística no Destino Sicted Condado-Paradanta, o primeiro e segundo premio na categoría foto diurna e o premio á “Mellor foto do ano 2020” do II Concurso Fotográfica do Condado Paradanta, con fotografías da vila de Arbo.
Este domingo tivo lugar en As Neves o TTE SUB11-Asbsoluto, organizado polo mesmo equipo anfitrión, o Club Bádminton As Neves, no que participou o Club Bádminton Tui.
Iván Roade e Natalia Sierpes foron os gañadores, nas categorías masculina e feminina, do IV Trail Muíños do Folón que se disputou no Rosal. Sobre unha distancia de 15 quilómetros ambos demostraron ser os mellores.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.