Na I Gala de Calidade Turística Condado Paradanta repartíronse 24 dos 35 distintivos de calidade do Sistema Integral de Calidad Turística Española en Destinos (SICTED). Nove deles xa foron asignados o ano pasado e, ao posuíren unha periodicidade bianual, foron renovados de forma automática.
O Concello de Salceda de Caselas levará a cabo o proxecto de reurbanización da Rúa Joaquín Fernández Sestelo, no seu tramo entre o entronque coa rúa Compostela e a Praza da Devesa, completando deste xeito o proceso de humanización de toda a rúa.
Concello e adegueiros traballan xa man a man para poñer en marcha unha nova edición da Feira do Viño do Rosal adaptada ás novas circunstancias. O obxectivo é recuperar parte do carácter presencial para celebrar a XXIX edición os vindeiros 16, 17 e 18 de xullo.
A V Edición do Festival Vive Nigrán, impulsa accións de recollida e clasificación de residuos nas praias do Concello de Nigrán dentro da súa iniciativa "vive sostible".
O Concello de Tui celebrará o Día das Letras Galegas cunha nova edición de "Tui Le" e da Feira do Libro Galego, adaptadas as actuais circunstancias sanitarias. A autora homenaxeada este 2021, Xela Arias, será a protagonista do programa cunha conferencia de Marga do Val, e coa lectura dos seus poemas.
Onte pola tarde comezou o ciclo de presentación de libros de autores mosenses, ‘Mos coa Lectura’, presentando unha obra infantil cunha importante mensaxe de concienciación medioambiental enfocada desde a perspectiva do humor.
A Aula CeMIT da Guarda reinicia a súa actividade realizando cursos de alfabetización dixital, como a iniciación á informática, á mecanografía, ao procesador de textos e ao correo electrónico.
O Concello de Vila Nova de Cerveira presentou, o pasado venres, na Freguesia de Covas, o proxecto de recualificación da antiga EN302, que liga Covas a Candemil. Cun investimento total de 2.1M de euros, a esforzo será dividido en tres fases, cos primeiros traballos a avanzar aínda durante este mes de maio, na zona máis urbana de Covas.
O Concello de Nigrán continúa coa súa campaña de promoción do comercio local 'Eu son de mercar en Nigrán. E ti de quen ves sendo?' co lanzamento hoxe ás 17:00 horas nas súas redes sociais do primeiro dos vídeos.
Concienciar as mozas e mozos europeos sobre as graves consecuencias do cambio climático para que se convertan en axentes de transformación na procura dun mundo máis sustentable é o obxectivo do proxecto ‘People & Planet: un destino común’.
O Concello de Salvaterra de Miño lembra aos seus veciños e veciñas que se seguen a repartir composteiros domésticos para vivendas unifamiliares en colaboración coa empresa SOGAMA. Con esta iniciativa, o Concello que preside Marta Valcárcel, manterá a súa extensión das prácticas de autocompostaxe á novas vivendas unifamiliares para propiciar a reciclaxe da materia orgánica en orixe, un proceso con importantes beneficios ambientais e sociais.
Girl’s Gang son as mosenses de San Rafael, parroquia de Pereiras, Antía Caride Otero e Tamara Casal Barbeito, e as viguesas Anabel Abalde Campos e Laura Martínez Puga (Law). Un grupo musical, nacido en 2020 en pleno confinamento pola pandemia da COVID-19, que hoxe fixo a súa presentación oficial no Concello de Mos á alcaldesa, Nidia Arévalo, e á concelleira de Cultura e Turismo e Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.