O xardín do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona é o lugar elixido para, o vindeiro luns 17, desenvolver un concerto homenaxe a Xela Arias, a quen neste 2021 dedícase o Día dás Letras Galegas.
O alumnado de 6º curso de Primaria dos colexios mosenses de Petelos e Atín recibiu onte un obradoiro de poesía en homenaxe a Xela Arias organizado polo Concello de Mos, concretamente pola concellería de Educación que dirixe a edil Julia Loureiro.
O vindeiro luns 17 celebrarase na Praza do Calvario un concerto no que participarán o coro infantil da Agrupación Musical, Novo Orballo e o grupo de música tradicional Lirolai
O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios organiza cursos gratuítos de formación en liña sobre novas tecnoloxías ao abeiro de dous proxectos Extraordinarias e IniciaTic.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvementoe Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, reuníronse coas técnicos do Programa Integrado de Emprego nunha xuntanza de avaliación dos resultados obtidos polo programa ata o de agora e de programación das próximas accións a levar a cabo desde o mesmo.
A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona vén de dar conta da apertura do prazo de inscrición para a acción formativa 'Actividades Auxiliares de Comercio', un curso que con 210 horas lectivas –incluídas 40 horas de prácticas–, busca promover o achegamento práctico ao mercado laboral.
Ponteareas, Tui e O Porriño recibiron esta mañá en Sanxenxo, un premio de 2.000 euros, ao estar entre os 9 concellos que participaban na campaña Únete ao reto, e que incrementaron en máis dun 10 % as súas achegas de latas, bricks e envases de plástico. Esta era a segunda vez que a Xunta de Galicia e Ecoembes puñan en marcha esta campaña coa finalidade de mellorar a reciclaxe no contedor amarelo e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de continuar separando correctamente o lixo que xeran nos seus fogares.
Cernadela, Meirol, Toutón, Vilasobroso e Gargamala. O Goberno municipal de Mondariz, segundo denuncia Alternativa por Mondriz (AporM), prevé pechar estes cinco puntos verdes que entraron en servizo no pasado mandato (2015-2019). Ata agora cada parroquia dispuña dun punto verde no que a veciñanza podía deixar os restos de podas para, posteriormente, recoller estruturante para utilizar nos seus propios composteiros individuais.
Esta mañá celebrouse no Concello de Mos a recepción á bailarina mosense, Patricia Martínez. Patricia é 17 veces Campioa de España de Baile Deportivo e a fin de semana do 20 e o 21 de marzo erixiuse Campioa de España Profesional Standard e Latinos
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantivo unha reunión coa alcaldesa de Salceda, Dolores Castiñeira, para explicarlle o proxecto de ampliación do IES de Pedras Rubias no que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade investirá 1,5 millóns de euros.
O Concello de Mondariz inicia este sábado, 15 de maio, a programación conmemorativa das Letras Galegas 2021 cun concerto de "Desertores" en homenaxe a Xela Arias, que fora colaboradora do grupo durante a movida viguesa dos anos oitenta.
O Día das Letras Galegas 2021, estáse a vivir con especial intensidade na Biblioteca de Chapela que, non en balde, leva o nome de Xela Arias. Entre as actividades que as Bibliotecas Públicas Municipais de Redondela organizan, cómpre salientar o programa radiofónico Xela a diario coordinado e conducido pola dinamizadora cultural Ana Facchini.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.