15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas, O Porriño e Tui entre os nove concellos galegos que subiron...

    Ponteareas, O Porriño e Tui entre os nove concellos galegos que subiron máis dun 10 % a reciclaxe de envases lixeiros respecto ao 2020

    A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participou hoxe en Sanxenxo na entrega de premios da campaña de reciclaxe ‘Únete ao reto’

    Ponteareas, Tui e O Porriño recibiron esta mañá en Sanxenxo, un premio de 2.000 euros, ao estar entre os 9 concellos que participaban na campaña Únete ao reto, e que incrementaron en máis dun 10 % as súas achegas de latas, bricks e envases de plástico. Esta era a segunda vez que a Xunta de Galicia e Ecoembes puñan en marcha esta campaña coa finalidade de mellorar a reciclaxe no contedor amarelo e sensibilizar á cidadanía sobre a importancia de continuar separando correctamente o lixo que xeran nos seus fogares.

    Ao igual que na primeira edición, celebrada en 2018, un total de 15 concellos asumiron o reto de mellorar as súas achegas de latas, briks e envases de plástico nun 10 %, como mínimo, en comparación co mesmo período do ano pasado. Así, entre o 1 de febreiro e o 30 de abril, cada un dos municipios participantes contou cun amplo programa de accións a pé de rúa, ademais dunha campaña de comunicación en medios, publicidade exterior e redes sociais co fin de axudarlles a activar e concienciar á súa veciñanza.

    Cómpre subliñar que en 2020, debido ao confinamento domiciliario decretado por mor da covid, rexistrouse un incremento xeneralizado das achegas ao contedor amarelo –estimada en máis dun 25 %  o que supuxo unha complicación engadida para os concellos adheridos a Únete ao reto, xa que partían de cifras de reciclaxe moi altas e, por tanto, difíciles de bater.

    En total, 9 dos 15 municipios participantes este ano –concretamente, Arteixo, Lalín, Ourense, Ponteareas, O Porriño, Ribeira, Sanxenxo, Tui e Viveiro  lograron superar en máis dun 10 % as súas cifras de recollida de envases lixeiros en 2020, polo que recibirán un premio de 2.000 euros cada un, que poderán destinar a unha causa social da súa elección.

    Rosa Covelo, segunda pola dereita, cos representantes dos outros 8 concellos que superaron o reto proposto pola Xunta de Galicia e Ecoembes

    Quince kilos de envases lixeiros por cada galego ou galega

    Cada galego reciclou o ano pasado ao redor de 15 kg de envases lixeiros (plásticos, latas e briks) no contedor amarelo. Así o avanzou esta mañá en Sanxenxo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante o acto de entrega dos recoñecementos da campaña. A falta dos datos definitivos de 2020, indicou que se prevé un incremento de aproximadamente un 13 % nas taxas de reciclaxe deste tipo de residuos.

    Durante a entrega de premios da campaña Únete ao reto, a responsable autonómica puxo estas cifras como exemplo da boa evolución que ten experimentado na Comunidade a recollida selectiva ao longo dos últimos anos. “Galicia recicla cada vez máis e mellor”, subliñou a conselleira, salientando o compromiso e o esforzo demostrados pola cidadanía co medio ambiente a través de xestos cotiás como a separación dos residuos domésticos.

    Neste sentido, lembrou que a evolución positiva das taxas de reciclaxe na Comunidade tamén se percibe no caso do contedor azul, cunha media estimada de 15 kg de papel e cartón depositados por cada galego durante o ano pasado.

    En total e á espera de que Ecoembes presente os datos oficiais de recollida selectiva en 2020 no conxunto de España, Ángeles Vázquez indicou que todo apunta a que Galicia manterá á tendencia de incremento da reciclaxe dos últimos cinco anos, cunha estimación total de 70.000 toneladas recollidas o ano pasado a través dos contedores amarelo e azul.

    Así mesmo, tamén subliñou o importante papel que xogan as entidades locais a este respecto, colaborando na concienciación da veciñanza e na mellora das taxas de reciclaxe a nivel local a través da participación en campañas como Únete ao reto, impulsada pola súa Consellería co apoio de Ecoembes. Un compromiso municipal que, de feito, quixo poñer en valor en vésperas do Día mundial da reciclaxe, que se celebrará o vindeiro 17 de maio.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.