Venres, 8 Agosto de 2025

Comarcas

Rematadas as obras de conservación do entorno da Capela de San Xoán

Con estas actuacións, que incluíron a limpeza do ámbito, retirada da capa de formigón do entorno cércano a capela e a colocación de adoquín, colocación de bancos e dunha Varanda de protección nas escaleira de acceso peonil.

Tomiño homenaxea o labor das traídas de auga veciñais co documental “Da nosa man”

Onte foi presentado no auditorio de Goián o documental “Da nosa man”, unha peza audiovisual que rende homenaxe ao labor desenvolvido polas 36 comunidades de augas veciñais existentes no municipio nunha tarefa tan importante como o é a autoxestión dun ben imprescindible para a sociedade.

Salceda aproba por unanimidade a rebaixa do IBI ao 0,40

O Pleno da Corporación Municipal de Salceda de Caselas ven de aprobar a modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do imposto de bens inmobles (IBI) marcando o tipo nun 0,40%, no lugar do 0,50% existente ata o de agora.

Escolas de verán de piragüismo e hípica no Concello de Mondariz

O Concello de Mondariz, por segundo ano consecutivo, organiza dúas escolas de verán para iniciar á mocidade no piragüismo e na hípica, en colaboración co Club Tea de piragüismo (Mondariz-Balneario) e coa escola hípica A Lagoa (Mondariz).

Redondela prepárase a vivir unha Festa da Coca diferente, obrigada polas circunstancias, pero “mantendo viva a súa esencia”

Redondela comeza hoxe, xoves 3 de xuño, unhas festas da Coca 2021 atípicas, por las circunstancias de precaución sanitaria que segue a impoñer a pandemia da covid-19 pero que, en palabras ca alcaldesa Digna Rivas “buscan manter vivo o espírito dunha das nosas celebracións máis tradicionais”.

Os Galp galegos celebran un seminario sobre Realidade Virtual e Aumentada aplicada aos museos

O proxecto Pasaporte REMA achega a cultura do futuro aos museos. Para iso, a fábrica de Sel en Muros (A Coruña) acolle o venres, 11 de xuño, ás 10 horas un seminario para mellorar a experiencia dos visitantes aos museos mediante o uso da Realidade Aumentada e Virtual, entre outras tecnoloxías.

A Cañiza acolle na Casa do Concello unha exposición sobre o dano cerebral

Esta mostra é unha continuidade da charla impartida o pasado 6 de maio no Concello sobre esta enfermidade. A exposición estará disponible desde mañá 4 de xuño ata o 18 de xuño baixo o lema "Punto e seguido".

‘Sementando vida, deixando pegada’, Baiona súmase ao Día Mundial do Medio Ambiente

O Concello de Baiona, coa colaboración do Baíña Fútbol Sala e as comunidades de montes, con motivo do día do medio ambiente que se celebra o vindeiro sábado, día 5 de xuño, desenvolverá unha iniciativa de plantación de árbores baixo o lema 'Sementando vida, deixando pegada'.

Nigrán colabora coa Fundación Menela para facer accesible o Pazo de Pías na Ramallosa

O Pazo Pías de San Pedro da Ramallosa en Nigrán é desde hoxe máis accesible para todos os peregrinos e peregrinas que realizan o Camiño Portugués da Costa, un dos itinerarios máis escollidos para chegar a Santiago de Compostela.

O Rosal celebra o Día do Medio Ambiente cunha andaina de recollida de lixo en espazos naturais

O Rosal celebrará este sábado 5 de xuño o Día Mundial do Medio Ambiente cunha andaina para a recollida de lixo en espazos naturais aberta a todos os públicos. A ruta realizarase en grupos reducidos e cumprindo con todas as medidas de precaución e seguridade necesarias dada a situación sanitaria.

Ponteareas celebra un Corpus comedido con pequenas mostras florais e medidas de prevención

Ponteareas celebra este ano o seu Corpus de xeito comedido, seguro e íntimo. A vila prepárase xa para esta Festa de Interese Turístico Internacional que, dada a situación sanitaria, incluirá actividades exclusivas para a súa veciñanza e retransmisións en directo a través das redes sociais do Concello para o resto da poboación.

Entrega premio da XXXI edición da Festa da Bicicleta

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, fixo entrega da bicicleta a Francisco Javier Fernández Ferendez, gañador do sorteo por parte do Concello de Baiona realizado con motivo da celebración da XXXI edición da Festa da Bicicleta, sen dúbida, a súa edición máis especial xa que a tradicional cita deportiva do Val Miñor este ano adaptouse á época COVID.