Domingo, 15 Xuño de 2025

Comarcas

Ponteareas pon en valor os seus xogos tradicionais

Ponteareas quere que os nenos e nenas da vila aprendan a xogar da maneira que aprenderon os seus avós e avoas. A concellaría de Cultura, que xestiona Fernando Groba organiza ao longo deste mes catro xornadas de xogos tradicionais en varios espazos do municipio para “aprender xogando”, expón o concelleiro.

Gondomar inaugura o maior parque lúdico do sur de Pontevedra

“É unha gran satisfacción como alcalde poder inaugurar este gran espazo lúdico para a nosa cidadanía”, manifestou o rexedor de Gondomar Paco Ferreira, quen lembrou “que atende unha demanda de moitas persoas que reclaman lugares nos que sexa posible a convivencia de mascotas e os seus donos, co resto da poboación”. Obxectivo que entende “sitúanos no camiño marcado desde a Unión Europea de fomentar a construción e desenvolvemento de cidades máis sostibles e inclusivas”.

O BNG esixirá no Parlamento “explicacións e solucións” aos problemas do Centro de Saúde de Ponteareas

O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, anunciou a presentación no Parlamento Galego dunha serie de iniciativas para que o goberno da Xunta “dea explicacións e poña solución á precaria situación na que se atopa o centro de saúde de Ponteareas”.

O Concello de Salceda mantén a súa aposta polo tecido asociativo

O Concello de Salceda de Caselas ven de asinar coas asociacións os convenios de colaboración para o ano 2021, que lles permitirá percibir en total 126.751,40 €. Estas axudas –as máis altas da historia– veñen recollidas no orzamento 2021 como subvencións nominativas e destínanse a colaborar na sufragación dos gastos de funcionamento e de actividades das entidades.

Carmela Silva visita na Cañiza a mostra ‘A Muller ao longo do tempo no concello da Cañiza’

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, visitou onte o Concello para acompañar ao Alcalde Luis Piña na promoción do Xamón da Cañiza. Ademáis, aproveitando este encontro, o Alcalde invitou á Presidenta a visitar a mostra fotográfica e material que baixo o título “A Muller ao longo do tempo no concello da Cañiza” se expón no Salón de Plenos da Casa Consistorial ata o día 14 de agosto.

Nigrán reprograma o ‘Solpor’ no miradoiro de Monteferro para o luns 16 e martes 17 de agosto coa novidade de ‘Blue Monk’

O Concello de Nigrán reprograma finalmente o seu festival Solpor Monteferro para o vindeiro luns e martes (16 e 17 de agosto) con inscrición previa obrigatoria a través do formulario da web www.nigran.es e limitado igualmente a 500 persoas por xornada (as prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición, abríndose as solcitudes ás 9:00 horas deste mércores 11).

O Concello da Cañiza colabora co Sergas facilitando un local para que a veciñanza poida solicitar e obter o certificado COVID

Dende onte, 10 de agosto e ata o vindeiro 31 de agosto, un funcionario do Servizo de Atención Primaria da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, atenderá á veciñanza pata que poidan solicitar e obter o Certificado COVID e para que poidan darse de alta na Chave365, un sistema que permite aos cidadáns maiores de idade e aos/ás menores emancipados/as identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Nace a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública en Ponteareas

Ponteareas, ao igual que os municipios que ven como día a día deteriórase a súa asistencia primaria, conta xa cunha Plataforma en defensa da sanidade pública. E a resposta á continua degradación e empeoramento do servizo de atención primaria no Centro de Saúde do municipio. Defíneses como "plural, apartidista e representativa" e cun obxectivo claro e preciso: "reinvindicar máis medios materiais e sobre todo humanos, para que a veciñanza de Ponteareas poida recibir un servizo asistencial de calidade".

A Deputación anima a acudir á Cañiza a degustar “o mellor xamón do noroeste peninsular”

A Cañiza celebra esta fin de semana a festa-feira do seu produto estrela, o que supón unha oportunidade ideal para acudir a degustar “o mellor xamón de Galicia e o noroeste peninsular, incluído Portugal, e un dos mellores de toda España”. Así o definiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen animou hoxe a visitar a vila do Condado-Paradanta para gozar da súa cociña, paisaxe e patrimonio.

A incomparable voz de Najla Shami álzase en Baiona contra as violencias machistas no concerto de ‘Mulleres en Acción’ da Deputación

Cun espectacular solpor e fronte ao mar de Baiona e co fondo das Illas Cíes, a poesía, a voz e a música uníronse na noite deste luns en 'Palabr(A)', a actuación coa que Najla Shami fixo un chamamento claro, emotivo, doce e vibrante pola igualdade no baionés parque da Palma. Con temas cun marcado corte feminista, nos que tamén deixou ver a protesta social e a fusión de culturas, a artista removeu a conciencia das persoas asistentes a este concerto do programa 'Mulleres en Acción. Violencia Zero'

EU Ponteareas chama á participación na concentración contra os recortes no Centro de Saúde

Esquerda Unida de Ponteareas vén de facer un chamamento a participar na concentración convocada para o vindeiro mércores 11 de agosto diante do Centro de Saúde de Ponteareas. A mobilización para amosar o rexeitamento cidadá ao desmantelamento da asistencia primaria, foi convodada logo do anuncio da supresión das consultas ordinarias en horario de tarde entre o 15 de agosto e o 15 de setembro "supostamente por falta de persoal para facer substitucións de baixas e vacacións", explica a formación de esquerdas.

Baiuca, principal atractivo das Festas Culturais de Mondariz

O Concello de Mondariz, por segundo ano consecutivo, organizou unha programación cultural baseada en concertos e actividades para público infantil para celebrar as tradicionais Festas Patronais da Virxe da Peña de Francia e San Roque en condicións de seguridade. O ano pasado, diante das incertezas pola crise sanitaria, optouse por organizar un festival con grupos de música folk vencellados á localidade que levou por nome 'Todo queda na casa'.