Martes, 10 Xuño de 2025

Comarcas

Salceda loita contra o feísmo no casco urbano para potenciar o turismo

O Concello de Salceda de Caselas está a realizar un traballo de revisión das fachadas dos edificios do casco urbano que non se manteñan limpas e en bo estado.

O Concello de Oia saca a licitación melloras en varios camiños de Mougás e Loureza

O Concello de Oia vén de sacar a licitación varios contratos de obras de mellora en catro camiños situados nas parroquias de Mougás e Loureza por un valor total de 109.455,43 euros.

Os Premios Nacionais de Vela recoñecen a Joan Cardona como mellor regatista olímpico

Era o máis novo do equipo español e foi o último en sumarse ao escuadrón de regatistas que acudiron a Tokio 2020 representando a España, pero nin unha cousa nin a outra lle impediron lograr o seu ansiado soño de colgarse ao pescozo unha medalla olímpica.

O Concello de Oia distribúe axudas á hostalería local por importe de 28.000 euros

O Concello de Oia destinou un total de 28.000 euros a axudas á hostalaría local para paliar os efectos da COVID-19, unha achega realizada a través dun convenio de colaboración coa Xunta que permitiu ampliar o plan de rescate da administración autonómica con aportacións municipais.

O alcalde da Cañiza recibe aos oficiais da BRILAT da operación “Centinela Galego”

O alcalde da Cañiza recibiu na Casa do concello aos oficiais da BRILAT do operativo "Centinela Galego" desplegado na Cañiza. Trátase dunha operación de reforzo para loitar e previr os incendios forestais, posta en marcha o pasado 15 de agosto.

Ponteareas construirá un muro de contención no punto limpo municipal

O Concello de Ponteareas construirá un muro de contención que garanta a seguridade da contorna do punto limpo en Alemparte (Areas), xa que a instalación municipal está construída sobre un terreo con gran desnivel con risco de desprendemento.

Unha xornada diferente no proxecto Vincúlate de Baiona

O pasado martes, e dentro das actividades levadas a cabo no proxecto Vincúlate, os participantes recibiron a visita do alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e da concelleira de servizos sociais, Conchy Vara, que aproveitaron a ocasión para facerlles entrega dunhas camisetas.

O Concello de Oia ampliará a rede de saneamento

O Concello de Oia investirá máis de 65.000 euros en ampliar a rede de saneamento municipal, uns traballos que permitirán conectar o camiño da Aguieira (Santa María de Oia) e, na parroquia de Viladesuso, prolongar a rede existente ata a altura de Paxariños-Sobral.

Covelo humaniza o camiño da igrexa de Santa María de Paraños grazas á Deputación

Un investimento de case de 41.000 euros da Deputación de Pontevedra permitiu embelecer e mellorar a accesibilidade do camiño da igrexa de Santa María de Paraños, ao tempo que levouse a cabo unha humanización de toda a contorna.

O proxecto DepoMar chega a Redondela

A campaña informativa do proxecto DepoMar da Deputación de Pontevedra recalou hoxe no concello de Redondela.

O Concello iniciará en setembro as obras das dependencias dos Servizos Sociais de Chapela

A Xunta de Goberno Local aprobou, na súa sesión do mércores 18 de agosto, a adxudicación do contrato de servizo de Dirección de Obra e Coordinación de Seguridade e Saúde para a obra de 'Acondicionamento, adaptación e mellora enerxética' das dependencias de Servizos Sociais de Chapela, último trámite para que os traballos poidan comezar o mes de setembro.

Tomiño fai máis accesible o tramo municipal da estrada de San Salvador de Tebra

Veñen de arrancar as obras de reforma e acondicionamento da vía de acceso a San Salvador de Tebra, que conecta a estrada PO-344 coa praza principal da parroquia.