Luns, 22 Setembro de 2025

Comarcas

Estase a executar a nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco

O Concello de Tui continúa coa mellora dos parques infantís e áreas de lecer e arestora está executando unha nova área lúdico recreativa en Chans do Carrasco en Randufe.

A Policía Local de Mos mellora a técnica de tiro na galería de realidade virtual da Policía Nacional

O vindeiro mes de xaneiro a Policía Local de Mos comezará as prácticas de tiro cun instructor na galería dotada de sistema de realidad virtual da sede da Policía Nacional Vigo-Redondela, sita en Vigo.

Redondela promove as compras nos mercados municipais co sorteos de oito cestas de Nadal

O Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Empresarios pon en marcha unha campaña de Nadal con premios para promover as compras nos Mercados Municipais de Redondela e Chapela.

Cine, espectáculos, patinaxe, premios e teatro no nadal do Concello de Covelo

O Concello de Covelo celebrará o nadal con cine, patinaxe, premios e teatro, actividades deseñadas para todos os públicos. A Feira de Nadal no pavillón deu o pistoletazo de saída da programación de nadal que o Concello deseñou para estes días festivos.

Nigrán presenta o novo libro de Fran Fernández Davila

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 14 de decembro ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal a presentación do libro de Francisco Javier Fernández Dávila 'Primavera.

Máis un terzo dos peregrinos que chegan a Redondela fano polo Camiño Portugués da Costa

Desde o 1 de abril e ata o 30 novembro deste ao case 15.000 peregrinos atravesaron Redondela na súa peregrinaxe a Santiago de Compostela.

Tomiño prepara uns orzamentos co benestar social e a loita contra o cambio climático como protagonistas

Tomiño volve ser un dos primeiros concellos galegos en aprobar os seus orzamentos para o ano 2024. O Concello levará a vindeira semana a pleno para a súa aprobación por parte da corporación municipal uns orzamentos nos que o benestar social, as medidas contra o cambio climático e a captación de fondos europeos para investimentos transformadores serán os grandes protagonistas.

Salvaterra continúa coas obras do espazo lúdico termal de Teáns-Oleiros

O Concello de Salvaterra de Miño vén de realizar unha inversión de máis de 80.000 euros, a través da orde do 20 de xaneiro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico.

A Xunta remata a mellora da rede de saneamento de Crecente

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras de mellora da rede de saneamento municipal nos núcleos do Coto e Valeixe, no concello de Crecente.

Doce meses cheos de solidariedade

A Eurocidade Tui-Valença edita un ano máis o seu calendario, no que os doce meses énchense de solidariedade xa que o almanaque será entregado a cambio de alimentos non perecedoiros.

Ponteareas contará co plan parcial de A Lomba no prazo dun ano

O goberno municipal confirma que Ponteareas contará co plan parcial de A Lomba no prazo dun ano, un plan industrial que permitirá dar resposta á necesidade de outorgar seguridade xurídica ao tecido empresarial da localidade e fomentar, á vez, a actividade económica.

Román Rodríguez anuncia un investimento de máis de 2,5M€ en centros educativos de Redondela

A Xunta de Galicia investirá máis de 2,5 M€ para levar a cabo melloras en centros educativos de Redondela. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, nunha visita ao Instituto IES Pedro Floriani, un nos que está previsto actuar xunto ao IES Mendiño e o Colexio CEIP Reboreda.