Luns, 9 Xuño de 2025

Comarcas

Nigrán aproba un orzamento de 15,5 millóns de euros para o 2022

O goberno de Nigrán aprobou onte en sesión plenaria, e sen ningún voto en contra, o orzamento para o ano 2022, un documento con gran similitude ao aprobado no 2020 e que estaba prorrogado.

Tomiño axuda a un centenar de familias a pasar un mellor Nadal

O goberno de Tomiño vén de aprobar varias medidas destinadas a axudar a pasar as festas de Nadal en mellores condicións ás familiasque o precisan.

O Espazo de Autoarranxo do Concello convertérase este Nadal nun taller de reciclaxe

O Rosal é un Concello comprometido coa sostibilidade para crear un mundo mellor. Nun novo paso cara este obxectivo organiza no Espazo Autoarranxo Municipal catro obradoiros de reciclaxe e reutilización de obxectos cotiás.

Mos regula o réxime de teletraballo do persoal municipal

No Concello de Mos aprobou onte a “Instrución para a prestación de servizos en réxime de teletraballo”, que foi aprobada na Mesa de Negociación, o pasado 10 de decembro, co voto a favor de todos os sindicatos presentes, e será remitida ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación.

A Guarda saca a licitación obras de mellora na Piscina Municipal e no entorno da Igrexa

O Concello da Guarda ven de sacar a licitación as obras para a revisión e actualización das instalacións da Piscina Municipal da Guarda, unhas obras que contan cun prazo de execución de 2 meses e que teñen un orzamento de 84.638,52€ IVE incluído.

Arbo pon en marcha o concurso de carteis para a LXII Festa da Lamprea

O Concello de Arbo convoca, un ano máis, o concurso de carteis con motivo da celebración da LXII Festa da Lamprea que se atopa prevista para os días 22, 23 e 24 de abril do ano 2022, sen prexuízo das posibles variacións derivadas das limitacións ou medidas derivadas da pandemia e decretadas polas autoridades competentes.

O Concello de Nigrán recibe 139 kg en produtos de limpeza e alimentos non perecedoiros grazas á doazón da ED Val Miñor Nigrán e...

O Concello de Nigrán recibíu esta fin de semana 139 kg en alimentos non perecedoiros e de limpeza grazas á campaña solidaria de Nadal da ED Val Miñor Nigrán e Ureca.

O Porriño compra parcelas no Paseo do Louro

A Concellería de Urbanismo e Patrimonio do Porriño, dirixida por Pedro Pereira, informa da sinatura en notaría das escrituras de compra de varias parcelas situadas na contorna do río Louro.

Finalizadas as obras de mellora no Club de Remo Robaleira

Un convenio entre o Concello da Guarda e a Secretaría Xeral para o Deporte fixo posible o financiamento dunhas obras no club de remo Robaleira que non podían demorarse por máis tempo.

Por segundo ano, Redondela mercará xoguetes para os nenos das familias usuarias dos servizos sociais

“O Nadal ten que ser para todos os nenos, senón non sería Nadal”, afirmou a alcaldesa Digna Rivas ao presentar, acompañada da concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, a campaña 'Redondela xoga en igualdade'.

A Igrexa Parroquial da Guarda acolleu o tradicional concerto de Panxoliñas

A programación do Nadal 2021 continúa na Guarda con diferentes propostas para todos os públicos que conta con actuacións infantís, obradoiros e concertos.

O Club Bádminton Tui celebra un existoso VI Torneo de Nadal

Onte domingo cerrouse a Tempada 2021 lo Club Bádminton Tui co seu "VI Torneo de Nadal". Coa actual situación sanitaria que estase a vivir con esta nova onda de contaxios, o torneo foi moi limitado este ano, pero apesares diso puideron disfrutar dunha xornada moi divertida cos deportistas do Club Bádminton Tui e mais os do Club Bádminton Tomiño.