Domingo, 21 Setembro de 2025

Comarcas

O Goberno de Ponteareas afirma que en decembro fixo “un desembolso récord de 2 millóns de euros para salvar os fondos Edusi

O goberno municipal vén de acometer o pago da totalidade dos proxectos financiados cos fondos europeos “EDUSI”, salvando así o risco da súa perda cando hai escasamente 5 meses, coa chegada de Nava Castro á alcaldía, aínda restaba case o 30 % dos fondos por pagar debido a unha alarmante falta de planificación na súa xestión así como tamén a unha crítica situación económica que impedía facer fronte a estes pagos millonarios antes do 31 de decembro do 2023.

O Concello de Redondela amplía o horario de atención ao público da alcaldesa e os concelleiros

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e os concelleiros do Grupo de Goberno amplían o seu horario de atención ao público co fin de que a veciñanza teña máis doada a posibilidade de trasladarlles as súas preguntas, queixas ou suxestións.

Redondela contará coa mellor cabalgata da historia con seis carrozas e personaxes de conto

Os Magos de Oriente estarán o día 5 de xaneiro en Redondela ao longo de todo o día. Co gallo da previsión de chuvia para o día de mañá os Reis recibirán aos nenos e nenas nunha carpa instalada no campo da feira de 11.00 h a 13.30 horas. Xa pola tarde, se o tempo o permite, realizarase a cabalgata itinerante polas rúas de Redondela dende as 18:00 h. En caso de choiva as carrozas manteranse na carpa do campo da feira de 17:30 h a 20:30 horas. Na carpa haberá moitas actividades, animación e sorpresas para que os máis pequenos poidan vivir a maxia do día de Reis.

Nigrán retirou no 2023 a cifra récord de 278 niños de vespa velutina

O Concello de Nigrán, a través do seu edil de Sanidade e o voluntario de Camos Suso Barros, retirou neste ano a cifra record de 278 niños de avispa velutina dentro do municipio. O departamento que xestiona Alfonso Vázquez leva desactivado desde o ano 2018 preto de mil colmeas (270 en 2018; 183 en 2019; 175 en 2020 e 250 en 2022)

Intensa actividade da Policía Local de Ponteareas para garantir a seguridade viaria

O Concello de Ponteareas, a través da concellería de Seguridade que dirixe o tenente de alcalde Juan Carlos González, vén de intensificar a súa labor de vixilancia en materia de seguridade viaria e de convivencia cidadá co obxectivo de responder ás demandas dos veciños e das veciñas.

As súas maxestades as Raíñas e Reis de Oriente visitarán as parroquias e o centro urbano de Covelo

As súas maxestades as Raíñas e Reis de Oriente ultiman os preparativos para a súa visita oficial ao Concello de Covelo. O vindeiro día 6 visitarán as parroquias e o centro urbano parándose a saudar nos negocios de hostalaría, nas prazas e nas casas e centros culturais.

Nigrán ofrecerá unha gran cabalgata de Reis o día 5

O Concello de Nigrán ofrecerá a cabalgata de Reis tradicional con estará dende as 15,30 ás 16,30 horas na Praza do Concello recibindo aos máis cativos e a continuación recorrerá o centro de Nigrán ata A Ramallosa para rematar en Panxón.

Salvaterra adquirirá un punto limpo móbil

Con este servizo que se porá en funcionamento a principios do ano 2024 os veciños poderán separar de maneira máis cómoda e segura os seguintes elementos: restos metálicos do fogar, lámpadas e tubos fluorescentes, tóner e cartuchos de impresora, pilas e baterías de electrodomésticos, xoguetes, envases de pintura e barnices, pequenos electrodomésticos e aerosois.

A campaña “Nadal + Nadal” do Concello de Tomiño impulsa o comercio local

A Campaña “Nadal + Nadal”, organizada polo Concello de Tomiño co obxectivo de fortalecer e impulsar o comercio local, concluíu con éxito unha nova edición neste 2023.

Nigrán abrirá unha nova edición dos cursos de envellecemento activo en xaneiro

O Concello de Nigrán pechou os cursos de envellecemento activo correspondentes ao ano 2023 e nos que participaron a cifra record de 170 persoas maiores de 65 anos. Estes impartíronse no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa e por vez primeira no Local Social de Vilameán.

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Oia o martes 2 de xaneiro

A unidade móbil de doazón de sangue visitará Oia este martes 2 de xaneiro. Permanecerá aparcada diante do Concello de 16.00 a 21.00 horas, a disposición de todas as persoas que queiran achegarse.

Os veciños de Forcadela xa desfrutan da súa nova senda peonil

O Concello de Tomiño ven de estrear a semana pasada unha nova senda peonil ao seu paso pola parroquia de Forcadela. Un proxecto que foi demandado pola veciñanza no Concello Escoita e que resultou da colaboración conxunta entre a institución municipal e a Xunta de Galicia.