O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, reforzou a aposta do goberno provincial polo fomento do turismo na provincia na presentación dunha nova edición da Festa da Arribada de Baiona. O evento, que se celebra na fin de semana do vindeiro 1 de marzo, chega a súa edición número 28 co recoñecemento de Festa de Interese Turístico Internacional e como unha referencia no destino turístico Rías Baixas.
O Concello de Covelo solicita á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia a catalogación do conxunto formado pola Poza do Piñeiro, a Cruz da Porteliña e a Choza da Poza como Lugar de Valor Etnolóxico. Construída en 1851, está formada por unha notable infraestrutura hidráulica, unha cruz baixa e un choza granítica de pastores e pertence á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Piñeiro.
O Concello de Mondariz súmase á economía circular e instalará un sistema de reciclaxe integrada para a recollida selectiva de pequenos residuos específicos e altamente contaminantes, así o anunciou a alcaldesa en funcións, Elena Naveira. No marco da campaña 'Da túa Man' da Deputación de Pontevedra, o Concello contará cun punto de recollida de residuos sólidos de pequeno formato con espazos independentes de introdución e almacenaxe de distintos residuos (pilas, lámpadas, baterías, residuos electrónicos…).
O Concello da Guarda colabora no Programa de Formación para a dixitalización de mulleres Galegas Dixitais, acollendo 3 módulos de formación que darán comezo o 11 de marzo e durarán ata o 25 de abril de 2024. A formación realizarase na Guarda en horario de 09:00 h a 14:00 h.
O pasado xoves, o Concello de Redondela deu inicio aos traballos de limpeza das marxes na estrada Santo Paio de Arriba, na parroquia de Reboreda, para poñer en marcha a obra de pavimentación e mellora deste camiño. A actuación consiste na mellora da drenaxe e a pavimentación da estrada con aglomerado asfáltico en quente.
A rede municipal de saneamento do Porriño conecta novas vivendas na parroquia de Cans. Trátase concretamente do núcleo de A Droza, no que se están a executar as obras de mellora do saneamento de fecais que permitirán conectar 9 vivendas que ata o de agora non disponen de acceso a este servizo.
Os Mercados Municipais de Redondela e Chapela celebraron esta mañá o Día de Rosalía de Castro cunha homenaxe á autora galega. Veciños e veciñas que se achegaron a estas prazas de abastos puideron degustar o Caldo de Gloria elaborado polo Obradoiro de Hostalaría do Concello de Redondela seguindo a receita do poema de Rosalía. Ademais a clientela que fixo algunha compra nestes mercados participou no sorteo de bolsas de tea cun deseño especial vencellado a Rosalía de Castro, e o reparto de balde de libros da escritora.
Con motivo do Día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro, o Concello de Mondariz programa o espectáculo Somos ríos, somos fontes, somos regatos pequenos. Este espectáculo musical e de narración oral chegará da man de Caxoto ao auditorio público municipal de Mondariz ás 18 horas.
O goberno municipal leva ao próximo pleno a aprobación das alegacións ao proxecto de mellora de seguridade viaria da Nacional 120 do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. En total, son 15 obxeccións que o Concello consensuou coa veciñanza afectada e que lle trasladará ao Goberno central. O obxectivo é protexer a comunicación do rural, evitar a demolición dunha casa habitada por unha familia e manter as paradas de autobuses, entre outras cuestións.
O Club de Lectura Feminista 'Tempo de Mulleres' retoma a súa actividade o próximo venres 1 de marzo, ás 19 h, no edificio Francisco Sánchez. Impulsado pola concellería de Igualdade conta coa colaboración da Asociación de Mulleres Feministas Berra e da Biblioteca Municipal. Reunirase mensualmente para compartir a lectura e análise de obras escritas por mulleres dende unha perspectiva de xénero. A data da reunión acordarase entre todas as mulleres participantes.
O Concello da un novo paso para facer de Tomiño un municipio máis verde, sostible e eficiente. O Goberno municipal deu este mércores o pistoletazo de saída á terceira edición da campaña para repoboar as 900 hectáreas de franxas secundarias con planta frondosa e autóctona, unha iniciativa coa que se busca rodear de vida o concello e blindalo ante posibles incendios forestais creando cortalumes naturais.
“Informes técnicos da administración local confirman o incumprimento das competencias en materia de mantemento nos centros educativos da vila por parte dos anteriores gobernos locais”, asegurou hoxe o Goberno local de Ponteareas que preside Nava Castro. O documento foi elaborado a partir da necesidade de realizar unha actuación de mantemento na escola unitaria de Pías e confirma que estas obras “dan resposta ás necesidades precisas da edificación pola falta do seu mantemento ao longo do tempo”.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.