Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

O PSOE tomiñés denuncia “o caos” do servizo de recollida de lixo

O grupo socialista de Tomiño, no Pleno celebrado o día 14 de marzo, realizou unha pregunta sobre a situación na que se atopa a realización do novo prego de condicións para licitar a concesión da xestión do servizo público de recollida domiciliaria de residuos sólidos urbanos, transporte á planta e limpeza viaria. Lembran as concelleiras socialistas de Tomiño que sobre esta cuestión xa se preguntara no pasado mes de decembro contestando o Goberno "que estaba sendo redactado por unha consultoría".

O PSOE guardés asegura que o Goberno do PP “leva tarde, mal e a rastro uns orzamentos que amosan unha total falta de proxecto...

O Grupo Municipal Socialista da Guarda votou en contra, no último Pleno da Corporación aos orzamentos 2024 presentados polo goberno do PP que "amais de presentalos tarde, mal e a rastro", afirma a portavoz municipal socialista, Fátima Rodríguez, amosan unha "total falta de proxecto para A Guarda.

Concello de Salceda e Federación Galega de fútbol, da man para mellorar o Penedo Redondo

O Concello de Salceda vén de recibir o proxecto para a renovación do céspede do campo de fútbol do Penedo Redondo de mans da Federación Galega de Fútbol que sufraga a redacción do traballo na súa totalidade. A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asinaron o convenio de colaboración o pasado 21 de febreiro no propio campo de fútbol do Penedo Redondo.

O CB Nigrán ‘regala vida’ con Fran Gil no seu VIII Basquet sen Barreiras

O Club Baloncesto Nigrán presentou onte no CEIP Plurilingüe Humberto Juanes, unha nova edición do Torneo Solidario BASKET SEN BARREIRAS, que se realizará o luns día 25 e o martes día 26 no pavillón Municipal de Panxón e no que colaboran a Federación Galega de Baloncesto, A Federación de deporte adaptado, o Concello de Nigrán, así como o centro Juan María e o Club Baloncesto Iberconsa Amfiv de Vigo (baloncesto en cadeira de rodas) e a Fundación Social LA CAIXA.

Baiona organiza un ‘Baño de Bosque’ para conmemorar o Día Internacional da Felicidade

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Política Social, organiza un 'Baño de Bosque' o vindeiro mércores 20 de marzo. Xa que é o Día Internacional da Felicidade, a gratitude é o vehículo condutor cara á felicidade, polo que o Concello baiones realiza esta actividade de forma gratuíta contando coa colaboración de Gloria Pérez.

Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

O Consorcio de Augas do Louro e Aqualia organizan unha xornada de portas abertas con visitas guiadas á EDAR de Guillarei o próximo sábado 23 de marzo con motivo do Día Mundial da Auga.

A Cañiza pon en marcha unha nova acción formativa dirixida ás familias

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, vén de anunciar a posta en marcha dunha acción formativa que correrá a cargo da Asociación e que está dirixida ás familias do municipio. A iniciativa desenvolverase o vindeiro 18 de marzo, ás 16.30 h no Centro de Primaria do CPI da Cañiza.

O Concello de Covelo impulsa a implementación da Axenda 2030 no eido local da man do Fondo Galego de Cooperación

O Concello de Covelo impulsa a implementación da Axenda 2030 no eido local a través dos obradoiros ‘Todos os ODS son locais’, que se impartirán en sete concellos máis de Galicia facilitados polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través do proxecto europeo ‘People & Planet’. Este venres día 15 o auditorio municipal de Covelo acollerá esta actividade que esta dirixida a persoal político e técnico dos municipios, deputacións e mancomunidades, pero tamén a asociacións de todo tipo e xente nova, desde colectivos de carácter social e cultural ata agrupacións de comerciantes, ANPA, etc tanto do concello como do resto dos concellos das comarcas Condado e A Paradanta.

A OMIX de Tomiño leva á mocidade ás raíces cun curso de horticultura ecolóxica

A OMIX de Tomiño dá os primeiros pasos para que a mocidade poida consumir produtos da horta cultivados por elas e eles mesmos, favorecendo unha dieta saudable e beneficiando ao medio ambiente. Faino organizando un curso de horticultura ecolóxica, un obradoiro no que o alumnado asistente poderá coñecer dun xeito teórico e práctico as bases da produtividade do cultivo ecolóxico e os labores en horticultura, afondando en que plantar, cando e como e aprendendo as claves de como manter a horta.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil levará a cabo a eliminación de especies coma o bambú no río Furnia en Tui

O Concello de Tui solicita a colaboración das persoas propietarias de terreos nas beiras do río Furnia para facilitar a eliminación de especies invasoras, nesta zona. Trátase de bambú que ten colonizado terreos de propiedades privadas lindeiras co dominio público hidráulico para evitar que se estendan e colonicen as ribeiras do río.

Ponteareas contratará a 16 persoas desempregadas ao abeiro do Plan + Provincia da Deputación

O Concello de Ponteareas contratará a un total de 16 persoas desempregadas grazas á liña de subvención do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra co obxectivo de avanzar na inserción laboral. En total, o ente provincial achegará á administración local 242.775 euros cos que se incorporarán profesionais do eido do medio ambiente, administración, vías e obras, protocolo ou xestión, entre outros.

Redondela avanza nun plan local de saúde comunitaria

As concelleiras de Sanidade e de Servizos Sociais do Concello de Redondela, Pilar Martínez e Iria Vilaboa, respectivamente, xunto ao concelleiro de Ensino e Deportes Iván Valles, mantiveron un encontro con diferentes responsables sanitarios do Centro de Saúde de Redondela coa finalidade de traballar conxuntamente nun Plan de Saúde Comunitaria.