Domingo, 16 Novembro de 2025

Comarcas

Conciliación no Porriño cos campamentos de verán

A Concellería de Igualdade do Concello do Porriño organiza, un ano máis, o Campamento de Verán 2023 co fin de facilitar a conciliación familiar. A actividade está dirixida a rapaces do municipio de entre 3 e 12 anos e enfocada na aprendizaxe, formación e ocio para eles.

Ferido un home tras caer dunha bicicleta no Rosal

O accidente tivo lugar onte domingo, pasada a unha do mediodía, cando o 112 recibiu o aviso deste accidente a través dun particular, que explicaba que o implicado tropezara cunha póla e caera.

José Manuel Alfonso lidera un equipo renovado para as eleccións nas Neves do vindeiro domingo

O presidente provincial do Partido Popular, Luis López, pediu nas Neves converter toda a ilusión, a forza e as gañas que se perciben na rúa en votos para que José Manuel Alfonso sexa a partir do próximo domingo “o alcalde que merecen os veciños e o concello das Neves”.

Iniciadas as obras de rehabilitación do muíño de Porto do Molle

O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras para rehabilitar integralmente o muíño de Porto do Molle cun investimento total de 238.370 €. Os traballos foron finalmente adxudicados á empresa redondelana Impervelper, tendo un prazo de 5 meses para execultalo.

Novos cursos da aula UNED do Porriño

A aula UNED do Porriño trae novos cursos, en concreto, agora mesmo están en prazo dous cursos, primeiro un curso de extensión universitaria e logo cursos de verán para este 2023.

Ponteareas leva o seu corpus á porta de Vigo

Ponteareas prepárase para celebrar un ano máis o seu Corpus Christi levando a súa festa grande máis alá da vila. Por segundo ano consecutivo, Concello e Asociación de Alfombristas de Ponteareas comezaron unha campaña de promoción para achegar esta festa de Interese Turístico Internacional a Vigo cunha completa exposición no centro comercial Vialia na que a fotografía e a arte efémera camiñan da man.

Baiona mostra o seu apoio a Adrián Martíns na súa travesía por España

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, despediu ao aventureiro e primeiro criador de Galicia de pura raza galega de cabalos Garranos, Adrián Martíns, que comezou a súa expedición "Travesía a España para dar visibilidade aos cabalos salvaxes da Serra da Groba e as enfermidades reumatoides", partindo desde Baiona.

Redondela comeza coa renovación das pistas de pádel

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Deportes que dirixe Nacho González, anuncia o inicio das obras de renovación das 4 pistas de pádel localizadas nas instalacións deportivas da Estrada Campo de Fútbol a partir do 22 de maio e ata o 28 do mesmo mes.

A Xunta licita a obra de humanización da contorna da ermida de San Eleuterio en Mos

A Xunta de Galicia acaba de licitar por preto de 900.000 euros a obra para a humanización da contorna da ermida de San Eleuterio, en Tameiga (Mos), tal e como recolle o convenio asinado o pasado marzo pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez e a alcaldesa da localidade, Nidia Arévalo.

Nigrán pavimentará os camiños municipais con Plan Concellos

A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar unha achega da Liña 1 do Plan Concellos por preto de 600.000 € (592.292 €) para Nigrán, que irá destinada á pavimentación de camiños municipais.

Verán ‘pasado por auga’ en Ponteareas co Campionato Galego de Augas Abertas e a Travesía a nado Vila do Tea

Verán de competicións de natación en Ponteareas. A alcaldesa, Cristina Fernández, e o concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, participaron no coloquio de presentación do calendario de probas deportivas que o Club Natación Ponteareas celebrará na contorna natural da Freixa durante os meses estivais.

Ponteareas homenaxea o traballo invisible que existe detrás do Corpus no seu cartel de 2023

Ponteareas arranca con forza os preparativos do seu tradicional Corpus Christi. A alcaldesa, Cristina Fernández; a concelleira de Turismo e Promoción Económica, Eva Gil; e o concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, presentaron este xoves xunto ao ilustrador Pablo Prado o cartel que será a imaxe dunha nova edición desta festa tradicional.