Sábado, 15 Novembro de 2025

Comarcas

23 mozos de Covelo harán uso hoxe, por primeira vez, do seu dereito a votar

O Real Decreto-Lei, o 38/1978, de 5 de decembro, modificou a Lei 50 para establecer que "a capacidade plena de voto se adquire coa maioría de idade ao cumprirse os 18 anos”. Un Real-Decreto-Lei que fará que 23 mozas e mozos de Covelo poidan hoxeo votar nas súas respectivas mesas electorais.

Tui instalará a vindeira semana catro novas marquesiñas

O próximo luns comezarán as obras para a instalación de catro novas marquesiñas noutras tantas paradas de autobús en Areas, Randufe, Pazos de Reis e Guillarei en puntos de entrada ao centro urbano.

Formación en Covelo sobre coidados de pacientes inmobilizados

O equipo de soporte de atención domiciliaria (ESAD), dependente do Servizo Galego de Saúde, ofrecerá en Covelo unha formación sobre os coidados dos pacientes inmobilizados este martes día 30 maio.

Baiona organiza un obradoiro de cociña infantil para o 3 de xuño

Os nenos de Baiona aprenderán a coñecer novas receitas coa campaña “Quere o teu mercado”, unha iniciativa que busca dinamizar os mercados e prazas de abastos, enchéndoos de actividade e de vida e fomentando o consumo de produtos locais entre a veciñanza.

Unha unidade móvil de ADOS visitará Tomiño o vindeiro martes

Tomiño recibirá unha nova visita dunha unidade móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue a vindeira semana. O martes 30 de maio o autobús da axencia situarase na rúa Daniel Calzado Poceiro durante toda a xornada.

Convocadas as axudas para adquirir material escolar en Salvaterra

Un ano máis, o Concello de Salvaterra de Miño vén de convocar as axudas para a adquisición de libros e material escolar de educación infantil.

Covelo soterra as liñas eléctricas na contorna da praza de Paraños

Aproveitando a execución das obras de “Recuperación e mellora do espazo público no núcleo rural de Paraños”, o Concello de Covelo soterrará as liñas eléctricas no ámbito de actuación.

Baiona estrea unha nova identidade para situarse no mapa do turismo mundial

O Concello de Baiona conta cunha nova identidade visual, un orixinal lavado de cara que servirá para dotar á vila dunha potente imaxe que a faga situarse no mapa do turismo mundial.

A Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira contará con feira de artesanía

O Concello da Guarda retoma unha das festas gastronómicas destacadas de Galicia e que coa se inaugura a programación de verán.

Nova oferta de cursos da aula CeMIT de Ponteareas

A aula CeMIT de Ponteareas ofertará o vindeiro mes de xuño unha programación ampla e innovadora deseñada atendendo á demanda das persoas usuarias, fomentando a adquisición de habilidades dixitais entre a veciñanza.

O Concello da Cañiza poderá captar as augas da traída do casco urbano legalmente

Nos primeiros meses do ano 2020 o Concello iniciou o expediente para legalizar a concesión de todas as augas que abastecen ás vivendas do casco urbano, que non estaban autorizadas, nin rexistradas ante o órgano competente, que neste caso é a Confederación Hidrográfica do Miño Sil.

Últimos días para participar nos showcases do MUMI 2023

Queda exactamente unha semana para que artistas e bandas galegas e portuguesas interesadas en abrir novos mercados envíen as súas propostas musicais para optar a participar nos showcases que se celebrarán en distintas localizacións de Tui e Valença dentro da cuarta edición do MUMI.