Venres, 14 Novembro de 2025

Comarcas

O luns comeza o IV Ciclo de Conferencias «O Falar das Pedras», incluido na programación Baiverán2023

Comeza o IV Ciclo de Conferencias "O Falar das Pedras” que se impartirán todos os luns lectivos de xullo e agosto no Multiusos Mercado de Sabarís ás 20:30 h. O vindeiro luns, 10 de xullo, ás 20:30H, arrinca coa ponencia “Entre Austrias y Borbones, A Coruña y Baiona en la guerra de Sucesión, 1700 -1714” do licenciado en Dereito e Historia, Arturo Abad Pardo.

O BNG acláralle ao PP que teñen que pagar as axudas a clubs deportivos de 2022 e convocar as de 2023

O BNG saíu ao paso das declaracións realizadas nas últimas horas polo goberno local do Partido Popular sobre as axudas a clubs deportivos, que segundo a formación nacionalista, “pretenden ser unha cortina de fume que oculte o descoñecemento do novo concelleiro de deportes”.

O PSOE redondelán súmase ao Grupo Parlamentario Socialista na denuncia pola reestructuración da FP que traslada cursos presenciais á modalidade a distancia

O PSdeG de Redondela denuncia os plans da Xunta de Galicia de reestruturar a FP e súmase ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia - que por iniciativa das súas deputadas, entre as que se atopa Leticia Gallego Sanromán- presentan a seguinte proposición non de lei en Comisión 4.ª, Educación e Cultura: O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a continuar no IES de Chapela en Redondela cos ciclos superiores de Dietética e Educación Infantil do réxime de persoas adultas en modalidade presencial no curso 2023-2024.

Nigrán abre a inscrición o 12 e 13 de xullo para participar na festa do Día dos Avós en Camos o 26 de xullo

O Concello de Nigrán abre o mércores e xoves 12 e 13 de xullo o prazo de inscrición para participar na festa do 'Día dos Avós' o 26 de Xullo en Camos (pavillón de Os Barreiros). Está dirixida a persoas da terceira idade empadroadas en Nigrán e as interesadas deben apuntarse telefoneando ao 986 365 000 de 10:00 h a 13:00 horas nos mencionados días, sendo o límite de aforo 80 persoas.

O Castelo de Dona Urraca, sede do Museo da Ciencia do Viño e punto de información turística, fai balance dos primeiros meses do ano

O Castelo de Dona Urraca ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos. Ademais, este espazo de divulgación vitivinícola vese complementado coa inclusión do Punto de Información Turística no interior do Castelo de Dona Urraca, xa que son moitas as demandas de información que o municipio de Salvaterra de Miño recibe acerca dos seus senlleiros recursos turísticos.

Via Maríana un camiño moi esixente que busca mellorar a súa sinalización

O auditorio municipal de Covelo acolleu a asemblea anual da asociación Vía Mariana Luso-Galaica á que asistiron socios e socias dos dous lados da Raia. A directiva da asociación, encabezados pola súa presidenta María José Silva, presentou os novos paneis informativos que colocará nestes días o Concello de Covelo e as súas liñas de traballo para os vindeiros meses centradas na protección da marca Vía Mariana Luso-Galaica, na mellora e uniformidade da comunicación e sinalización e na procura de novos albergues durante o trazado.

Regresan as saídas de navegación co ‘Volanteiro Piueiro’ no verán da Guarda

No ano 2019 a Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro Piueiro tras meses de traballo no estaleiro do Pasaxe para construír esta gran embarcación que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s.XX.

Nigrán inviste máis de 3.300 euros na creación dunha aula de estimulación sensorial no ‘CEIP Carlos Casares’ de Vilariño

O Concello de Nigrán ven de investir 3.350 € na creación dun aula específica de estimulación sensorial no CEIP Carlos Casares de Vilariño. A iniciativa parte da propia dirección do centro, que pretende así mellorar a atención á diversidade do alumnado. Así, o Concello financiou a instalación dos 72 m2 de tarima flotante que substitúen o chan de terrazo outorgándolle unha maior sensación de calidez e permitindo así que poidan empregar esta superficie como lugar de actividades.

Cultura polos barrios coa completa axenda do mes de xullo no Rosal

O Concello do Rosal prepara unha axenda cultural cargada de actividades para este mes de xullo. Dez propostas para todos os públicos e gustos que dá a benvida por primeira vez ao programa ‘Cultura polos barrios’, unha iniciativa que levará diferentes actividades este mes e o seguinte a diferentes puntos do municipio e que comezará este mesmo martes 4 de xullo coa actuación de ‘Acordeireta’.

Arranca a primeira quenda do campus de conciliación de verán de Salvaterra de Miño

Hoxe 3 de xullo deu comezo o campus que durante o verán acollerá a un total de 200 nenos e nenas. A actividade está organizada polo Concello de Salvaterra de Miño durante os meses de xullo e agosto, este ano realízase nas instalacións do CEIP Infante Felipe.

A Asociación Adapta pon en marcha o programa de Atención Integral a Persoas con Discapacidade

Nos últimos anos Adapta (Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta) ven de poñer en marcha diferentes actividades e servizos dirixidos o colectivo das persoas con discapacidade para tratar de dar resposta a falta de recursos específicos na zona dirixidos as persoas con discapacidade.

A infancia de Covelo explora o territorio na escola de verán

Dende as oito e media da mañá a escola de verán do Concello de Covelo abre as súas portas para recibir aos pequenos e pequenas que ao longo deste mes aprenderán xogando da man das monitoras. Ata a sala multiúsos municipal achegáronse o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, e a concelleira de Emprego e Formación, Lourdes Enes, para darlles a benvida a todas as cativas e cativos que farán equipo este verán.